Silleda - Persoeiros - RSS Silleda - Persoeiros - RSS http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=28 Andrés Aguiar Caamaño http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=28&solo_caja=35

Nado en Cervaña en 1728, graduado en Artes, Filosofía e Teoloxía na Universidade de Santiago, foi bispo de Mondoñedo en 1796. Considerado gran orador, fíxose famosa a oración fúnebre pronunciada en Santiago nas exequias por Doña Bárbara de Braganza, dona de Fernando VI.  

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Antón Alonso Ríos http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=28&solo_caja=34

Activista político nado en Cortegada a principios do século XX, exerceu a docencia tanto en Arxentina como en Galicia, a onde regresou en 1931 para presidir na Coruña a asamblea que redactou o antreproxecto do Estatuto Galego. No ano 1936 foi elixido deputado a Cortes por Pontevedra, tendo que fuxir a Arxentina ao estourar a guerra civil, situación que describe na obra Memorias do siñor Afranio, ou de como me rispei das gadoupas da morte.

Tamén publicou Co pensamento na patria galega, Saudade, misticismo e amore e A cultura galega na súa dimensión americana.

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Xosé María Blanco Gerpe http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=28&solo_caja=33

Antropólogo nado en Silleda en 1878, impartíu ensinos de Bioloxía, Ciencias Físicas e Naturais, Psicoloxía, etc na Universidade Pontificia de Bos Aires, adicando especial atención aos estudos antropolóxicos sobre os que publicou numerosos artigos e monografías. No mesmo Bos Aires, fundou un laboratorio de Bioloxía e dirixíu a Academia Literaria da Prata. Morreu no ano 1957.

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
José María Calveiro http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=28&solo_caja=32

Poeta romántico e bohemio, naceu en Dornelas no último cuarto do S XIX. É outro home ilustre formado na emigración.

Foi irmán do xornalista Adolfo Victor Calveiro, fundador e director dunha das mellores revistas da emigración Cultura Galega.

Vivíu en Cuba dende 1906 a 1932, traballando como corresponsal na localidade de Carimbo no xornal cubano Diario Español. Colaborou durante moito tempo noutros como Diario da Mariña, o máis importante de Cuba, Eco de Galicia.

Escribíu un libro de poemas de corte romántico e modernista ,Jardines de Ensueño, e a súa obra figura dispersa en varias revistas da diáspora.

Vinculado a Dornelas durante moito tempo, desaparece en Madrid a finais dos anos trinta.

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Adolfo Víctor Calveiro Couto http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=28&solo_caja=31

Naceu na parroquia de Dornelas no ano 1902.

Segundo Neira Vilas, emigrou a Cuba con 17 anos e alí viviu ata 1969, agás  un periodo de trinta meses nos que retornou a Galicia cando triunfou a República.

Faleceu en Nova Iersei (Estados Unidos) en 1977.
Era de orixe campesiña e non tiña estudos, pero na illa caribeña adquiríu unha sólida formación estudando polas noites despois do traballo cotián como administrativo.

Colaborou en diversas revistas galegas e non galegas en Cuba como Alma Galega, Chic e no semanario Eco de Galicia chegou a ser xefe de redacción.

A súa traxectoria xornalística culminou coa fundación e dirección de Cultura Galega, unha das máis grandes revistas galegas da emigración, defensora do Estatuto e da República. Para Neira Vilas, cando se escriba a historia do nacionalismo galego en América, haberá que ter en conta a páxina nacionalista deste semanario na que aparecen traballos de V. Risco, Manuel Banet, Xohán V. Viqueira, Basilio Alvarez e outros.
Deixada de publicar en 1940, Calveiro dirixe outra revista titulada Cultura Hispánica e logo da Guerra Mundial, segundo comenta Neira Vilas, o xornalista de Dornelas chegou a dirixir outra publicación, chamada Cuba e España. 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Manuel Colmeiro Guimarás http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=28&solo_caja=30

Nado na parroquia de Chapa , en 1901, como tantos outros ilustres tivo que emigrar a Bos Aires a idade temperá para iniciar os seus primeiros pasos na arte da pintura. En 1926, xa en Galicia, unha beca da Deputación de Pontevedra permítelle viaxar a Madrid e Barcelona, realizando as primeiras exposicións e incorporándose aos movementos de vangarda da época.

En 1949 instálase en París, facéndose amigo de Picasso e centrando a partir de entón a súa pintura en temáticas unidas á paisaxe e o mundo popular galego: feiras, festas e oficios...estructurando a súa obra en grandes manchas de cor, silueteadas en negro e dotadas dun cromatismo tan persoal que a fará inconfundible.

A partir dos anos 60 alternará a súa estancia en París con viaxes periódicas a Galicia instalándose na súa casa de Costela en Margaride. Durante este tempo realizou infinidade de grandes exposicións, destacando, a antolóxica que lle adicou o Museo Español de Arte Contemporánea en 1983.

En 1987 concédeselle o "Premio das Artes" da Xunta de Galicia.

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Elena Colmeiro http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=28&solo_caja=29

CERAMISTA, filla do pintor Manuel Colmeiro, nace en Costela (Margaride) en 1932. Trasládase moi nova coa súa familia a Bos Aires onde estuda na Escola Nacional de Cerámica e regresa en 1955 instalándose en Madrid, aínda que pasa habitualmente tempadas en Galicia.

Fué galardonada dentro e fóra de España en exposicións e salóns de renome, conseguindo elevar á categoría de escultura, a cerámica, un medio que tradicionalmente foi considerado artesanal e feminino. 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Manuel Dopazo Gontade http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=28&solo_caja=28

Famoso gaiteiro nacido en Manduas en 1883, cando só contaba dez anos gañou o primeiro premio dun concurso de gaitas celebrado en Santiago e ao principio do S. XX emigrou a Bos Aires, onde creou unha laureada agrupación de gaiteros que durante case medio século foi aplaudida polas colonias galegas das nacións iberoamericanas.

Manuel Dopazo gravou discos, actuou en películas co seu grupo e compuxo numerosas pezas para gaita. Fabricaba o seu propio instrumento e chegou a comercializarlo en Bos Aires, onde faleceu en 1952.

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
José María Fernández Colmeiro http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=28&solo_caja=27

Nacido en Toxa (Silleda), en 1898, emigra aos 14 anos a Montevideo, onde se gradua en Medicina en 1928, exercendo a profesión ata 1936. No ano 1938 entra a traballar na Fundación Curie, de París, e pouco despois no Insituto de Radium de Universidade parisina, entregándose á investigación e terapéutica do cancro. É nesta etapa cando o doutor Colmeiro alcanza prestixio universal chegando a ser Director da famosa Fundación e recibindo importantes premios e distincións, entre eles o Premio Chevillon da Academia Nacional Francesa de Medicina (1952), polos seus traballos sobre o Tratamento do cancro polos raios X.

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
José García García http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=28&solo_caja=26

NACIDO en Silleda o 13-02-1922, é considerado o funcionario eficiente por excelencia, traballo que desenvolveu practicamente toda a súa vida, máis concretamente como oficial maior da Administración Local no Concello de Silleda.

Na súa dilatada historia ostentou como cargos os de: secretario da xunta municipal do Movemento, delegado sindical, presidente de Uteco Pontevedra, presidente de Cáritas Silleda e Senador electo por Pontevedra na lexislatura Constituinte. Entre os seus premios, destacar; a Cruz do Mérito Agrícola, Orde do Mérito Consitucional e Medalla de Ouro e Fillo Predilecto de Silleda. 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000