Silleda - Cómo Chegar - RSS Silleda - Cómo Chegar - RSS http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=23 Cómo Chegar http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=23&solo_caja=17

Dende A Coruña (105 km) e Santiago (36 km)

Dende A Coruña chégase a Santiago pola autoestrada de peaxe A-9 ou pola estrada N-550. En Santiago hai que tomar a nova autoestrada A-53 ou ben a N-525 ata Silleda.

Dende Tui (104 km), Vigo (85 km) e Pontevedra (58 km)

Dende Tui chégase a Pontevedra pola A-55 e a N-550 e, desde Vigo pola A-9 ou pola N-552 ata Redondela, onde se colle a N-550. Unha vez en Pontevedra, cóllese a N-541 ata pasado Cerdedo, onde se colle a PO-200 que leva a Lalín e enlaza alí coa N-525 ou a A-53 (dirección Santiago).

Dende Lugo (82 km)

A N-640 conduce directamente de Lugo a Lalín e permite tomar a N-525 dirección Santiago para chegar de Lalín a Silleda.

Dende Ourense (63 km)

N-525 dirección Santiago de Compostela.

Estación RENFE:

Bandeira: Conexión rexional regular con Lalín, Santiago de Compostela e Ourense

Autobuses:

Bandeira: Conexión regular con Silleda, Lalín, Santiago de Compostela, Ourense, Verín

Silleda: Conexión regular con Pontevedra, Vigo, Lalín, Agolada, A Estrada, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Verín, Madrid, Andorra, Astorga, Braga, Tordesillas e Viana do Castelo

Aeroporto máis próximo:

A Lavacolla, Santiago, a 47 km

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000