Silleda - Xeografía - RSS Silleda - Xeografía - RSS http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=22 CARACTERÍSTICAS http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=22&solo_caja=16

Datos xeográficos:

 

Superficie: 158,8 km² 
Poboación: 9.055 Habitantes

Parroquias: 
Abades (Santa María),  Ansemil (San Pedro),  Breixa (Santiago),  Carboeiro (Santa María),  Castro, O (San Mamede),  Cervaña (San Salvador),  Chapa (San Cibrao),  Cira (Santa Baia),  Cortegada (Santa María),  Dornelas (San Martiño),  Escuadro (San Salvador),  Fiestras (San Martiño),  Graba (Santa María),  Lamela (San Miguel),  Laro (San Salvador),  Manduas (San Tirso),  Margaride (San Fiz),  Martixe (San Cristovo),  Moalde (San Mamede),  Negreiros (San Martiño),  Oleiros (San Miguel),  Parada (San Tomé),  Pazos (San Martiño),  Piñeiro (San Xiao),  Ponte (San Miguel),  Refoxos (San Paio),  Rellas (San Martiño),  Saídres (San Xoán),  Siador (San Miguel),  Silleda (Santa Baia),  Taboada (Santiago),  Vilar (San Martiño),  Xestoso (Santa María).

O concello de Silleda ocupa unha extensión de 158,8 quilómetros cadrados e está formado por 33 parroquias. Forma parte da comarca de Deza e a súa capital é Silleda.

O sur e o suroeste deste concello está percorrido por alineacións montañosas nas que se rexistran as maiores altitudes. Nelas nacen os ríos Casela e Escuadro-Toxa, que descenden e orixinan pequenos vales. O oeste está bañado polos ríos Asneiro e Deza, o máis importante da rede fluvial. As diferenzas de altitudes e a orientación das terras marcan variacións no clima oceánico húmido de Silleda. As precipitacións diminúen cara ao noroeste, pois as montañas do suroeste actúan como barreira á entrada dos ventos do mar.

Aínda se conservan fragas de vexetación autóctona intercaladas con piñeiros, eucaliptos e matos nas zonas altas. 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000