Silleda - SILLEDA CONTRA OS DESAFIUZAMENTOS - RSS Silleda - SILLEDA CONTRA OS DESAFIUZAMENTOS - RSS http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=199 Silleda, contra os desafiuzamentos http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=199&solo_caja=251

O Concello de Silleda puxo en marcha unha serie de medidas para axudar ás persoas que se enfrontan a unha orde de execución hipotecaria, unha situación que está a afectar a centos de familias cada día e que acaba en moitas ocasións con desafiuzamentos.

No mes de setembro de 2012 o Pleno do Concello aprobou, cos votos a favor dos dous grupos de goberno e a abstención do PP, unha moción presentada polo PSdG-PSOE para paliar este tipo de medidas. Ademais de instar a outras Administracións a tomar medidas urxentes, a moción aprobada tamén inclúe acordos a nivel municipal en tres direccións:

-PREVENCIÓN: Os servizos xurídicos do Concello están a disposición de todos os veciños e veciñas afectados/as polas execucións hipotecarias, asesorándolles e informándolles sobre os trámites que deben de realizar para evitar chegar ao desafiuzamento. Servicios socias traballará para pedir ao xulgado a paralización do desafiuzamento

-PRESIÓN: Dende o Concello farase unha interpelación ás entidades bancarias que teñan previsto iniciar execucións hipotecarias, retirándolle as contas do Concello se executan os desafiuzamentos, no caso de que non cedan nas súas pretensións. Ningún axente da Policía Local participará nas ordes de desaloxo.

-PROTECCIÓN: Dende os Servizos Sociais municipais artellaranse as medidas necesarias para axudar ás familias e veciños/as afectados por casos de desafiuzamento. O Concello, coa posta en marcha da rede de axuda Silleda Solidaria, contará tamén cun centro de acollida temporal para dar resposta ás necesidades de aloxamento dos/as afectados.

Consellos para as persoas que teñan problemas co pago da hipoteca da súa vivenda

-Cando unha persoa constitúe unha hipoteca, o pago das cuotas faise na mesma entidade bancaria coa que se constituíu. Aconséllase non ter créditos persoais, tarxetas, ou outros cargos coa mesma entidade, xa que ante calquera situación puntual, cobrarase a cantidade destes outros ingresos, xa que a hipoteca sería o crédito máis garantido para o banco, ao responder o usuario coa propia vivenda.

-Tamén é moi importante revisar e ter ao día as contas correntes e libretas de aforro con frecuencia, para así ter coñecemento de todas as xestións feitas pola entidade bancaria. Por iso é fundamental ter controlada a correspondencia que se envía con información bancaria.

- Se vostede se enfronta a esta situación ou ten dúbidas sobre como afrontala e precisa asesoramento ou axuda pode poñerse en contacto co Concello de Silleda, onde se informará e se lle axudará a formalizar as medidas oportunas. Cando reciba a primeira comunicación por parte da entidade bancaria, é o momento de acudir ao Concello .Para consultas a través desta páxina web, prema aquí

O Real Decreto aprobado en novembro sobre desafiuzamentos é a todas luces insuficiente para atallar o problema, que precisa dunha modificación legal profunda que teña ademais carácter retroactivo. No Pleno de Novembro de 2012 do Concello de Silleda aprobouse tamén outra moción presentada polo BNG para exixir a modificación inmediata da lei hipotecaria, na que o PP voltou a absterse.

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Programa Reconduce. Apoio ás familias en risco de desafiuzamento http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=199&solo_caja=928

Dende o 15 de outubro de 2013 púxose en marcha o programa Reconduce, o marco integrado de coordinación dos servizos que se poñen a disposición para dar apoio ás persoas e familias en risco ou situación de desafituzamento da vivenda habitual, ben para previlo ou para paliar os efectos deste. A través do programa prestanse os seguintes servizos:

-Asesoramento xurídico e económico, que inclúe a realización de actuacións de mediación coas entidades financieiras

-Atención Social

-Apoio Psicolóxico, 

-Orientación laboral

-Busca de vivenda alternativa

A oficina de asesoramento central do programa, está ubicada na EGAP, en Santiago de Compostela. Así mesmo, todas aquelas persoas que precisen información poden achegarse aos Servizos Sociais do Concello de Silleda (986 592037), ou chamar aos seguintes teléfonos:

881 996116

881996118

881996120

881996117

881996119

Ou facer tamén consultas a través dos enderezos electrónicos:

servizossociais@silleda.es

oficinacentral.programareconduce@xunta.es

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Silleda sumouse ao convenio de colaboración entre a Fegamp, Xunta e o CGPJ para detectar supostos de vulnerabilidade en casos de desafiuzamento http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=199&solo_caja=927

Silleda, 10 de maio de 2013. O Concello de Silleda sumouse ao convenio de colaboración entre a Fegamp, Xunta e o Consello Xeral do Poder Xudicial  para detectar supostos de vulnerabilidade con ocasión do desafiuzamento da vivenda familiar e medidas de carácter social. Este convenio marco ten como obxectivo establecer un protocolo para actuar dun xeito preventivo ante situación de especial vulnerabilidade ou desvalemento que se puideran detectar no curso de procedementos xudiciais por mor de execucións hipotecarias ou desafiuzamentos  por impago da renda da vivenda habitual, implicando á distintas administracións, entre elas a de xustiza. Así, en virtude deste acordó, os xuíces alertarán aos Servizos Sociais dos Concellos, que poderán realizar unha valoración provisional da familia.

Outro dos obxectivos pasa por poner en marcha programas de asistencia e realoxamento se se cumpren os requisitos legais.

Dende as Administracións Locais buscarase dar unha resposta inmediata e tramitar de xeito urxente as solicitudes remitidas polos xulgados en cada caso.

Dende o goberno municipal, a alcaldesa, Paula Fernández Pena, que asinou o convenio, considera que este acordo supón “unha nova ferramenta para atender ás necesidades das familias que se poidan enfrontar a unha situación de desafiuzamento”. Paula Fernández lembra ademais que o executivo local xa puxo en marcha o ano pasado unha serie de medidas para actuar ante este tipo de casos. Así, en setembro de 2012 aprobouse no Pleno, unha moción do PSOE na que xa se instaba ás Administracións superiores a tomar medidas urxentes, incluíndo ademais outras a nivel municipal en tres direccións: a prevención (poñendo a disposición de todos os veciños e veciñas asesoramento e información sobre os trámites a realizar para evitar chegar ao desafiuzamento,; a presión, interpelando ás entidades bancarias, e a protección, artellando dende os Servizos Sociais do Concello as medidas necesarias para axudar ás familias e veciños/as afectados por casos de desafiuzamento.

Neste senso, o Concello vén de asinar co Adif o contrato de arrendamento da estación ferroviaria de Ponte Taboada, que se habilitará como  centro de acollida temporal para dar resposta ás necesidades de aloxamento dos/as afectados. “Como Administración máis próxima á cidadanía temos a obriga de buscarlle solución aos posibles casos de desafiuzamento, para evitar a exclusión social das familias afectadas, por iso dende o goberno municipal de Silleda artellamos hai xa varios meses estas medidas”, engade Paula Fernández Pena.

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000