Silleda - OMIX - RSS Silleda - OMIX - RSS http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=147 Campamentos de Verán 2014 para mozos/as de 9 a 17 anos http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=147&solo_caja=1187

A oficina municipal de información xuvenil de Silleda, situada na Casa da Xuventude, informa e asesora sobre a oferta de campamentos de verán da Xunta, dirixidos a mozos/as de 9 a 17 anos. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a semana pasado a orde de convocatoria para solicitar ditas prazas nun total de 19 albergues e campamentos de toda Galicia.

As personas interesadas poden informarse na Casa da Xuventude de Silleda, onde tamén se asesora á hora de realizar as solicitudes, que preferentemente se farán vía telemática. O prazo de solicitudes remata o vindeiro día 10. O sorteo das prazas farase ante notario. As actividades terán lugar nos meses de xullo en agosto en distintos recintos galegos.

Na Coruña as instalacións dispoñibles serán as dos albergues xuvenís de Marina Española e Gandarío en Bergondo; e os campamentos de Furelos, en Melide; de Virxe de Loreto, en Porto do Son; e de Espiñeira en Boiro.

No caso de Lugo, os campamentos terán lugar na Residencia Xuvenil LUG II da capital; nos albergues xuvenís de Area, en Viveiro, e de Benigno Quiroga en Portomarín; así como nos campamentos de A Devesa en Ribadeo, no de Os Chacotes en Palas de Rei, e no Poboado Os Peares.

En canto a Ourense, a campaña de verán desenvolverase no complexo O Corgo en Muíños; no centro de educación ambiental Equal en Coles; no albergue Vilar de Ordelles en Escos; na estación de montaña de Manzaneda; e na residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, na capital da provincia.

Xa por último, en Pontevedra haberá actividades no albergue xuvenil das Sinas, en Vilanova de Arousa; e nos campamentos de Pontemaril, en Forcarei; e na Illa de Ons.

Para maiores de 18

Así mesmo, na OMIX de Silleda tamén se informa da oferta de campos de traballos noutras comunidades autónomas, e actividades para maiores de 18 anos, incluídas na citada orde autonómica. 

 

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Curso de Monitor de Tempo Libre http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=147&solo_caja=941

A Concellería de Mocidade, que dirixe Klaus Brey, organiza un curso de Monitor de Actividades de Tempo Libre que comenzará este mes de novembro. Ten unha duración total de 2200 horas de fase teórico-práctica e as clases terán lugar na Casa da Xuventude. O horario será intensivo de 09.00 a 21.00 horas, durante as 20 xornadas de duración do curso, que rematará en febreiro.

Así celebrarase en novembro os días 23 e 24; en decembro (o 7, 8, 21,22, 26,27, 28 e 29), en xaneiro os días 11, 12, 18, 19, 25 e 26 e en febreiro os días 8, 9, 15 e 16.

O curso ten un custe de 225 euros e asegúrase ademais o lugar onde facer as prácticas. As persoas interesadas en participar deben cubrir, a partir do vindeiro luns día 4, o formulario de inscrición que poden obter na Casa da Xuventude, na web municipal silleda.es ou na web www.escolaruraldetempolibre.com.

Posibilidade de pagar en tres prazos

O abono da matrícula pódese facer en tres prazos. O primeiro deles, de 100 euros, será obrigado para formalizar a inscrición. Así, no momento en que se entregue o formulario debe acompañarse o recibo do ingreso desta cantidade.

Este ciclo, homologado pola Xunta de Galicia, será impartido pola Escola Rural de Tempo Libre, e para a súa celebración precisase un número mínimo de 20 alumnos (e 25 como máximo).

Dende a Concellería de Mocidade, Klaus Brey, advirte que se trata dun ciclo moi interesante, sobre todo para as persoas que teñan titulacións relacionadas coa planificación e o desenvolvemento de actividades de ocio, e resalta que ademais os participantes teñen as prácticas aseguradas.

Descarga aquí o formulario de inscrición

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Microcréditos para moz@s emprendedores http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=147&solo_caja=614

O Instituto da Xuventude (Injuve) e Microbank, o banco social da entidade 'La Caixa' volven a poñer en marcha a liña de microcréditos  para financiar proxectos empresariais de mozos e mozas emprendedores. Poderán beneficiarse desta medida as persoas menores de 35 anos que teñan dificultades para acceder ao sistema tradicional de créditos.

Na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) ofrécese información e documentación precisa a aquelas persoas que estén interesadas en acollerse a estas axudas, para as que é necesario presentar un plan de empresa.

Estes microcréditos concédense para proxectos de autoemprego, e para outros de inicio, consolidación ou ampliación de microempresas e iniciativas empresariais por conta propia.

O importe máximo é de 25.000 euros (cun máximo do 95% da inversión). 

Se queres recibir máis información podes achegarte á Casa da Xuventude de Silleda.

http://www.microbanklacaixa.com/productos/microcreditosparaemprendedores_es.html

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Volta o programa Iniciativa Xove http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=147&solo_caja=563

 

 

A Concellería de Xuventude informa da convocatoria dunha nova edición do programa Iniciativa Xove, posto en marcha pola Xunta. Dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado habilítase unha liña de axudas dirixidas a asociacións e colectivos xuvenís, entidades prestadoras de servizos á mocidade e agrupos informais de mozos e mozas, de entre 18 e 30 anos.  Os solicitantes poden presentar os seus proxectos e iniciativas, cun orzamento total que non supere os 4.000 euros.

Dende a Concellería estanse a enviar cartas a todos os colectivos xuvenís de Silleda informando desta convocatoria, xunto coas follas de solicitude.

A documentación podese presentar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es , no rexistro  ou correos. O prazo remata o 18 de maio de 2013.

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
PROGRAMA XUVENIL EUROPEO: YOUTH IN ACTION http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=147&solo_caja=387

 Cartel_Proyecto_europeoGALLEGO_MAILINGPROGRAMA XUVENIL EUROPEO: YOUTH IN ACTION

Acción 1.1. People of the sea


Intercambio con 15+1 chipriotas con 15+1 galegos/as onde convivirán durante 8 días nas instalacións da Cidade Príncipe Felipe de Pontevedra.

O elemento común de ambos países é o mar, e dende ese punto de vista realizaremos as actividades. As principais actividades so a búsqueda e solución de desemprego, os problemas ambientais das rías e ríos "environment", a música (djembé), así como compartir experiencias e tradicións de cada país. Así deberán convivir tendo como lingua vehicular o inglés, xunto con 2 titores, un de Chipre e outro de Galicia.

  • Dimensión de aprendizaxe: a mocidade participante aprenderá sobre desemprego, reciclaxe e música.
  • Dimensión intercultural: a mocidade participante aprenderá de ambas culturas.
  • Dimensión europea: reflexionaremos sobre o concepto de cidadanía europea onde todas as persoas compartimos oportunidades e responsabilidades para facer que Europa sexa un lugar mejor

 

Datas: do 10 ao 18 de febreiro de 2013

Lugar: Cidade Príncipe Felipe

Destinatarios/as: mozos e mozas de 17 ata 30 anos.

Prazas: 15

Duración: 8 días.

Cota de Inscrición: 20 € (inclúe 8 días de aloxamento + pensión completa)

 Pre-inscrición presencial ata o 25 de xaneiro.

Información e Inscricións: Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra. Casa Azul r/ Sor Lucia 2-3º. tel. 986 84 03 67 ou 652 809 080 xuventude@pontevedra.eu

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=147&solo_caja=182

Este servizo da Concellería de Xuventude nace para informar, asistir e prestar apoio a todas as cuestións relacionadas coa mocidade silledense. Ademais de informar a este colectivo tamén se encarga de organizar actividades para nen@s e moz@s do municipio, así como da tramitación do carné xove, entre outros servizos. Está situada na Casa da Xuventude (rúa Trasdeza número 90). O horario de atención é de 11.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.30 horas. Aquí tamén podes atopar a información necesaria para poder participar en campamentos de verán, campos de traballo ou cómo conseguir bolsas de distintas administracións.

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
¿Cómo podo obter o carné xove? http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=147&solo_caja=181

 

Se tes entre 12 e 30 anos (ambos inclusive) podes conseguir o carné xove, unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40  países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Podes tramitalo na Casa da Xuventude de Silleda, onde che darán un formulario para cumprimentar. Só hai que levar o DNI e abonar unha taxa de 6 euros.

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000