Silleda - Axenda de eventos - RSS Silleda - Axenda de eventos - RSS http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=139 XXXI Romaría da Rosquilla de Abades http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=139&solo_caja=2904

A parroquia de Abades continúa as celebracións e co pasarrúas ás 11:00 a cargo da Banda Recreativa e Cultura da Bandeira. Ás 12:45 celebrarase a misa, cantada polo Coro de Ponteledesma. Despois dará comezo a tradicional subasta dos bolos de rosquillas, que nos últimos anos veñen destacando polas orixinais creacións dos autores e colectivos que presentan os seus postres. Tamén haberá degustación e venda de bolos para todos aqueles que o desexen. O concerto da Banda da Bandeira poñerá o broche á celebración do domingo.

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Obradoiro de Rosquillas en Abades http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=139&solo_caja=2901

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Presentación da obra Sapos e Sereas, de Ana Cabaleiro http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=139&solo_caja=2875

Esta tarde ás 19:00 horas na Casa de Xantar A Culler terá lugar a presentación do libro Sapos e Sereas, a estrea literaria da xornalista silledense Ana Cabaleiro, publicada por Galaxia

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Día Internacional da Muller: Creadoras http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=139&solo_caja=2874

Esta tarde ás 17:30 na Casa da Cultura celébrase o acto institucional do Día Internacional da Muller co programa Creadoras, co que se homenaxeará a catro veciñas da localidade: Carmen Fraiz e Isabel López (Floristería Carmiña); a matrona xubilada Teresa Rodríguez e a hostaleira Rosa Iglesias (Bar Papos).

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Proxección da película Visións http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=139&solo_caja=2870

Hoxe mércores 8 de marzo, Día Internacional da Muller, proxéctase na Casa da Xuventude ás 17:00 horas a película Visións, un filme colaborativo feito por 10 mulleres cineastas da provincia de Pontevedra. A proxección enmárcase na iniciativa Cinema e Muller, da Deputación de Pontevedra.

Andrea Zapata, unha das creadoras participantes presentará a película en Silleda

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Programa Avelaíña: Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=139&solo_caja=2863

A compañía BocAberta trae a través do programa Avelaíña o contacontos teatralizado "Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica". A cita, para nenas e nenos ata 10 anos será na Casa da Xuventude ás 18:00 horas, con entrada de balde.

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Visita da Unidade Mobil de Transfusión de Sangue a Silleda http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=139&solo_caja=2862

A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia estará hoxe mércores en Silleda, na avenida do Parque, en horario de tarde, dende as 16:15 ás 21:00 horas

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Entroido na Bandeira: Vellada e Tractor Filloeiro http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=139&solo_caja=2838

O programa organizado pola Asociación de Xenerais do Entroido da Bandeira arranca hxe  venres coa xa tradicional Vellada e o Tractor Filloeiro que iniciarán o percorrido ás 20.30 dende a praza da Feira pasando pola rúa Ramón de Valenzuela, rúa Xeral e Camilo José Cela. Haberá filloas gratis e chourizo para os que vaian disfrazados de vellos/as e o tractor venderá estes pratos no seu percorrido.

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Entroido na Bandeira http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=139&solo_caja=2837

Hoxe sábado 25 será o día grande do Entroido na Bandeira onde a xornada comezará co desfile de cabezudos a partir das 12:30 horas. Rematará cunha representación teatral na praza de Juan Salgueiro . Nesta edición a cita estará acompañada as marionetas de madeira  do espectáculo “Xeneralas da Ulla”, de títeres Cachirulo.

Pola tarde, ás 16:00 horas comezará o desfile do antroido e sobre as 18:00 horas celebrarase o Alto dos Xenerais na praza Juan Salgueiro . Pola noite, no pavillón terá lugar o baile de disfraces coa entrega de premios ás mellores comparsas, charangas e disfraces individuais. 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Entroido en Lamela http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=139&solo_caja=2834

A parroquia de Lamela celebra hoxe o seu entroido con desfile, Alto dos Xenerais e baile no campo da festa.

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000