Silleda - Avisos Importantes - RSS Silleda - Avisos Importantes - RSS http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=109 A unidade móbil da ITV agrícola visita o municipio nas vindeiras semanas http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=109&solo_caja=3118

Silleda, 12 de xaneiro de 2018. A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visitará o municipio de Silleda durante as vindeiras semanas. Estará ubicada durante varias xornadas en diferentes puntos.

A primeira ubicación será na parroquia de Laro, no campo da festa os días 30 e 31 deste mes.

Despois visitará A Bandeira, onde se ubicará na rúa Esmorga dende o 1 ao 5 de febreiro; Escuadro (xunto ao cemiterio) do 6 ao 8 de febreiro; e Silleda (detrás do ambulatorio) do 9 ao 12 de febreiro.

O horario habitual de atención será de 9:00 a 13:30 horas  e de 15:15 a 18:00 horas de luns a venres, agás os días 2 e 8 de febreiro, en horario só de mañá.

Para solicitar cita previa os interesados poden facelo vía telefónica, chamando ao 902 309000, ou a través da páxina web www.sycitv.com. Dende o Concello de Silleda colocaránse bandos informativos nos próximos días detallando os lugares e horarios. 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
O Centro de Desenvolvemento Agrario e Fademur poñen en marcha un programa de inserción laboral e emprendemento para mulleres http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=109&solo_caja=3115

Silleda, 6 de xaneiro de 2018.  O Centro de Desenvolvemento  Agrario, a través da  Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, FADEMUR Galicia, pon en marcha o programa “REDMUR: REDE DE EMPRENDEMENTO E INSERCION SOCIOLABORAL PARA A DIVERSIFICACIÓN DE ACTIVIDADES SOSTIBLES NO MEDIO RURAL” , unha iniciativa  que tamén se está a levar a cabo noutras comunidades como Estremadura, Castela e León, Castela A Mancha e Madrid.

O desenvolvemento do programa parte da colaboración entre o a Concello de Silleda, a través do Centro de Desenvolvemento Agrario e a  Concellaría de Benestar Social, Igualdade, Educación e Sanidade e Fademur Galicia. O concello comprometeuse a colaborar activamente na selección das usuarias, informando a través das usuarias da bolsa de emprego municipal e sumando esta actividade ao proxecto de Centro Agrario que están a desenvolver, e proporcionando as instalacións municipais precisas para o realizar a formación das interesadas no programa.

Para levar a cabo o programa farase unha selección de un mínimo de 12 mulleres desempregadas ou inactivas do concello coas que se traballará  no deseño de itinerarios de inserción profesional, tamén na motivación na procura de emprego e na detección de ocos de emprego na zona, de cara a mellorar as posibilidades de emprego das participantes.

Para participar en dito programa as interesadas poderán apuntarse por teléfono en FADEMUR Galicia 881817256 ou a través do Concello de Silleda no 986580000 antes do 15 de xaneiro. Tamén o poderán solicitar por correo electrónico ao enderezo galicia@fademur.e ou a través de info@silleda.gal.

Outro dos obxectivos do programa é a participación de mulleres emprendedoras e empresarias en redes de comercialización de produtos a través de mostras, encontros ou feiras de emprendemento, a celebrar conxuntamente con outros actores do territorio e as participantes do proxectos de cara a promover alianzas e sinerxías, a revalorizar os produtos agroalimentarios, artesáns e os servizos locais de calidade mediante a orientación para a sustentabilidade.

A través de todos estes apartados, FADEMUR Galicia traballa coas mulleres e as administracións públicas en aspectos tan diversos como a loita contra a violencia de xénero, mediante a independencia económica das mulleres, ou a fixación da poboación no ámbito rural a través do apoio á economía local.

O programa pon en marcha accións formativas presenciais e en liña, as usuarias recibirán en todo caso formación adicional sobre novas tecnoloxías así como detección de ocos de emprego.

 

A plataforma de formación en liña estará aberta para que outras mulleres do ámbito rural, e que residan fora de Silleda tamén poidan acceder aos cursos.

 

O programa REDMUR conta co financiamento do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
A programación de Nadal contará con máis de 30 actividades ata o vindeiro 7 de xaneiro http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=109&solo_caja=3102

 

Silleda, 1 de decembro de 2017. O Concello de Silleda arranca esta semana a de Nadal 2017-2018 na que figuran  máis de 30 actividades para todas as idades e gustos.

A programación arranca mañá sábado na Bandeira co concerto de Santa Icía na Bandeira e remata o 7 de xaneiro co concerto de Aninovo.

Ademais de actividades xa tradicionais, coma os obradoiros da Casa da Xuventude –con temática moi variada-, o programa inclúe tamén novas propostas.

Contacontos, deporte, música e baile tradicional xuntánse coas xa clásicas visitas de Papá Noel e os Reis Magos.

A Casa da Xuventude será un dos escenarios onde ademais dos tradicionais obradoiros se celebren outras actividades. Así, o vindeiro sábado 9  decembro Fran Rei poñerá en escea “A historia de Blanca Flor”, ás 17:30 horas.  

No ámbito deportivo o vindeiro mércores día 6 o equipo de baloncesto do Obradoiro CAB da liga ACB fará un adestramento aberto  no pavillón de Silleda con sinatura de autógrafos.

Tamén nesta xornada arrancará o 18 Concurso de Escaparates de Nadal para os comercio. Na vindeira fin de semana coa II Festa Gastronómica do Porco e II Feira de Artesanía como protagonistas, tamén terá lugarna parroquia de Parada o sábado día 9 a sesión. “Café, concerto  e…doces”, con Najla Shami, acompañada de Héctor Lorenzo á guitarra, cita organizada pola Asociación de Veciños de Parada.

 O día 11 terá lugar a apertura do Belén e a Árbore de Nadal no Centro Cultural Vistalegre, outro dos escenarios das actividades, organizadas pola Asociación Cultural Vistalegre en colaboración co Concello e a Anpa Brincadeira. Así o día 12 haberá xa en Vista Alegre un obradoiro de postais de Nadal.

O 15 de decembro celébrase o torneo de tenis de mesa na Casa da Xuventude e o 16 a música coral será protagonista co concertó da Coral Polifónica Trasdeza na igrexa de Silleda (19:30 horas).

O domingo 17, os alumnos da Escola de Música Municipal de Silleda ofrecerá a súa tradicional audición (18:00 horas).

Xa na xornada do xoves 21, a toponimia centrará a actividade da Rede de Dinamización Lingüística, coa presentación do buscador de topónimos, unha aplicación da que se falará na Casa da Xuventude ás 19:30 horas .

Obradoiros, exhibicións deportivas e gala de Xirandola

Tamén o xoves 21 Vista Alegre celebra a súa demostración gastronómica de Nadal (20:00 horas). O día 22 celébrase a Xuntanza de Nadal dos Maiores, no restaurante Coteliño e na Casa da Xuventude darán comezo os obradoiros, coa elaboración de Dulceiros de Papá Noel (17:00 horas).

O sábado 23 o deporte volve ser protagonista. A partir das 16:30 horas celébrase no pavillón César González Fares unha nova edición do Torneo de Fútbol “Biberón”, que se acompañará da exhibición do alumnado de Zumba Kids, e de patinaxe. Tamén na Casa da Xuventude haberá un obradoiro de pintura coas mans.

A música e o baile tradicional rematará a xornada deste sábado coa gala do XXX Aniversario de Xirandola, no auditorio Manuel Dopazo (19:30 horas).

Xa o día de Nadal, o luns 25, Papá Noel visitará un ano máis a localidade da Bandeira, co desfile que sairá do auditorio Manuel Dopazo e a recepción no Centro Cultural Vistalegre, onde non faltará a merenda, as fotos co protagonista e a entrega de premios do certame de postais da Asociación Vista Alegre.

O martes 26 na Casa da Xuventude haberá un obradoiro de confección de bonecos de neve con paus de xeado e na Bandeira cine infantil en Vista Alegre.

Contacontos na Biblioteca, Apalpador e Fin de Ano

A biblioteca municipal Daniel Castelao acollerá na xornada no 27 de decembro a sesión de contos “Paxariños”, para nenos e nenas de 1 a 3 anos, e o día 28 os contos para os máis novos chegarán a Vista Alegre no marco do Programa Avelaíña, para o púbico infantil.

O venres 29  o Apalpador visitará a Casa da Xuventude  onde a partir das 17:30 horas terá lugar a Festa Infantil de Fin de Ano, con cotillón, merenda e animación para todos. No Centro Social dos Maiores, ás 20:30, a terceira idade volve adiantarse un ano máis ás 12 badaladas da Noite Vella, co ensaio de Fin de Ano.-

O sábado 30 a Banda de Música Municipal de Silleda ofrecerá o seu concerto de Nadal no auditorio da Semana Verde (21:00 horas).

Tamén volta a Carreira de San Silvestre, o 31 de decembro, que se recuperou hai dous anos. A saída será ás 12:00 horas dende a praza Juan Salgueiro de Silleda.

O 2 de xaneiro voltan os obradoiros para os máis novos e o día 3 haberá contos na biblioteca e cine en Vista Alegre.

Xa o día 5 de xaneiro a aula de Música Tradicional do Colexio María Inmaculada de Silleda cantará panxoliñas polas rúas durante a mañá, anticipando un dos momentos mais agaradados: a cabalgata dos Reis Magos, que serán recibidos na Casa da Cultura antes de percorrer as rúas de Silleda e rematar coa recepción na Semana Verde.

O programa péchase o domingo día 7 de xaneiro co concerto de Aninovo no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira, con presencia de todas as agrupacións de música, baile e teatro da localidade.

Alumeado de Nadal e Silleda Solidaria

O alumeado de Nadal estase xa a colocar nestes días nas principais rúas e edificios públicos de Silleda e da Bandeira. Así mesmo, ao igual que en anos anteriores, algunhas das actividades recollerán doazóns para o programa municipal Silleda Solidaria.

Dende o Concello agradécese a participación e colaboración de todos os colectivos, asociacións e entidades que colaboran con esta programación.

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Silleda contará coa primeira rede de calor de biomasa de promoción pública da provincia http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=109&solo_caja=3079

Silleda, 28 de novembro de 2017.  O ambicioso proxecto do Concello de Silleda para contar rede de calor vén de recibir o visto bo por parte do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), que lle outorga unha subvención de 653.270,13 euros, a través da liña de axudas para redes de  distribución de enerxía térmica con equipos de xeración de biomasa.

A subvención supón o 80% da inversión prevista, un total de 816.587,67 euros, apotando os 163.000 euros restantes o Concello de Silleda.

Con esta inciativa crearase unha rede de calor "District Heating" no entorno da zona deportiva da vila de Silleda, coa que subministrar calefacción e auga quente sanitaria a varios edificios conectados mediante tuberías preaisladas.  

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, compareceu hoxe para falar desta iniciativa xunto cos concelleiros Klaus Brey e Jesús Taboada e o enxeñeiro industrial Ricardo González, autor do proxecto.

A Central de Producción, ubicarase no recinto feital e usará biomasa como combustible, concretamente astilla, garantizando o subministro de calor a varias instalacións.

Na primeira fase incluiranse  o pavillón polideportivo César Fares, o campo de fútbol de Outeiriño, a piscina municipal, a Escola Infantil A Galiña Azul e tamén o Hotel Vía Argentum.

Cuiña explicou que o pasado ano en Galicia só se levou a cabo unha iniciativa similar no Concello de Lugo, e que este ano só se subvencionaron 4 proxectos. Así ademais do de Silleda, coa maior contía, tamén se subvencionan outra rede no Porriño e dúas en Ourense (Laza e Melón). A de Silleda convertirase na primeira rede pública destas características na provincia de Pontevedra.

A rede de calor terá unha potencia de 1 megawatio e na primeira fase colocaranse case 2 kilómetros de tubería preasilada.  Na segunda fase conectaranse  á esta rede de calor outros edificios como a actual Casa da Cultura (futura Casa consistorial), a Escola de Música o CEIP de Silleda ou a Oficina Agraria Comarcal.

“Con esta iniciativa deixaran de expulsarse ao medio nesta primeira fase 342 toneladas de CO2 ao ano, e 380 toneladas no segundo”, engade Cuiña. O aforro económico será de 81.000 euros ao ano respecto ao consumo anual, e de 93.000 euros cando esté lista a segunda fase. A idea é que no futuro calquera usuario privado se poida enganchar.

Aproveitar a biomasa

Estímase que se precisan 576 toneladas de astilla ao ano. “Neste senso o obxectivo final e crear un ciclo que nos permita ademais  aproveitar a biomasa dos montes de titularidade municipal”, explica o alcalde indicando que esta primeira fase “abre as portas para crear un clico que dé salida a materia prima dende os nosos montes, co que significa tamén no tocante á prevención de incendios”, engade.

Dende o Concello estase a realizar tamén un estudo sobre as potencialidades da biomasa no municipio e xa se contactou tamén coa UXFOR de Parada.

Climatizar a piscina

Outro dos puntos fortes da iniciativa é que tamén permitiría nun futuro climatizar a piscina municipal de Silleda.

“É un proxecto ambicioso que culmina a aposta deste Concello por enerxías limpas que vimos realizando nos últimos anos coa dotación de caldeiras de biomasa en edificios municipais ou placas fotovoltáicas, entre outros”, explica o alcalde.

 “É unha iniciativa moi completa que supón todo un fito no noso municipio permitíndonos aforrar custes e ao mesmo tempo dinamizar a economía local, ademais de mellorar os servizos á cidadanía”, engade o rexedor.

Con este proxecto o Concello de Silleda traballa para ser un referente en Galicia na xeración e autoabastecemento de enerxía con recursos propios, aproveitando os productos forestais dos montes do municipio.  

Dende o Concello considerase que as redes de calor con biomasa forman parte dun presente cada vez máis comprometido co medio, polo que a iniciativa de conectar varios edificios públicos vai máis aló, e a intención e que nun futuro se poidan tamén enganchar ademais de edificios públicos outros privados, comunidades de veciños… beneficiándos das vantaxes económicas e medioambientais deste sistema.

Así, e seguindo a dinámica levada a cabo noutras localidades, na primeira fase xa se propón tamén a conexión dun hotel.

 

 

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Silleda, en negro contra a violencia http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=109&solo_caja=3063

 

 

O  Concello de Silleda vén de sumarse oficialmente á campaña En negro contra as violencias. A concelleira de Igualdade, Pilar Peón, asinou o 15 de novembro en Santiago de Compostela o protocolo de adhesión á campaña, á que se sumaron ademais preto de 50 entidades e establecementos comerciais e hostaleiros do municipio silledense, para sensibilizar –a través da cor negra- sobre a problemática da violencia de xénero na nosa sociedade.O programa Xénero e vulnerabilidade  de Prevención e Sensibilización contra a Violencia de Xénero posto en marcha polo departamento de Igualdade do Concello de Silleda co apoio da Deputación de Pontevedra contará a vindeira semana cunha poñente de luxo.

O programa de actos da campaña arranca  o martes 21 coa conferencia titulada Violencia y misoginia: ayer y hoy. La representación de las mujeres en el discurso mediático”, que impartirá ás 17:00 horas na Casa da Xuventude a coñecida xornalista, investigadora e experta en xénero Rosa María Calaf. A corresponsal máis veterana de TVE, con 37 anos de experiencia as súas costas, foi pioneira en España no exercicio do reporteirismo. Rosa María Calaf Solé (Barcelona, 1945) foi asimesmo directora de programación de TV· en 1983. Ao longo da súa dilatada carreira recibiu multiples premios e recoñecementos, como xornalista de referencia e por servir de exemplo ás novas xeracións de comunicadoras.  Entre eles destacan o  Women Together 2007 pola súa traxectoria profesional en favor da loita pola igualdade, o premio club internacional de prensa á mellor labor no estranxeiro no ano 2006 e o V premio José Couso á Liberdade de Prensa no 2009. En novembro de 2007 recibiu o premio a "Toda unha vida" outorgado pola Academia da Televisión en España, un recoñecemento á súa longa carreira como corresponsal.

Ademais da conferencia de Rosa María Calaf, o vindeiro venres día 24 terá lugar a concentración de condea contra a violencia de xénero na praza da Igrexa de Silleda (12:30), un acto no que dende a Concellería de Igualdade  de Silleda se entregarán tamén aos centros escolares lotes de libros que afrontan a problemática da desigualdade por razón de xénero e a violencia machista.

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Reparto das subvencións culturais, deportivas e de participación veciñal http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=109&solo_caja=3062

O goberno municipal vén de aprobar o reparto das subvencións a actividades culturais, entidades deportivas e de participación veciñal cun total de 98.000 euros. As entidades beneficiarias teñen ata o día 15 de decembro para presentar a correspondente xustificación, segundo se establece nas bases publicadas no BOP do 18 de abril de 2017. Os formularios poden descargarse pinchando no titular desta entrada, ao igual que os certificados da Xunta de Goberno Local coa aprobación dos tres repartos. 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
O Concello de Silleda xa está a traballar na axuda aos damnificados polos incendios http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=109&solo_caja=3061

 

 

Silleda, 27 de outubro de 2017.  O Concello de Silleda continúa a disposición dos veciños e veciñas damnificados pola vaga de lumes. Dende o goberno municipal xa se está a traballar neste senso colaborando con distintos afectados, caso dunha familia de Xubín, na parroquia de Cortegada, á que se lle queimou a tubaxe da traída por mor do grave incendio do pasado domingo día 15.

O alcalde, Manuel Cuiña lembra que as Administracións se farán cargo dos danos. Así, o Concello canalizará as reclamacións que poderán optar á orde das axudas autonómicas que se habilatarán nos vindeiros días logo da publicación do Decreto 102/2017 .

“Sabemos que hai casos coma o de traída de augas afectadas, coma o caso de Xubín, en Cortegada no que xa estamos traballando para que poidan restablecer o servizo canto antes”, apunta o alcalde.

O concelleiro de Medio Rural, Jesús Taboada, tamén se achegou ata o lugar para ver as medidas de urxencia a adoptar.

Ademais do caso de Xubín, tamén se están a atender solicitudes de información e asesoramento para a recuperación dos montes e prados queimados, a través da enxeñeira de montes e o enxeñeiro industrial que traballan no Concello.

Do mesmo xeito, o rexedor avanza que no caso de que os damnificados no poidan esperar a recibir as axudas, por falta de recursos económicos Manuel Cuiña advirte que o Concello adiantará a reparación de bens.

Así, faise un chamamento a todos aqueles veciños e veciñas que sufriran danos polos incendios para que se acheguen canto antes ata o Concello a fin de elaborar un informe completo que será remitido tanto á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), organismo que se encargará de facer unha compilación dos todos os danos causados , como á Xunta de Galicia. 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
En marcha a renovación do alumeado na zona deportiva e escolar de Sillleda http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=109&solo_caja=3058

Silleda, 21 de outubro  de 2017.  O Concello de Silleda iniciou xa  a renovación da rede de alumeado público no entorno da zona deportiva , escolar e feiral de Silleda. A reposición e ampliación das luminarias está xa lista no tramo da avenida Recinto Feiral (dende o cruce coa rúa da Estación), ao que da á Escola de Música, piscinas e campo de Outeiriño, e en breve completarase no do auditorio e Residencia e Centro de Día.

“Con esta actuación pretendemos mellorar os servizos nesta zona, frecuentada por numerosos usuarios ademais de aumentar a seguridade”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.

O investimento ascende a 51.465 euros, financiándose parte desta actuación con cargo do Fondo de Compensación Ambiental.

Todas as luminarias destes tramos están a ser substituídas por outras de tecnoloxía LED. Así mesmo, nalgún caso poñeránse novos báculos. “Sustituiránse os que están situados na zona do auditorio da Semana Verde ou da Residencia por outros máis elevados, o que supón aumentar a luminosidade nesta área”, engade o rexedor. Con esta actuación o Concello de Silleda segue apostando mellorar servizos básicos coma o alumeado logo de distintas actuacións realizadas nos últimos anos en diversas rúas e localidades. O tramo da avenida recinto ferial e parte do acceso á Escola de Música está xa listo e nos vindeiros días rematarse o tramo do auditorio e residencia.

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
O prazo para participar no programa Tecendo Lazos, aberto ata o 10 de outubro http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=109&solo_caja=3053

Silleda, 3 de outubro de 2017. O programa Tecendo Lazos, posto en marcha polo departamento de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra chega a Silleda este mes co obradoiro titulado “Fotografías para o recordó”. A actividade –dirixidas ao público a partir dos 10 anos de idade- entra dentro da área denominada “Rastrexos”. Haberá un módulo específico na que se desenvolverán actividades como a recompilación fotográfica patrimonial a través de saídas; observación e  análise en grupos de traballo das fotografías recompiladas; posta en común de resultados, características e clasificación ou comparar , describir, e analizar as diferentes épocas históricas abarcadas nas fotografías obtidas.

Tamén se levará a cabo outro módulo transversal, titulado “A historia do meu concello”.

Entre os obxectivos xerais figuran abordar as fontes históricas, recuperando datos a partir da imaxe que relate a vida pasada con fotos, visitas, relatos orais ou escritos do concello e álbums fotográficos familiares. Buscase tamén, como obxectivos traballar con imaxes e elementos cotiáns a través do tempo, recompilar imaxes da localidade antigas e actuáis en casas particulares, da internet ou doutras fontes bibliográficas; observar e analizar as diferentes imaxes e fomentar a comunicación interxeracional.

Os obradoiros celebraránse durante varias xornadas de sábado, na Casa da Xuventude, en horario de mañá.

Para participar é preciso incribirse. O prazo está aberto ata o vindeiro 10 de outubro e as persoas interesadas poden recibir máis información e inscribirse na Casa da Cultura (pola mañá) ou na Casa da Xuventude (de martes a sábado en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Tecendo Lazos ten por finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre a través dos cales se pretenden poñer en marcha estratexias, oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro, a sensibilización, a promoción do apoio social e o intercambio recíproco, intencionado, comprometido e voluntario de recursos, aprendizaxes, ideas e valores encamiñados a producir entre as distintas xeracións lazos afectivos, cambios e beneficios individuais, familiares e comunitarios, entre outros, que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias.

A concelleira de Benestar Social e de Educación, Pilar Peón, anima aos veciños e veciñas a participar nesta iniciativa. 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
O martes día 12 ábrese o prazo de inscrición das Escolas Deportivas Municipais http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=109&solo_caja=3051

Silleda, 8 de setembro de 2017. O vindeiro martes día 12 quedará aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais de Silleda 2017-2018, cun total de 16 modalidades deportivas.  

Así, a oferta estará composta por: Patinaxe, Ioga, Kung-Fu, Defensa Persoal (para maiores de 14),  Ximnasia de mantemento, Aerobic Step, Zumba Step, Zumba Fitness, Zumba Kids, Bailes de salón, Tiro con Arco, Natación (a partir dos 3 anos), Aquagym, e Hipopresivos.

Estas actividades comezarán a impartirse o vindeiro luns día 2 de outubro. Os interesados en obter información e anotarse deben facerlo na Casa da Xuventude (aberta de martes a sábado en horario de 16:00 a 20:00 horas), onde se lles facilitará un formulario de inscrición.

Para a realización dos cursos debe de haber un mínimo de 14 alumnos/as.

A concelleira  de Deportes, Ana Luisa González, destaca que este ano “ e mantén, dado o éxito dos últimos anos, a oferta de actividades, ampliando horarios en casos como natación por demanda dos usuarios”.  A oferta difundirase, como vén sendo habitual nos últimos anos, nos  centros escolares, informando tamén dos horarios e lugares previstos, e prezo das actividades entre outros.

Natación e patinaxe

Na lista de actividades figuran natación e aquagym, ao renovarse o convenio entre o Concello de Silleda e o Hotel Vía Argentum para a celebración destas dúas modalidades na piscina do complexo hoteleiro.

Como novidade, a natación para nenos/as adianta o seu horario e celebrarase os luns e mércores a partir das 19:00 horas, con dous turnos (de 19:00 a 19:45 e de 20:00 a 20:45). dando resposta á petición de moitos usuarios do pasado ano.

Dedido á elevada demanda que se vén rexistrando nesta actividade, as inscricións atenderanse por rigorosa orde de inscrición ata completar prazas, dando preferencia no primeiro turno aos máis novos.

No caso de patinaxe, outra das escolas máis numerosas con preto de 120 alumnos o pasado curso, tamén se atenderá por orden de inscrición ao alumnado de novo ingreso.

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000