Silleda - Novas - RSS Silleda - Novas - RSS http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108 O programa Silleda Activa pon en marcha cursos de pintura e manualidades a partir de febreiro http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=3123

Silleda, 8 de xaneiro de 2018.  O programa Silleda Activa, posto en marcha pola Concellería de Benestar Social e dirixido ao colectivo dos maiores, pon en marcha dous novos cursos a partir do 1 de febreiro. Trátase dos ciclos de pintura e o denominado “Traballo coas mans”. Ámbolos dous son gratuitos e os participantes só terán que abonar o custes do material.

O curso de Traballo coas mans, con distintas propostas de manualidades impartirase os mércores de 16:00 a 17:00 horas na Casa da Xuventude. O de pintura será tamén os mércores, de 11:15 a 12:15 na Casa da Cultura.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse no Centro Social dos Maiores (986 592037) ou na Casa da Cultura (986 581028).

Estas dúas iniciativas súmanse ao programa deste ano no que figuran exitosos obradoiros coma os de memoria, manexo do teléfono móbil, uso de novas tecnoloxías ou outras novidades coma a musicoterapia.

O programa foi posto en marcha polo Concello de Silleda no ano 2012 con actividades para favorecer o envellecemento activo, tanto de carácter físico como de desenvolvento intelectual.

A concelleira Pilar Peón destaca que as actividades ofertadas dende a Concellería de Benestar “son totalmente gratuitas, co que seguimos apostando por unha mellor calidade de vida dos nosos maiores”, engade.

 

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
O programa de Intervención Integral a persoas con Alzhéimer e as súas familias continuará en Silleda ao longo de 2018 http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=3121

Silleda, 5 de xaneiro de 2018. O programa de Intervención Integral a Persoas con Alzhéimer e familias coidadoras que desenvolve o Concello de Silleda a través da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (AFAPO) continuará ao longo deste ano.  O programa, iniciado con éxito en 2015, conta cun  orzamento por parte do Concello de 18.000 euros ao igual que no anterior exercicio.

O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Benestar Social, Pili Peón, mantiveron un encontro co presidente de AFAPO, José Manuel Fontenla no que se abordou a renovación do convenio polo que se poñerá en marcha esta iniciativa, “unha clara aposta deste goberno polas políticas sociais”, engade o rexedor.

O programa comezará co curso destinado a familias coidadoras o vindeiro

luns día 15 e a partir do día 1 de febreiro celebraránse, previa valoración dos usuarios, os obradoiros de estimulación cognitiva para as persoas aqueixadas desta enfermidade.

 

 “As familias xa poden informarse e anotarse tanto para o curso de coidadores como para os obradoiros dirixidos ás persoas con Alzhéimer e outras demencias”, explica a concelleira de Benestar. Os interesados deben de dirixirse ás dependencias de Benestar Social (Centro Social de Silleda) ou chamar ao 986 592037.

Tanto o curso para as familias coma os obradoiros –totalmente gratuitos para os usuarios- volverán a realizarse ao igual que neste último ano nas dependencias da Casa da Xuventude.

Os talleres de estimulación cognitiva celebraranse dous días a semana ata o mes de decembro.

Obxectivos

Dende AFAPO explícase que entre os obxectivos deste programa de intervención integral figuran axudar ás familias a comprender a importancia no coidado dos enfermos e previr situaciónns de desgaste físico e/ou emocional, que poidan derivar en estrés crónico, e tamén ralentizar na medida do posible o deterioro cognitivo, pérdida de memoria, de mobilidade e función motoras que presentas as persoas con demencias.

A mellora da calidade de vida , tanto das familias como dos enfermos é o reto específico desta actuación que comezou a desenonverse en Silleda no ano 2014. No municipio de Silleda hai máis de 300 veciños/as diagnosticados con algún tipo de demencia.

 

 

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
O prazo para solicitar o 95% da bonificación do IBI agrario ábrese de novo en xaneiro http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=3114

Silleda, 30 de decembro de 2017.  O vindeiro  mes de xaneiro abrirase de novo o prazo para solicitar a  bonificación do 95% no Imposto de Bens Inmobiles (IBI) para as explotacións agrogandeiras acordada polo Concello de Silleda. A modificación da ordenanza que regula esta bonificación aprobouse en pleno en maio de 2016, entrando en vigor a medida en xaneiro deste ano. A normativa establecese que esta medida debe aplicarse con carácter rogado, o que significa que os propietarios deben de solicitar esta bonificación. As solicitudes poden presentarse ata o 31 de marzo.

En 2017 tramitáronse un total de 280 solicitudes.

Os propietarios de granxas, estabulacións, naves, galpóns, ou invernadoiros –sempre que estén en activo- deben acudir  Punto de Información Catastral (PIC) do Concello, situado nas oficinas municipais da rúa Alfonso Trabazo, para solicitar a correspondente bonificación. Alí deberán de presentar a documentación oportuna para acollerse a este desconto que posibilitou a proposta de Alcaldía aprobada inicialmente no Pleno de maio de 2016.  No caso daqueles veciños que xa solicitaron este ano a bonificación, terán que acreditar só que continúan coa actividade agraria.

Coa modificación da normativa municipal recóllese a bonificación do 95% da parte da cuota íntegra do Imposto de Bens Inmobles (IBI) na construcción de instalacións rústicas indispensables para o desenvolvemento de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais, coa declaración previa de especial interese e utilidade pública municipal, social e de fomento do emprego.

Esta medida xurdiu como resposta á aplicación da resolución da Dirección Xeral do Catastro, que marca como prazo ata o ano 2016 para levar a cabo a actualización pola cal se teñen que catastrar todas as fincas do rural, así como dar de alta bens como instalacións rústicas, que son catalogadas como almacéns ou vivendas.

A consecuencia disto, as instalacións agrarias inclúense agora no Imposto de Bens e Inmobles, co cal pasarán a pagar a cota correspondente.

Dende o Concello, e acolléndose á normativa que permite as bonificacións potestativas, instouse ó pleno a establecer o máximo permitido de bonificación da cota íntegra do IBI, (95%), declarando ao sector gandeiro como sector estratéxico. “Ningúen dubida do peso do sector primario no noso Concello”, sinala o alcalde e responsable municipal de Facenda, Manuel Cuíña, que advirte que con esta bonificación “tamén axudamos a un sector que agora se ve afectado por esta revisión catastral do Estado logo das moitas vicisitudes polas que vén pasando”, engade.

Esta medida foi acordada polo goberno municipal, logo de saber que a revisión catastral integral realizada dende a Dirección Xeral do Catastro incluiría a referenciación de construccións relacionadas co sector primario. 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
A Escola de Familia de Silleda celebra unha nova sesión o xoves 11 de xaneiro http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=3122

Silleda, 8 de xaneiro de 2018.  A Escola de Familias de Silleda que se creou o pasado ano volve celebrar unha nova sesión neste trimestre. A cita será este xoves día 11 de xaneiro na Casa da Cultura ás 20:30 horas. Ao igual que nas anteriores sesión, a cita, aberta ao público e gratuita, será impartida polo psicólogo, terapeuta e mediador familiar Carlos Vila, da Asociación para o Crecemento e Orientación Familiar.

Esta será a cuarta sesión logo da estrea desta iniciativa en maio do pasado ano.

Este proxecto nace da demanda de pais e nais polos cambios na sociedade actual que afectan en gran medida á educación dos cativos

Todos aqueles aqueles pais e nais que teñan dúbidas ou que desexen consellos sobre cómo manexar situacións cos seus fillos poden participar nestas sesións, totalmente gratuitas.

As sesións, de entrada libre para pais e nais con fillos menores de calquera idade, servirán para que os pais e nais pregunten calquera dúbida ou pidan consello sobre situacións que lles coste manexar.

Dende a Concellería de Educación, que se puxo en marcha con Acrofam a través da Anpa do CEIP de Silleda, faise un chamamento a todos os pais e pais para que asistan “a este espazo onde se poñerán en común as nosas inquedanzas na procura de solución”, engade a súa responsable Pilar Peón.

 

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Entregados os premios do XVIII Concurso de Escaparates de Nadal http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=3119

Silleda, 4 de xaneiro de 2018.  Hoxe tivo lugar a entrega dos premios do XVII Concurso de Escaparates de Nadal organizado dende a Concellería de Comercio. O responsable municipal de Comercio, Benito Saavedra, e a tenente de alcalde, Ana Luisa González,  presidiron a entrega de galardóns que recaeron por esta orde en Óptica Silva (1º premio con 200 euros outorgado polo Concello); Floristería Carmiña (premio á Orixinalidade, dotado con 150 euros outorgado polo Hotel Vía Argentum) e premio á mellor exposición de produto, para María Lodeiro Decoración, dotado con 100 euros por xentileza de Estación de Servizo Silleda.

Saavedra destacou o elevado nivel e calidade dos escaparates silledenses e agradeceron a participación dos máis de 70 establecementos que decoraron os seus escaparates con motivos de Nadal.  Así mesmo subliñou o “compromiso de determinados comercios que están mudando os escparataes dependendo das temporadas, entre os que se atopan os gañadores”. Tamén agradeceu  a colaboración das entidades patrocinadoras e do Ciclo Superior de Comercio do IES Pintor Colmeiro, con alumnos e mestres que participaron como xurado. 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
O programa Silleda Solidaria agradece as doazóns realizadas por clubes, entidades e particulares nas últimas semanas http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=3120

Silleda, 3 de xaneiro de 2018 O programa municipal  Silleda Solidaria quere agradecer as aportacións realizadas nas últimas semanas por distintas empresas e entidades. Así, ademais da recadación que se levou a cabo en distintas actividades municipais dentro da programación de Nadal, nestas datas tamén se recibiron doazóns do Restaurante O Camiño, que mercou alimentos cos cartos dun bingo solidario; do Hotel Vía Argentum, que aportou distintos subministros ao banco de alimentos, da Escola de Fútbol de Silleda, que recolleu ademais de doazóns económicas alimentos e xoguetes no Torneo Solidario de Fútbol Biberón; e da S.D Bandeira, que tamén recolleu xoguetes e doazons económicas no seu torneo celebrado o pasado sábado.

 “Dende o programa municipal Silleda Solidaria queremos agradecer a participación de todos eles e das persoas que coa súa solidaridade participaron nestes actos. Coa súa axuda todos continuarán contribuindo á manutención das familias usuarias do banco de alimentos e a manter a ilusión nestas datas con agasallos” , indica a concelleira de Benestar Social, Pilar Peón, que agradece do mesmo xeito todas as aportacións que se están a recibir dende a posta en marcha do programa ao longo de todo o ano. 

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Aberto o prazo para o concurso Nas festas somos máis, con 3.000 euros en premios http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=3117

Silleda, 3 de xaneiro de 2018.  O Concello de Silleda vén de abrir o prazo de presentacións de traballos para a segunda edición do certame “Nas festas somos máis”, o concurso enmarcado na campaña de fomento de empadroamento.

Este certame que botou a andar o pasado ano ten como obxectivo fomentar, ademais do empadroamento, a riqueza turística e paisaxística do municipio . Como novidade, o certame –que gañou o pasado ano a comisión organizadora da Festa da Paella de Cortegada- duplicará a dotación económica (pasando de 1.500 a 3.000 euros) e concederánse tres galardóns en lugar dun único premio.

O primeiro estará dotado con 1.500 euros, o segundo con 1.000 euros e un terceiro con 500€. O prazo para presentar candidaturas, tal e como recollen as bases, abriuse onte día 2 de xaneiro e as propostas poderán presentarse no Rexistro Municipal ata o vindeiro día 13.

Poderán participar, ao igual que na primeira edición, todos os colectivos ou asociacións, legalmente constituídas, que sexan organizadoras de festas patronais e/ou gastronómicas do municipio de Silleda.

Segundo recollen as bases entenderase como traballo participante a totalidade da campaña promocional da festa, así como as accións de promoción que se leven a cabo durante o evento en cuestión.

Cada organización deberá presentar unha memoria na que se especifiquen as actividades de promoción da festa na que se abarquen aspectos de fomento de empadroamento do municipio, (cartaces, actos de presentación do evento, publicidade de lugares turísticos durante as festas…), promoción dos grupos culturais e musicais locais, ou calquera outra que se estime oportuna engadir.

A temática será exclusivamente a promoción do Concello de Silleda e o fomento do empadroamento no mesmo.

 “Con este importante cambio nas bases tratamos tamén de fomentar unha maior participación das asociacións que organizan as moitas festas que celebramos en Silleda”,  indica o alcalde, Manuel Cuiña.

Os premios irán destinados a subvencionar os custes da festa ou evento que concorra ao certamen e non poderá empregarse o premio para a realización de outros actos realizados pola comisión ou organización, que non estean relacionados co evento principal.

Durante todo o ano

Poderán concorrer a este certame municipal todas aquelas campañas do presente exercicio, organizadas dende o 1 de xaneiro de 2017 ata o 31 de decembro.

Contratación de grupos locais

Os traballos valoraranse en base á orixinalidade e calidade da campaña, en xeral, a duración  da campaña previa á celebración, ou outros criterios coma o número de posibles destinatarios e o impacto tanto no municipio como fóra del. Entre os criterios puntuables introdúcese tamén este ano nas bases un novo: o de contratación musical ou outro tipo de animacións que teñan a súa sede en Silleda.

“Deste xeito tamén estamos a contribuir á promoción dos nosos grupos e en definitiva a dinamización de Silleda”, remarca o alcalde.

As bases deste concurso poderán consultarse na páxina web do concello, (www.silleda.es).

 

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Óptica Silva, Floristería Carmiña e María Lodeiro Decoración, gañadores do XVIII Concurso de Escaparates de Nadal http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=3113

Silleda, 20 de decembro de  2017.  O Concurso de Escaparates Nadal en Galego convocado pola Concellería de Comercio e Industria de Silleda, que dirixe Benito Saavedra, xa ten novos gañadores. O xurado, formado polo alumnado e mestres do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais do IES Pintor Colmeiro de Silleda mantivo o pasado martes pola noite unha xuntanza para decidir os gañadores.

Óptica Silva, un dos establecementos máis premiados dos últimos anos, alzouse co primeiro premio dotado con 200 euros que aporta o Concello de Silleda. O segundo, ao máis orixinal e innovador –con 150 €premio patrocinado polo hotel Vía Argentum- é para Floristeria Carmiña, outro dos habituais no pódium silledense dos escaparates navideños. O terceiro premio ao escaparate máis orixinal con exposición de produto é para María Lodeiro Decoración (100 euros que aporta Estación de Servizo de Silleda.

O xurado estivo presisido por Benito Saavedra, e integrado por Cristina Cimadevila, Noelia Eiriz, Sergio Esperante, Bárbara García, Mª José Mendoza, Sergio Pampín, Brais Pol, Benito Troitiño, Adrián Varela, Beatriz Villamayor Silva, (Alumnos do ciclo); e as mestras Mª Teresa López ,  Rosa Mª Rodríguez García e María Helena González Lois. Como secretario actuou o traballador municipal Alfredo Abeledo. En total participaron 72 establecementos (64 de Silleda e 6 de A Bandeira), once máis respecto a edición anterior.

Os premios entreganse o vindeiro dia 4 de xaneiro no Salón de Plenos. Benito Saavedra agradece o esforzó realizado polos comerciantes e o traballo do alumnado e mestres do ciclo, con que mañá manterá un encontro na aula para intercambiar impresións sobre esta iniciativa e entregarlles tamén cadanseu diploma.

 

                                                                                        

 

 

 

 

 

 

 

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
O Concello de Silleda incorpora ao parque móbil municipal un novo tractor para servizo de desbroces e limpeza viaria no rural http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=3112

Silleda, 20 de decembro de 2017. O Concello de Silleda vén de incorporar ao parque móbil municipal un novo tractor, a través dun convenio coa  Consellería de Medio rural. Este novo equipamento complétase con dúas desbrozadoras (unha de arrastre e outra de brazo).

A compra foi adxudicada á firma Maxi Deza, que presentou a mellor oferta das solicitadas, cun importe de 97.800 euros. O convenio enmarcase nas tarefas de desbroce infraestructuras rurais, as redes secundarias de faixas de xestión de biomasa e determinadas parcelas de titularidade municipal. O novo equipamento confinanciase entre as dúas administración, aportando as arcas municipais o importe correspondente ao IVE.  Esta medida complementa outras iniciativas coma o convenio para a prevención e defensa contra incendios forestais.

“Con esta nova dotación melloraremos o servizo de limpeza viaria no rural, cunha extensa rede de pistas”, indica o alcalde, que hoxe se achegou ata o polígono empresarial para recibir o novo equipamento de maquinaria xunto co concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey, e o titular de Medio Rural, Jesús Taboada.

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
O Centro Cultural Vista Alegre exporá a partir de xaneiro unha talla dun cruceiro barroco atopada nunha casa da Bandeira http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=3111

Silleda, 15 de decembro de 2017.  O Concello de Silleda depositará no Centro Cultural Vista Alegre a partir do vindeiro mes de xaneiro unha talla en pedra localizada nun patio da Bandeira o pasado mes de marzo.

Esta peza escultórica dunha virxe, que probablemente formaba parte dun cruceiro, data segundo os expertos do século XVIII.  

A peza foi entregada por unha veciña da Bandeira ao realizar obras no patio traseir da súa vivenda, sita na rúa Xeral, o pasado mes de marzo. Esta veciña, á que o Concello de Silleda agradece o xesto, entregou a peza no Concello para a súa posterior revisión por parte de Patrimonio, a onde se remitiu a peza para o seu preceptivo estudo.

Dende o Concello solicitouse ademais depositar a peza e expoñela na propia localidade, en concreto nas dependencias municipais do Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, petición á que Patrimonio accedeu o pasado mes de setembro.

Así, nas vindeiras semanas esta talla de pedra será colocada nunha peana e coas preceptivas indicacións dos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio. Dende o Concello agradecese o xesto desta veciña ao entregar esta peza de pedra que agora poderá ser contemplada polo público na propia localidade na que se atopou.

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000