Convocatoria de bolsas Leonardo Da Vinci da FAEPAC para práticas no extranxeiro

 A Concellería de Emprego, Educación e Participación Cidadá, que dirixe Pilar Peón, informa da apertura da convocatoria, por parte da Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña, para a realización de práticas no extranxeiro a través de Bolsas Leonardo da Vinci. Esta iniciativa está dirixida a persoas tituladas que se atopen en situación de desemprego e que teñan poucos anos de experiencia. As prácticas realizaranse por un periodo de 13 semanas.

A convocatoria a través do citado programa de mobilidade Leonardo da Vinci para práticas profesionais na Unión Europea, oferta un total de 12 prazas, 5 en Portugal (en Braga); outras seis no Reino Unido e unha máis en Alemaña.

Trátase de práticas profesionais en empresas do sector das enerxías renovables, aforro enerxético, construcción sostible e medioambiente. As persoas interesadas poden consultar os requisitos , características das becas e obter os formularios de inscrición na web da citada fundación.

Para saber máis sobre a convocatoria, preme no seguinte enlace:

www.faepac.org 

 

Curso de prevención de riscos laborais en explotacións agrogandeiras

Dende o vindeiro luns día 18 e ata o venres 22 deste mes celebrarase na Casa da Cultura de Silleda un curso de prevención de riscos laborais nas explotacións agrogandeiras. É totalmente gratuito e as persoas interesadas en asistir deben de anotarse antes do vindeiro día 11, chamando ao teléfono 981 591012.

Esta iniciativa do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral conta coa colaboración da Concellería de Medio Rural, que dirixe Klaus Brey, e o departamento de Formación, da man de Pilar Peón.

O horario do curso, que é presencial, será de 18.00 a 21.45 horas.  O obxectivo é proporcionar unha formación específica aos traballadores e profesionais do sector agrogandeiro e forestal en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, e crear unha cultura preventiva para diminuir os accidentes laborais no sector.

No módulo aboradaránse conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo, os riscos xerais nas explotacións, e cuestións específicas relacionadas co uso de maquinaria agrícola, manexo de animais, agroquímicos, fosas de purín… Tamén se impartirán nocións sobre primeiros auxilios e unha parte que será práctica.

Dende o departamento de Emprego tamén se están a remitir cartas coa información sobre o curso a traballadores/as do sector agrogandeiro do municipio silledense.

 

Curso de colocación de materiais de cubrición na construción

 O vindeiro venres día 18 comeza o curso de prevención específico sobre colocación de materiais de cubrición, no que participarán un total de 25 persoas. Tratase dunha iniciativa organizada dende as Concellerías de Industria e de Emprego do Concello de Silleda, que dirixen respectivamente   Luis Rodríguez e Pilar Peón, en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Pontevedra (Apecpo) un curso de prevención específico sobre Colocación de Materiais de Cubrición.

Este curso, gratuito e de 20 horas de duración, está dirixido a persoas relacionadas co sector da construcción e celebrarase durante dúas fins de semana  na Casa da Cultura de Silleda. A primeira das sesión será este venres 18, de 16.00 a 21.00 horas. As clases continuarán o sábado 19 e os días 25 e 26.

Con este ciclo continúase a colaboración iniciada o pasado ano por parte do Concello de Silleda coa Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Pontevedra (Apecpo), coa celebración de distintos ciclos para a formación de personal.  Dende o goberno local, Pilar Peón, sinala que este tipo de iniciativas non só beneficia a a empregados e responsables de empresas do sector, senon tamén a outras persoas que estando en situación de desemprego queiran aumentar a súa formación.

 

 

Programa Actívate 2013

O Concello de Silleda oferta un curso de elaboración de páxinas web dentro do programa Actívate

-O ciclo, gratuito, está destinado para mozos e mozas de entre 16 e 35 anos e as persoas interesadas poden anotarse no Rexistro Municipal ata o 25 de setembro

 

Silleda, 3 de setembro de 2013. O Concello de Silleda, a través dos departamentos de Emprego e de Mocidade, organizará  un curso de Deseño de Páxinas Web, incluído dentro do programa Actívate 2013,  da Deputación Provincial de Pontevedra.

O ciclo, de 40 horas de duración e de carácter gratuito, está dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, con residencia na provincia de Pontevedra. Como mínimo debe de haber 10 alumnos, e como máximo 25. As persoas interesadas xa poden anotarse ata o vindeiro 25 de setembro, realizando a súa solicitude a través dun modelo oficial que se facilitará na Oficina do Rexistro do Concello (pranta baixa da casa consistorial.

 Os horarios e datas estabreceránse unha vez remate o prazo de inscrición. No caso de que o número de solicitantes superase o das prazas ofertadas, terase en conta, en primeiro lugar ás persoas desempregadas (seguido das activas) que non participasen na edición do programa Actívate do ano 2012.

Dende o Concello de Silleda apostase así este ano polas novas tecnoloxías nesta nova iniciativa de formación, un dos sectores que tamén está a ofrecer posibilidades para unha saída labroal ao colectivo dos máis novos, un dos máis castigados pola crise.  

No ano 2012, o protagonista do Plan Actívate en Silleda foi o ciclo de Deseño, Planificación e Desenvolvemento de Actividades de Ocio.