CASA DA XUVENTUDE

Situada na rúa Trasdeza, o edificio foi inaugurado no ano 2003 logo dunha fonda renovación da que foi escola nos anos 50, e tamén centro cultural e biblioteca. Ademais de ser un referente como centro de ocio para mozos e cativos, neste centro, que dispón de servizos como ludoteca, acceso a Internet, e varias salas para impartir cursos, charlas…desenvólvense distintas actividades. Tamén se expide neste centro o Carné Xove. O horario é de luns a domingo de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas. (meter aquí outro apartado titulado “Actividades” para ir colgando a axenda).

 

Enderezo: rúa Trasdeza nº90

Horario: 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas

Teléfono: 986 580064

E-mail: casa.xuventude@silleda.es

FOTOS



Distribución edificio

 

Pranta baixa:

- Hall de entrada con escaleira de subida á prantas 1º e 2º e ascensor.
- Zona esquerda: Destinada a Oficina de Información Xuvenil. Zona esquerda e Fondo: Sala de Xogos Infantil. Espacio Ciber. 
- Zona dereita: Sala de Xogos: Billar, Tenis de Mesa,...
- Servicios.

Primeira pranta:

- Salón de Actos: Proxección de Cine e Sala de Ensaios da Escola de Teatro "Marisa Soto". 
- Aula - a: Salón de Reunións e Escola Municipal de Xadrez.
- Servicios.