A rede de voluntariado de Silleda imparte clases de castelán e árabe na Casa da Xuventude

As clases de idiomas impartidas polo voluntariado de Silleda comezaron en outubro na Casa da Xuventude, con lingua castelá e árabe.  As clases de árabe impartiranse finalmente os xoves (e non os martes, como estaba previsto inicialmente),  en horario de 16.30 a 17.30 para adultos, e para nenos e nenas dende as 17.30 ás 18.30 horas.

As clases de español terán lugar os mércores e xoves de 11.00 a 13.00 horas. Esta iniciativa está aberta non só á poboación inmigrante, senon tamén a todas aquelas persoas que puideran estar interesadas en aprender novos idiomas.

Servizo de tradución

Dende o Concello de Silleda e a rede de voluntariado impulsouse un servizo para a poboación inmigrante que teña dificultades co idioma. Así en colaboración co grupo de voluntarios de Silleda, estabrécese un sistema de mediación para que calquera persoa inmigrante poida poñerse en contacto cos voluntarios, a través do Concello, solicitando o acompañamento dunha persoa que fale o seu idioma para realizar calquera trámite administrativo ou ben acudir ao centro médico.