Os Centros Sociais dos Maiores

O  municipio de Silleda conta con dous centros sociais para persoas maiores, situados nas localidades de Silleda e da Bandeira. 

En ámbolos dous casos véñense realizando distintas actividades, ademais de contar cun horario estable de apertura, no que usuarios acoden a estes espazos para disfrutar das súas instalacións.

Dende outubro de 2012 os centros sociais contan cunha programación estable de actividades, organizadas dende o Clube do Centro Social dos Maiores.

1.    CENTRO SOCIAL DE SILLEDA

Rúa da Chousa Nova 67. Teléfono: 986 592037

Horario de apertura:

De martes a venres, de 15.30 a 19.30 horas (luns pechado)

Sábados e domingos: de 19.00 a 23.00 horas (horario de verán, de abril ata novembro, aproxidamente) e de 18.00 a 22.00 horas (horario de inverno).

**Péchase tamén os festivos que coinciden entre semana.

Servizos: o centro dispón de cafetería, televisión, aparatos ximnásticos para mellorar a mobilidade…

 

Actividades: entre as actividades celebradas neste centro destacan as seguintes:

-Ximnasia terapéutica

-Obradoiro de memoria

-Obradoiro "Divírtome co móbil"

-Sesións de baile (todas as fins de semana ata as 21.30 horas )

-Obradoiros de Arte terapéutica

-Curso de pintura 

-Faladoiro de actualidade

-Clases de inglés

 

2.    Centro Social de A Bandeira

Rúa Maceira Boa nº 10. Baixo

Horario de apertura:

De martes a venres, de  17.00 a 20.00 horas (luns pechado)

Servizos: o centro dispón de cafetería, televisión, e un pequeño ximnasio.

 

Actividades: entre as actividades celebradas neste centro destacan as seguintes:

-Obradoiros de memoria

-Obradoiro "Divírtome co móbil"

-Sesións de baile (os venres)

-Faladoiro de actualidade

Ler mais ...