ORZAMENTO MUNICIPAL 2016

O Pleno do Concello aprobou o 26 de novembro de 2015 o orzamento municipal para o ano 2016

ORZAMENTO MUNICIPAL 2015

Orzamento Municipal 2014

O Pleno do Concello aprobou en setembro de 2013 o orzamento municipal para o exercicio de 2014. 

Orzamento municipal 2013

Unha vez máis, a contención do gasto e a cautela nos ingresos, volven ser as bases do orzamento municipal de 2013, marcado tamén polo pago de sentenzas de lexislaturas anteriores, ás que hai que facer fronte. O esforzo no departamento de Servizos Sociais, no que a partida aumenta en algo máis de 80.000 euros é outro dos puntos destacables das contas municipais, aprobadas inicialmente en pleno o 4 de abril de 2013. 

Plan de Axuste Económico

O 29 de marzo de 2012, o Pleno da Corporación aprobou, por unanimidade de todos os grupos políticos, o Plan de Axuste Económico 2012-2022, ratificado polo Ministerio

O plan contempla distintas medidas, no ámbito dos gastos e dos ingresos, para paliar a grave e difícil situación económica das arcas municipais logo da xestión de gobernos anteriores.

Os recortes en servizos, a suba de taxas ou a reducción da plantilla e de gastos de persoal son algunhas das duras medidas ás que obriga o Real Decreto 4/2012.

A posta en marcha de plans de eficiencia energética, ou a reducción nos desprazamentos, gastos de telefonía, axudas a colectivos ou subvencións a partidos políticos, así coma gastos protocolarios.

Tamén houbo que acudir a un préstamo a longo prazo, por importe de 1,3 millóns de euros, para facerlle fronte as facturas impagadas a proveedores durante lexislaturas anteriores. Prevese acadar un aforro de 275.000 euros a partir do ano 2014.  

Orzamentos e contención do gasto

A contención de gastos correntes, ou facturas antigas sen recoñecer marcan tamén o orzamento municipal de 2012, no que por primeira vez a partida de Persoal é inferior á de gastos correntes. Esta última incrementouse porque sí se contemplan fondos para a prestación de servizos básicos, evitando ter que acudir a recoñecementos extraxudiciais de crédito e situacións de impago.