Cira

 

LUGARES
Altamira, Braña A, Cruz A, Currás Os, Curro O, Fucarelos, Rendo, Santa Baia, Sobrado, Sobrado, Vilacalva, Vilar. Sen aparacer no nomenclátor: Candao O, Carballeira A, Lameira A.

DATOS DE INTERES

É a parroquia situada máis ó norte do municipio, que aquí limitan o Deza e mailo Ulla na súa confluencia. Por outra banda Cira representa a conexión de Silleda coa provincia da Coruña e no aspecto agrícola ven sendo denominada a "Horta de Trasdeza", con importante producción de productos hortofrutícolas como a xudía, tomate, pemento... ata o viño albariño. Na arquitectura civil destaca a Casa de Paizás, solar fundado en 1717, e como atractivo especial a Torre de Cira, que, construída en 1115 polo conde Bermudo Suárez foille arrebatada pola raiña dona Urraca quen en 1121 prendeu por sorpresa ó arcebispo Xelmírez, e sofriu cárcere varios días dentro das súas paredes.