Manuel Colmeiro Guimarás

Nado na parroquia de Chapa , en 1901, como tantos outros ilustres tivo que emigrar a Bos Aires a idade temperá para iniciar os seus primeiros pasos na arte da pintura. En 1926, xa en Galicia, unha beca da Deputación de Pontevedra permítelle viaxar a Madrid e Barcelona, realizando as primeiras exposicións e incorporándose aos movementos de vangarda da época.

En 1949 instálase en París, facéndose amigo de Picasso e centrando a partir de entón a súa pintura en temáticas unidas á paisaxe e o mundo popular galego: feiras, festas e oficios...estructurando a súa obra en grandes manchas de cor, silueteadas en negro e dotadas dun cromatismo tan persoal que a fará inconfundible.

A partir dos anos 60 alternará a súa estancia en París con viaxes periódicas a Galicia instalándose na súa casa de Costela en Margaride. Durante este tempo realizou infinidade de grandes exposicións, destacando, a antolóxica que lle adicou o Museo Español de Arte Contemporánea en 1983.

En 1987 concédeselle o "Premio das Artes" da Xunta de Galicia.