José María Fernández Colmeiro

Nacido en Toxa (Silleda), en 1898, emigra aos 14 anos a Montevideo, onde se gradua en Medicina en 1928, exercendo a profesión ata 1936. No ano 1938 entra a traballar na Fundación Curie, de París, e pouco despois no Insituto de Radium de Universidade parisina, entregándose á investigación e terapéutica do cancro. É nesta etapa cando o doutor Colmeiro alcanza prestixio universal chegando a ser Director da famosa Fundación e recibindo importantes premios e distincións, entre eles o Premio Chevillon da Academia Nacional Francesa de Medicina (1952), polos seus traballos sobre o Tratamento do cancro polos raios X.