José Maril Sánchez

Nacido no 1942, é considerado un dos artífices do despegue económico ocorrido no Concello e ata na Comarca, grazas á tesón posto en favor da creación da Feira Internacional de Galicia.

É presidente da Fundación Semana Verde de Galicia, presidente da Asociación Ferial, director da Lonxa Agropecuaria de Galicia e dende 1997, presidente da Asociación Europea de Feiras Agrícolas. Entre os premios e distincións que se lle outorgaron destacan: Galego do Mes, Teucro de Prata, Araguaney de Ouro, Cruz ao Mérito Agrícola, Membro da Orde da Vieira e o do seu pobo, Sobresainte por Silleda.

Alfredo Ramos López

NACE en CAMPORRAPADO parroquia de Cortegada no ano 1898. Realizou os seus primeiros estudos en Instituto de Pontevedra e se licenciou en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela no ano 1925.

En Madrid especializouse en Obstetricia e Xinecoloxía, realizando tamén estudos de Odontoloxía.

Obtivo a praza de Medicina Xeral, no municipio de Silleda, así como a de Médico Tocólogo, exercendo tamén como Inspector Municipal de Sanidade.

Casouse como Mª Luisa Regina Mosquera Martínez, mestra de recoñecida fama pola súa profesión, trato afable e eterno optimismo, e tivo 5 fillos.

Toda a súa vida profesional caracterizouse por desempeñala dun xeito desinteresado, percorrendo as parroquias e os lugares a calquera hora do día e da noite, dacabalo, pois naqueles tempos as comunicacións eran moi malas e os medios de que dispoñían os médicos escasos, polo que exercer a profesión era case un acto heróico.

Todo isto foi recoñecido polos veciños do municipio, que á súa morte lle erixiron un busto, que se atopa situado no Parque principal da vila, a súa inscripción di:

"Os veciños do municipio de Silleda ao Médico D. Alfredo Ramos López, como testemuño de agradecemento".

Falece o día 18 de Xullo de 1960 en Silleda, consituíndo o seu enterro unha auténtica manifestación popular de dó.

Marisa Soto

Nacida en Silleda o día 19 de Decembro de 1955 pódese considerar como a única actriz profesional que deu a Terra de Trasdeza e toda a Comarca.

Iníciase no mundo das artes escénicas no Colexio Mª Inmaculada da súa vila natal, aparecendo como figura estelar en todas as obras que se representaban na conmemoración da Virxe o día 8 de Decembro.

Xa en Santiago compaxina os seus estudos de Farmacia, que remata, coa súa entrega total ao teatro, participando en numerosas compañías. Así: Antroido, Andrómena, C. Luís Seoane, Teatro Mari Gaila, Malbarache, C.D.G. e Teatro do Adro.

Vitalista, enérxica, activa e entusiasta defensora da súa profesión, esta gran actriz participou activamente na defensa da creación da Asociación de Actores e na organización de numerosos Seminarios e Cursos de Interpretación en Galicia, París, Bos Aires e Moscú. Tamén foron destacados os seus papeis no Cine e a Televisión, en programas tan populares como Pratos Combinados (95-96), Servizo de Urxencia (1989).

Como Premios destaca o "Premio de Dirección" dado en Madeira de Reis, obra representada en Bos Aires no Teatro Xeral San Martín (1994).

Morre en Lebosende no mes de Agosto de 1998.

En Silleda, na súa casa natal, hoxe Casa de Cultura e da Casa dá Xuventude, o destino tíñao así disposto, ten a súa sé a Escola Municipal de Teatro "Marisa Soto".

Adrián Troitiño Alcobre

Nace en Moalde o 3 de Xaneiro de 1869. A falta de futuro da Galicia de finais de século leva a Troitiño aos camiños da emigración, embarcando de polizón rumbo a Bos Aires con tan só 11 anos.

Alí comeza a traballar como panadeiro, incorporándose ao ideal libertario na dirección do seu gremio.

Na súa actividade como sindicalista destacou como representante da Sociedade de Resistencia e Colocación de Obreiros Panadeiros en Montevideo e do Sindicato de Oficios Varios da Vila do Cerro.

Nos primeiros anos do pasado século a súa intensa actividade política e sindical reflíctese na dirección da redacción do xornal O Obreiro, na participación en México, na Conferencia Latino Americana do Traballo e na dirección do Sindicato de Vendedores de Diarios, sendo xestor de a "Casa do Canillita".

Morre o 26 de Maio de 1941 en Montevideo. As súas homenaxes, cunha Avenida adicada ao seu nome en Montevideo, e as mostras multitudinarias de agarimo fan deste silledense un dos máis destacados loitadores sindicais da América Latina, sendo o seu ideal humanístico considerado unha guía para as futuras xeracións do movemento sindical uruguaio.

Ramón Valenzuela Otero

Escritor, nacido en MANDUAS o 3 de Outubro de 1914, cursa estudos de Filosofía e Letras na universidade de Salamanca. A súa militancia política no Partido Galeguista á beira de Castelao e logo no Partido Comunista (1962), marcan unha vida chea de experiencias, que son reflectidas nas súas novelas autobiográficas, Non agardei por ninguén e Era tempo de apandar.

José Vales Maia

Nacido en Manduas, en 1896, alcanzou notable éxito como tenor en Arxentina, a onde chegou como emigrante, sendo moi xoven. Realizou estudos en Milán e sendo discípulo de Pisapia, forma parte de diversas compañías, interpretando como tenor importantes papeis por todo o mundo. En España, debutou en 1927 no Teatro Real de Madrid, coa ópera de Wagner, Lohengrin. Anos antes da súa morte, acaecida en Avellaneda (Bos Aires) en 1976, dirixíu o coro da Casa de Galicia na capital arxentina.

Jesús Villamor

NACIDO EN MATANZAS, Cuba, no ano 1925, é un entrañable personaxe, modelo de emigrante autodidacta que pon ante si a vontade como medio para alcanzar calquera obxectivo. Emigrado en Cuba e viaxeiro incansable, percorre máis de corenta paises,
considérase de profesión xornalista, título que se avala co Premio Nacional de Xornalismo concedido en Cuba en 1956. Escritor incansable, dirixe varios xornais no país caribeño e colabora asiduamente en diferentes medios de comunicación representando a ese pais nos Xogos Olímpicos de México.

Escribíu varias novelas e unha historia de Silleda, lugar ao que volveu para un merecido descanso, aínda que continúa metido en actividades de carácter social, como presidente da Asociación da Terceira Idade.

Vicente Fraiz Andino

Nace en Silleda en 1859 e despois de exercer algún tiempo o maxisterio, márchase para A Habana, en onde puso en marcha diversas iniciativas a favor da cultura galega. Despois do seu regreso a Galicia, en Santiago foi Director da Escuela Normal, presidíu a comisión para o monumento a Rosalía, organizou o gran certame pedaxógico de 1906 e desenvolveu unha amplísima labor para a mellora das escolas rurais e de formación de mestres.

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior