Comezan os preparativos para a celebración da XXVIII Romaría do Rapaz

-A celebración desta festa única e singular terá lugar en Siador o vindeiro 26 de xuño

-Onte celebrouse a primeira das reunións preparatorias co persoal municipal que participa na organización do certame, coordinado pola Concellería de Cultura

A Romaría do Rapaz volverá ao entorno da Saleta, en Siador, o vindeiro domingo 26 de xuño na súa vixésimo sétima edición. Esta festa para os máis cativos, que é xa un referente, comezou a deseñarse hoxe nunha reunión con técnicos e traballadores municipais.

Dende a Concellería de Cultura, que organiza o certame, continuarase apostando polos obradoiros creativos e outras actividades clásicas coma o desfile de modelos con traxes feitos polos nenos e nenas con material de refugallo. Nas vésperas da celebración presentarase publicamente o programa completo da xornada, que incluirá actuacións, música, e numerosas actividades.

A Concellería de Cultura programa unha charla sobre primeiros auxilios en nen@s e bebés dentro do Programa Avelaíña

-Será o sábado 16 de abril no Centro Cultural Vista Alegre de A Bandeira, dirixido a educadores, familias e a todo o público interesado.

Silleda, 31 de marzo de 2016. A Concellería de Cultura de Silleda vén de programar outra das charlas dentro do Programa Avelaíña, a iniciativa dirixida ao público infantil do municipio. Será o sábado día 16 de abril e estará impartido por un médico de Cruz Vermella.

A charla celebrarase no Centro Cultural Vista Alegre de A Bandeira ás 10:30 h. cunha duración de dúas horas. Esta actividade está dirixida principalmente ás familias, así como a educadores/as, aínda que tamén pode asistir calquera persoa interesada.

A participación é gratuíta, aínda que con prazas limitadas, polo que para asistir haberá que anotarse chamando ao Concello de Silleda (986 580 000) ou ben directamente no Centro Cultural Vista Alegre antes do próximo 14 de abril.

Abordaranse tres módulos:

-         Pautas de actuación ante unha situación de emerxencia: conduta PAS, (Protexe, Avisa, Socorre).

-         Primeiros auxilios ante obstrucións da vía aérea por corpo estraño, hemorraxias, feridas, queimaduras, traumatismos …

-         Reanimación cardiopulmonar

CONCURSO FOTOGRÁFICO CLICKTRASDEZA

concurso fotografico "Area de Santiago"

Axenda cultural e de festas

 

 

FEBREIRO

No mes de febreiro celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, data chea de significado polo que esta autora representa para todos os galegos e galegas. Actividades musicais e a chegada do entroido son outras das actividades culturais que van a marcar este segundo mes de 2014.

21 Concerto da Escola de Música Municipal de Bandeira. Auditorio Manuel Dopazo, 21:00 h. Organiza: Escola de Música Municipal, Bandeira.

22 Entroido en Lamela. Desfile de disfraces a partires das 16:00 h, Alto dos Xenerais e baile entroido ás 22:00 h. Organiza: Colectivo Anxela. Colabora: Concellería de Cultura.

¡Achegándonos! Concerto da Banda de Música Municipal de Silleda no Centro Social de Silleda ás 19:00 h. Organiza: Banda de Música Municipal de Silleda e Concellería de Participación Cidadá.

Comezo da actividade ‘Menú de entroido’ en distintos establecementos hosteleiros do Municipio. Organiza: Concellería de Cultura e Turismo.

24 Celebración do Día de Rosalía: Durante esta xornada sucederanse actividades culturais municipais e asociativas en distintos puntos do concello.

27 Obradoiro na Casa da Xuventude: ‘Máscaras de entroido’, a partires das 17:00 h. Organiza: Concellería de Mocidade.

28 Xantar – baile da 3ª idade no Rte. Coteliño, con menú de entroido e animación musical. Organiza: Concellería de Participación Cidadá.

Festa infantil de entroido na Casa da Xuventude ás 17:00 h, con animación e merenda para todos os asistentes. Organiza: Concellería de Mocidade.

Gran Vellada na Bandeira, co percorrido do tractor filloeiro polas principais rúas da vila. Organiza: Asociación Cultura l Xenerais do Entroido da Bandeira. Colabora: Concellería de Cultura.

Inauguración da exposición de pintura Olga González, no Centro Cultural Vista Alegre. Organiza: Asociación Cultural Vista Alegre.

MARZO

Marzo comeza co arrecendo a entroido, coas mascaradas e os Xenerais. A cultura musical non deixa de estar presente durante esta tempada, con concertos e festas parroquiais. A celebración do día mundial do teatro tamén chega ao noso municipio.

1 Entroido na Bandeira. Pola mañá, desfile de cabezudos e a partires das 16:00 h desfile e Alto dos Xenerais. Pola noite, baile de entroido no Pavillón municipal. Organiza: Asociación Cultural dos Xenerais da Bandeira. Colabora: Concellería de Cultura.

Festa infantil de entroido no pavillón municipal César G. Fares de Silleda, con animación e merenda para todos os asistentes. Organiza: Asociación Olaia. Colabora: Concellería de Cultura.

Festa de entroido na parroquia de Parada, a partires das 22:00 con cea, baile e concurso de disfraces. Organiza: Asociación de veciños de Parada. Colabora: Concellería de Cultura.

2 Vellada na parroquia de Graba, a partir das 11:00 na praza da Igrexia. Organiza: Asociación Coto do Castelo. Colabora: Concellería de Cultura.

3 Festa infantil de entroido ás 17:00 no Centro Cultural Vista Alegre, con animación e merenda para todos os asistentes. Organiza: Asociación Cultural Vista Alegre. Colabora: Concellería de Cultura.

8 Comida de entroido na parroquia de Abades. A partires das 14:00 no local social. Organiza: Asoc. A Costa. Concerto TOC TOC de Pablo Díaz, no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira ás 19:30 h, dentro do programa Falaredes. Organiza: Concellería de Cultura, Consellería de Política Lingüísitca.

22 Festa na honra a San José, na parroquia de Cira.

Concerto II Aniversario do Coro Vales Mahía, no Auditorio Manuel Dopazo. Organiza: Coro Vales Mahía.

23 Celebración do Día Mundial do Teatro: Representación ‘A feira da Bandeira’ a cargo do Grupo de Teatro ‘Medias Verdes’ de Bandeira, no Auditorio Municipal Manuel Dopazo ás 18:30 h. Organiza: Grupo de Teatro ‘Medias Verdes’, Asociación Cultural Vista Alegre, Concellería de Cultura.

28 Celebración do Día Mundial do Teatro: A Compañía ‘Os Quinquilláns’ presentan a obra ‘O capricho de Roberto Vidal Bolaño’, na Casa da Cultura de Silleda ás 21:00 h.

ABRIL

Marcado polo comezo dos múltiples festexos parroquiais que teñen lugar no noso municipio, este mes acolle unha gran variedade de actividades culturais, gastronómicas, musicais e de lecer.

5 Festa na honra á Sra. Da Piedade. Cervaña.

Do 11 ao 18 IV Semana da Xuventude. Organiza: Asociación Cultural Coto do Castelo.

12 II Festa dos callos de Ansemil. Organiza: Asoc. veciñal Ansemil – Martixe, Asociación Cultural Gaiteiros da Pereiriña. Colabora: Concellería de Cultura.

13 VII Festival de Bandas Xuvenís de Silleda. Auditorio Semana Verde, 17:00 h. Organiza: Banda de Música Municipal de Silleda. Colabora: Concellería de Cultura.

Do 14 ao 17 Cursiño de música de Semana Santa. Organiza: Banda de música recreativa e cultural de Bandeira.

19 XX Festival de Bandas de Música de Silleda. Auditorio da Semana Verde. 21:00 h. Organiza: Banda de Música Municipal de Silleda. Colabora: Concellería de Cultura.

20 XXVIII Festa da Rosquilla de Abades. Organiza: Asociación de veciños A Costa. Colabora: Concellería de Cultura.

Do 22 ao 25 Semana gastronómica no Centro Cultural Vista Alegre. Organiza: Asociación Cultural Vista Alegre.

23 Actividade infantil ‘Contos para un caldiño’ na Biblioteca Daniel Castelao, con motivo do Día do Libro. Organiza: Concellería de Cultura.

26 Festa na honra a San Marcos, na parroquia de Escuadro.

26 e 27 Festas na honra a San Marcos, na parroquia de Lamela.

** Ao longo deste mes celebraranse varias actividades culturais baixo o lema ‘Mes cultural de axuda ao pobo saharui’. Organiza: Asociación Solidariedade galega co pobo saharaui’. Colabora: Concellería de Cultura.

MAIO

Maio é o mes das Letras. Actividades culturais arredor do Día das Letras Galegas únense con actividades musicais para ser un mes marcado por unha oferta cultural para todas as idades.

10 XVIII Mosta Infantil de Baile Tradicional. Auditorio Manuel Dopazo, Bandeira. Organiza: Asociación Cultural Xirandola. Colabora: Concellería de Cultura.

11 Festa na honra a San Xorxe, na parroquia de Lamela.

13 Festa na honra á Sta. Fátima, na parroquia de Taboada.

16 Entrega de premios ‘III Concurso Microcurtas’ e ‘III Concurso de Microrrelatos’. Concellería de Cultura.

16 Acto cultural con motivo das letras galegas no Centro Cultural Vista Alegre. Organiza: Asociación Cultural Vista Alegre.

16 Actividade infantil ‘Vento e chuvia’ na Biblioteca Municipal Daniel Castelao, con motivo da celebración das Letras Galegas. Organiza: Concellería de Cultura.

17 III Festival de Música Tradicional.

17 e 18 Excursión cultural. Organiza: Asociación Cultural Vista Alegre.

24 I Encontro de corais en Carboeiro. Organiza: Coro Vales Mahía.

31 Concerto de Solistas. Auditorio Manuel Dopazo, Bandeira. Organiza: Banda de música recreativa e cultural de Bandeira.

31 XXV Festival de corais ‘Tardes de Primavera’, no Salón Parroquial ás 21:00 h. Organiza: Coral Polifónica Trasdeza. Colabora: Concellería de Cultura.

** Na segunda quincena de maio terá lugar unha excursión cultural organizada pola Concellería de Participación Cidadá.

XXV Romaría do Rapaz en Siador

O pasado 30 de xullo de 2013 celebrouse no entorno da Saleta de Siador a XXV Romaría do Rapaz, unha edición especial dun evento único e singular que buscará de novo a declaración como Festa de Interese Turístico Galego.

Tradicioneando

 

A Concellería de Cultura e a de Benestar Social promoven a iniciativa “Tradicioneando”, que recolle a visión de maiores e cativos sobre as tradicións de Silleda

 

 As Concellerías de Cultura e de Benestar Social impulsan de forma conxunta unha iniciativa enmarcada no ámbito da interxeneracionalidade. Trátase da edición dun traballo audiovisual que recollerá as impresores dos maiores e dos nenos e nenas de Silleda sobre as tradicións máis arraigadas no noso municipio, coma o entroido, romerías, e outros ámbitos coma o tempo da escola e diversas cuestións relacionadas cos cambios sociais e culturais dos últimos anos.

Baixo o título Tradicioneando, historias de onte e hoxe, con motivo do Día Europeo da Interxeneracionalidade, o 29 de abril comezou  a gravación cos socios do Clube do Centro Social dos Maiores e tamén cos nenos e nenas do municipio . 

Este é o resultado: