Aberto o prazo de inscrición para o Servizo Lúdico Educativo do vindeiro curso

-As solicitudes deben presentarse no Rexistro Municipal ata o vindeiro venres 26 de agosto. As prazas son limitadas

Silleda, 6 de agosto de 2016. A Concellería de Educación de Silleda, que dirixe Pili Peón, vén de abrir o prazo de inscrición no Programa Lúdico Educativo de Apertura de Centros Educativos Públicos fóra do horario lectivo, para o vindeiro curso 2016-2017.

Este programa está destinado ao alumnado de Primaria, de 3 a 12 anos de idade. Os interesados/as en participar deben cubrir un formulario de inscrición e presentalo no Rexistro Municipal, en horario de 09.00 a 14.00 horas. O prazo de presentación das solicitudes remata o vindeiro venres día 26 de agosto.

 Este documento está dispoñible na Casa da Cultura, no propio Rexistro e tamén se pode descargar a través da web municipal (www.silleda.gal). O número de prazas do servizo é limitado.

Preinscrición nas actividades de Nadal e de Verán

Do mesmo xeito, e ao igual que se fixo o pasado ano, o formulario inclúe tamén a posibilidade de reservar xa a praza para os campamentos de Nadal e de Verán, realizando todo na mesma inscrición e evitando así aos usuarios ter que realizar máis trámites.

En este caso coa oferta engadida do CEIP Ramón de Valenzuela de A Bandeira, sempre e cando se acaden un mínimo de 25 participantes. (En Bandeira so se ofertan os campamentos de Nadal e Verán, o Servizo Lúdico ao longo do curso non se oferta).

Coa inscrición hai que axuntar unha serie de documentación, (fotocopia do Libro de Familia, fotocopia da tarxeta sanitaria do/a menor,  declaración da Renda 2015…), entre elas a autorización de domiciliación de recibos, cun formulario que tamén está dispoñible para os usuarios.

Para recibir máis información as familias interesadas poden dirixirse ao departamento municipal de Educación, chamando ao 986 581028.

 

Celebración do Día do Libro nos centros de ensino

O Concello de Silleda vén de adquirir un lote de exemplares da obra “Mascaradas de la península Ibérica”, obra do autor asturiano Óscar J. González, que recolle  diversas manifestacións culturais da celebración do entroido en todo o territorio peninsular. Nas 722 páxinas que forman o libro figuran distintas localidades galegas, entre elas A Bandeira e os seus xenerais. Fotografías antigas cedidas por Manuel García Vázquez e o testimonio verbal deste lexendario xeneral, tamén coñecido como “Manolo de Servando”, forman o apartado adicado á localidade.

Trátase dunha completa radiografía dos entroidos máis arraigados e tradicionais, que xa está  nos catro centros educativos silledenses (CEIP Bandeira, CEIP Silleda, Colexio María Inmaculada e IES Pintor Colmeiro), así coma nas dúas bibliotecas públicas do municipio: a Daniel Castelao de Silleda e a do Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira.

Aproveitando a celebración do  Día do Libro, a concelleira de Educación, Pilar Peón, fixo entrega o pasado 23 de abril de candanseu exemplar desta obra nos centros educativos.  

Axudas para a realización de estudos universitarios durante o curso 2013/14 nas universidades de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a realización de estudos universitarios durante o curso 2013/14 nas universidades de Galicia

Mais información: DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130927/AnuncioG0164-200913-0003_gl.html
 

Servizo lúdico educativo

O Concello de Silleda, a través da Concellería de Educación, puxo en marcha no ano 2007 un espazo lúdico educativo para atender a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade fora do horario lectivo. 

No ano 2015 o servizo foi adxudicado, por un periodo de 4 anos á empresa Maisecola XXI.

Campamento de Verán e English Surf Camp

 A Concellería de Educación abre maña xoves o prazo para anotarse tanto no campamento de verán do Espazo Lúdico Educativo do Concello, para nenos e nenas de Primaria, como no Englis Surf Camp, que terá lugar no albergue de Caldebarcos, no municipio coruñés de Carnota.

No primeiro dos casos, as actividades desenvolveránse entre o 25 e xuño e o 11 de setembro. O horario será de 09.00 a 14.00 horas e pola tarde de 16.00 a 20.00 horas. As actividades celebraranse nos CEIP de Silleda e da Bandeira con xogos, xincanas, multideporte, dramatización, e tamén visita ás piscinas. Tampouco faltarán as excursións na programación do campamento.

Os escolares recibirán unha folla de preinscrición, coas taxas correspondentes, que deberán cumplimentar e entregar no Rexistro do Concello en caso de querer participar. Nos meses de xuño e setembro aboarase a metade da taxa.

Xiro no plantexamento, becas e actividades específicas por franxa de idade

No caso do CEIP da Bandeira, este ano non se estabrecerá un límite de prazas para a celebración do campamento, como viña acontecendo en anos anteriores. Así mesmo, dende a Concellería de Educación, que dirixe Paula Fernández, tamén se está a estudar a posibilidade de que os usuarios se apunten só por media xornada (mañá ou tarde) e que as cuotas se abonen en función da elección, pagando só polo servizo de media xornada e non a completa. “Unha vez que teñamos os datos logo desta etapa de preinscripción veremos como artellamos esta posibilidade”, sinala Paula Fernández. Do mesmo xeito, tamén para o campamento se mantén o sistema de becas estabrecido o mes pasado, para aqueles nenos e nenas con algún membro da unidade familiar en situación de desemprego.

As admisións para o campamento serán tamén por orde de entrega da documentación no rexistro municipal.

En canto as actividades, tamén destaca a programación específica para os nenos e nenas de maior idade (entre 9 e 12 anos), xa que as actividades se estabrecerán en función das franxas de idade. “Estas cuestións enmárcanse no xiro que queremos dar ao plantexamento deste campamento de verán dende o Servizo Lúdico Educativo”, engade Paula Fernández.

Campamento náutico, do 28 de xullo ao 4 de agosto

 

En canto ao English Surf Camp, a cita para nenos e neneas de 12 a 16 anos será do 28 de xullo ao 4 de agosto en Caldebarcos, Carnota. Este campamento de actividade náutica está baseado no deporte náutico e na fala do inglés dende unha visión lúdica e educativa. O prezo é de 250 euros, incluindo actividades, clases e pensión completa. Ademas de sesións de inglés, os participantes poderán disfrutar de actividades coma o bodyboard, bautizo de surf, esnorquel, paddelboard ou surf, así como outras relacionadas co sendeirismo, deporte alternativo, ou bioespazo.

Neste caso tamén se poñerá a disposición do alumnado follas de preinscripción. As reservas admitiranse por orde de entrada no rexistro, xa que as prazas son limitadas.

 

 

 

 

Primeiro festival de curtametraxes Silledos 2013

Estas son as creacións dos nenos e nenas que participan no servizo lúdico-educativo para o noso primeiro festival de curtas