Silleda 10

Visita a web de Silleda10.com

 

O Concello de Silleda promove a iniciativa Silleda 10, unha aposta pola calidade no noso comercio. É un programa municipal para dinamizar e promocionar o comercio local silledense, creando tamén sinerxias coa hostalería e outros sectores, e por ende beneficiando á economía local.

Xogando co número 10, símbolo de calidade, farase unha campaña novidosa e con distintos atractivos para captar a público e potenciais clientes. Serán 10 días de produtos 10 en prezo en calidade, produtos a 10 euros, tendas abertas de 10 da mañá a 10 da noite, descontos 10, sorteo de 10 premios … e o décimo día rematarase cunha xornada de venta na rúa, coincidindo sempre un 6 ou 23, coa intención de recuperar as tradicionais feiras que se celebraban en Silleda nestas datas. A primeira edición de Silleda 10 celebrarase do 14 ao 23 de marzo de 2013, logo da consulta realizada entre os comerciantes. 

A comisión organizadora estará formada por representantes do Concello de Silleda, do sector do comercio e da Mesa Local do Comercio. Poden participar todos os comercios, locales de hostalería ou establecementos de turismo rural que estén interesados nesta iniciativa pioneira, que vén a diversificar a oferta comercial e a dinamizar a economía local. 

Se tes un comercio en Silleda e queres participar preme aquí: MODELO DE DOCUMENTO SILLEDA10.doc - 57,50 Kb.