Excursión a San Paio de Oleiros, en Portugal

O Club do Centro Social dos Maiores organizou o 21 de xaneiro de 2015 unha excursión ao norte de Portugal, visitando a localidade de San Paio de Oleiros, para ver o Belén máis grande do mundo e a cidade de Porto, entre outros.

Excursión á Costa Cántabra

O Club do Centro Social dos Maiores organizou unha expedición á Costa Cántabra entre os días 7 e 10 de outubro de 2014, na que participaron 56 veciños e veciñas. Cudillero, Santander ou Comillas foron algunhas das localidades que se convertiron en parada desta excursión.

Na localidade asturiana de Cullidero, en Asturias

O grupo, coa universidade de Cantabria ao fondo 

Xunto ao pazo da Magdalena, en Santander

 

 

 

Excursión a Torremolinos-Maio de 2014

Do 7 ao 14 de maio, a Concellería de Participación Cidadá a través do Clube do Centro Social dos Maiores organizou unha excursión a Torremolinos, na que participaron 67 veciños e veciñas de Silleda.

A expedición tamén fixo parada en cidades como Cáceres, Sevilla, Toledo, Nerja, Ronda ou Ávila.

Excursión a Salamanca e Zamora

Un grupo de 56 persoas viaxou entre os días 25 e 26 de outubro ás cidades de Salamanca e Zamora, nunha expedición organizada dende o Clube do Centro Social dos Maiores e a Concellería de Participación Cidadá.

Excursión ao balneario de Aguas Santas en Pantón

Un grupo de maiores silledense viaxou ao balneario de Augas Santas, en Pantón (Lugo) para disfrutar dunha xornada termal. Ademais tamén visitaron unha bodega da Ribeira Sacra.

Excursión a Benidorm

O Clube do Centro Social dos Maiores de Silleda organizou unha excursión a Benidorm, do 20 ao 26 de maio de 2013, na que participaron preto de 40 persoas. A viaxe contou cunha parada no traxecto de ida na cidade de Aranjuez, onde os participantes visitaron o Palacio Real e os xardíns, entre outros, e outra na cidade de Segovia, ao regreso. Tamén disfrutaron de distintas actividades durante a súa estancia na cidade alicantina. 

Traballos realizados