O curso de Apicultura do Centro de Desenvolvemento Agrario celebrarase durante 4 xornadas nos meses de xaneiro e febreiro

Silleda, 5 de outubro de 2016.  O curso de iniciación á Apicultura que organiza o Centro de Desenvolvemento Agrario de Silleda celebrarase a principios do vindeiro ano 2017. En concreto, o ciclo –unha das novidades na oferta deste ano e que está a despertar un grande interés- terá lugar en xornada de sábado, os días 14, 21 e 28 de xaneiro e o 4 de febreiro. Celebrase na Casa da Cultura de Silleda, impartido por personal da Asociación Galega de Apicultura, en horario de 16:00 a 19:00 horas.

O curso ten un prezo de 30 euros, que será de 15 euros no caso daquelas persoas que acrediten estar en situación de desemprego. Este desconto aplícase aos outros cinco ciclos do Centro de Desenvolvemento Agrario, un dos proxectos máis ambiciosos do Concello de Silleda que se coordina dende a Concellería de Medio Rural, que dirixe Jesús Taboada.

O ciclo de Iniciación á Apicultura consta de 9 módulos, nos que figuran temas relacionados coa lexislación no sector, guía de boas prácticas agrícolas, sanidade apícola, flora melífela, e un módulo especial adicado á vespa velutina, especie que se extendeu nos últimos meses e do se retiraron numerosos avispeiros pola zona.

Tamén se abordarán cuestións relacionadas coas colmeas e os utensilios do apicultor; reproducción das abellas, ou a comercialización e prezos da mel. Falarase ademais da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia e de producción ecolóxica.

Este é un dos seis cursos que segue a ofertar o Centro de Desenvolvemento Agrario, unha iniciativa na que ten como grande obxectivo poñer en valor o rural e o sector primario.

Na oferta, co desconto para desempregados, figuran un curso de xardinería básica; de poda e enxerto; de horata ecolóxica; plantas medicinais e aromáticas e  Plantas que curan plantas (coa aplicación en árbores e cultivos de plantas con propiedades antifugicidas e enraizantes, entre outras, coma o allo, fento, dente de león…)

Completan a oferta  novidades as xornadas micolóxicas que se desenvolverán os días 28 e 29 de outubro e 4 e 5 de novembro, incluíndo ademais do curso saídas ao monte e un obradoiro de cociña nun restaurante da localidade.. Os cursos teñen un prezo de 15 de euros, agás o de Apicultura (30 euros) e as xornadas (25 euros).

Para a súa celebración precísase un mínimo de 10 alumnos por curso. As persoas e colectivos  interesados poden anotarse no Concello ou recibir máis información chamando ao 986 580000.

 

Voltan os obradoiros de cociña do programa de coeducación para nenos/as e mozos/as de Silleda

Silleda, 5 de outubro de 2016. O programa Coeducamos, promovido pola Concellería de Igualdade e Benestar de Silleda, volta este mes coa finalidade de afianzar no ensino e na familia os valores os valores e prácticas coeducativas.

A iniciativa comezará coa actividade “Os saberes diarios”, un obradoiro de cociña para nenos/as e adolescentes que leva xa varios anos colleitando éxitos. Romper cos roles asignados a mulleres e homes pola sociedade, sensibilizar pola educación en igualdade, fomentar a idea de que as tarefas domésticas no son cousa de mulleres senón de persoas, mellorar a calidade nutricional de nenas e nenos a través da educación e conciencialas sobre a importancia de adquirir hábitos saudables, constitúen o obxectivo desta actuación.

A proposta, coordinada dende o Centro de Información á Muller (CIM,) de Silleda, consiste en sensibilizar a nenas e nenos, mozas e mozos  cara aos alimentos e a cultura gastronómica.  Haberá dous grupos de idade: de 5 a 10 anos e de 11 a 17 anos.

As persoas interesadas poden inscribirse no CIM de Silleda, situado nas dependencias do Centro Social (986 592037) dende pasado mañá venres día 6 e ata o vindeiro venres 14.

Nesta edición só participarán 10 nenos/as por grupo, tendo prioridade aqueles que non participaran con anterioridade nestes mesmos obradoiros e os nenos e nenas que proveñan de familias en situación de vulnerabilidade.

Estes obradoiros, subvencionados pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, son totalmente gratuitos e darán comezo o vindeiro día 24 de outubro nas dependencias do Centro Social.  O grupo dos pequenos terán sesión os luns de 17:00 a 18:30 e o de adolescentes os martes, no mesmo horario.

 

 

A Concellería de Benestar Social programa novas actividades para o colectivo de maiores

Silleda, 3 de outubro de 2016. A Concellería de Benestar Social, a través do Club do Centro Social dos Maiores, vén de programar novas actividades que darán comezo o vindeiro mes de outubro.

Así na oferta figuran desde obradoiros para familiarizar aos maiores coas novas tecnoloxías ata traballos de creación artística ou de práctica de exercicio físico.

“Ao igual que en anos anteriores queremos ofertar aos nosos maiores propostas variadas que lles axuden a manterse activos tanto no aspecto físico como emocional, a maioría delas sen custes para os usuarios”, explica a concelleira Pili Peón.

Así a oferta inclue de novo o obradoiro Divírtome co móbil (que terá lugar os luns na Casa da Cultura de Silleda de 11.30 a 12.30 e os mércores no Centro Social da Bandeira, de 11.30 a 12.30) e o denominado Acendo o ordenador, para familiarizar aos maiores coa informática e  Internet (os xoves de 11.00 a 12.00 na Casa da Cultura de Silleda).

O obradoiro de memoria tamén figura na axenda para os vindeiros meses, e celebrarase os martes de 11:30 a 12:30 na Casa da Xuventude de Silleda e os venres de 11:30 a 12:30 no Centro Social da Bandeira.

Estas tres actividades son gratuitas.

No caso de actividades artísticas, a oferta inclue dúas actividades que ser realizarán na Casa da Xuventude. Alí haberá un curso de pintura (a partir de xaneiro) que se celebrará os mércores de 11.00 a 12.00. Tamén se celebrarán sesións de manualidades coa actividade Traballo coas mans, os mércores de 15.30 a 16.30. Estas dúas actividades son gratuitas pero non inclúen o material.

Por último, nos vindeiros días dará comezo o curso  ximnasia terapéutica e iniciación a pilates, todos os martes e xoves de 10.15 a 11.30 no Centro Social dos Maiores de Silleda. O custe é de 15 euros ao mes.

Calendario de celebracións

Por outra banda na axenda do Club do Centro Social dos Maiores tampouco faltarán a celebración de datas sinaladas nos vindeiros meses, coma o magosto ou as Festas de Nadal, das que se irá dando conta nas vindeiras semanas.

Viaxe a Euskadi

Así mesmo, mañá martes 54 veciños e veciñas de Silleda parten cara a Euskadi na excursión organizada dende a  Concellería de Benestar Social,. A viaxe terá lugar ata o venres día 7, con visitas tamén a outras cidades nos traxectos de ida e volta.

Na primeira xornada, o martes 4 de outubro, a expedición visitará a cidade de Burgos para partir despois cara a Bilbao. Na xornada do día 6 a excursión trasladarase a Donosti, con visita ao centro histórico entre outros enclaves. Tanto en Bilbao como en Donosti haberá visitas guiadas. Xa na xornada de regreso, o venres día 7, o grupo visitará no traxecto de regreso a cidade de León.

A Concellería de Benestar Social programa unha excursión a La Rioja do 6 ao 9 de outubro

Silleda, 4 de setembro de 2015. O Club do Centro Social dos Maiores e a Concellería de Benestar Social programan para o vindeiro mes de outubro unha excursión a La Rioja. A expedición partirá o martes 6 de outubro dende os centros sociais de Silleda e da Bandeira cara a terras rioxanas. Nesa mesma xornada visitarán a localidade de Haro e as súas famosas bodegas. O mércores día 7 a excursión trasladarase a Laguardia, Logroño e Santo domingo da Calzada.

O programa continúa o xoves día 8 con visitas a terras navarras, en concreto á capital, Pamplona e a cidade de Estella, tamén coñecida como “a Toledo do norte”. Xa na última xornada do venres día 9, a expedición silledense regresa con parada na cidade leonesa de Astorga.

O prazo de inscrición ábrese o vindeiro xoves día 10 e as persoas interesadas poden anotarse na Casa da Cultura (ou chamando ao 986 581028). O prezo da viaxe e de 230 euros por persoa. As prazas son limitadas.

Volta o programa de actividades de Silleda Activa

 

Silleda, 6 de novembro de 2014. As actividades postas en marcha pola  Concellería de Participación Cidadá, que dirixe Pilar Peón, para o  Clube do Centro Social dos Maiores, dentro  do programa Silleda Activa, voltan a partir deste mes. Todas as actividades, agás a ximnasia, son gratuitas.

Así, logo do inicio das clases de ximnasia de mantemento no Centro Social de Silleda, a vindeira semana comezarán outras tres actividades.

Un ano máis o programa Silleda activa volve contar co obradoiro titulado Divírtome co móvil, no que se axuda aos participantes a acadar un mellor nivel formativo no coñecemento de novas tecnoloxías, en particular do uso do teléfono móvil, para sacarlle un mellor partido. Celebrarase todos os luns, durante este mes e o de decembro, na Casa da Xuventude de Silleda (en horario de 11.30 a 12.30 horas) e os martes, de 11.00 a 12.00 no Centro Social dos Maiores da Bandeira.

Tamén nas xornadas dos martes e do xoves se están a impartir as clases de ximnasia no Centro Social de Silleda (de 10.00 a 11.15 horas)

O Obradoiro de Memoria, baixo o título Exercita a túa mente, e outra das actividades do programa , con sesión para previr a perda de memoria a través dun entrenamento mental para mellorar o bo estado psíquico e sensorial dos maiores. Celebrarase os mércores, na Casa de Xuventude (de 11.30 a 12.30) e os venres, en horario de 11.00 a 12.00 no Centro Social da Bandeira.

A outra das actividades, baixo o título Acendo o ordenador, consiste na celebración dun taller no que os maiores aprenderán a utilizar o ordenador e a incorporalo como unha ferramenta máis da vida diaria. Este obradoiro terá lugar na Casa da Cultura de Silleda

Para anotarse as persoas interesadas poden chamar  aos teléfonos 986 592037, 986 580064, ou ben anotarse directamente nos Centros Sociais dos Maiores de Silleda e da Bandeira.

TALLER DE MEMORIA

 

Resulta evidente que a idade é un factor importante a ter en conta nos fallos de memoria, sen embargo está comprobado cómo outra serie de variables persoais e ambientais, teñen un peso específico tan importante ou incluso maior.

Factores ambientais como a xubilación, a disminución de estimulación cognitiva por menores exixencias do medio ou por falta de costume, o uso de ferramentas como a calculadora, a memoria nos teléfonos, axendas e reloxos con alarma, o estres, a ansiedade e a depresión son tamén, factores moi presentes nas persoas maiores que dificultan un funcionamento satisfactorio.

Pese a que existen demencias potencialmente reversibles, a maioría non ten cura aínda que si tratamento. Un tratamento que axude a desacelerar a evolución do deterioro.

 

OBXECTIVOS:

O seu obxectivo xeral é manter e/ou mellorar as diversas capacidades cognitivas das persoas maiores con deterioro cognitivo así como retardar o seu

proceso neurodexenerativo.

 

Obxectivos Específicos:

-Estimular vías neurolóxicas pouco activas e procesos cognitivos que compensen o deterioro

-Incorporar ós suxeitos a un hábito de exercicio e atención

-Mellorar as interaccións sociais das persoas maiores

-Descubrir e potenciar as habilidades de cada persoa co fin de fortalecer a súa estima

 

DESTINATARIOS:

Os destinatarios do Programa son os Maiores do concello de Silleda.

As actividades levaranse no Centro Social dos Maiores de Silleda, en horario de 11:00 a 12:00 horas, os seguintes mércores:

  • 24 de outubro

  • 7 e 21 de novembro

  • 5 e 19 de decembro

 

METODOLOXÍA:

A impartición do curso será teórico-práctica:

En primeiro lugar farase unha breve explicación teórica da materia que vamos a tratar na sesión.

A continuación faranse unha serie de exercicios, explicados previamente pola coordinadora para avaliar a capacidade de comprensión da teoría e por en práctica os coñecementos adquiridos.

Para finalizar entregaránselle uns exercicios para realizar na casa e entregar na próxima sesión (do contido visto na clase).

OBRADOIRO DIVÍRTOME CO MÓBIL

 

Dende a Centro Social de Maiores, xurde a idea de elaborar un proxecto de alfabetización, destinado as persoas maiores de 65 anos, que merecen unha atención preferente por diferentes circunstancias das súas vidas, non levaron un proceso educativo normalizado ou non puideron alcanzar un bo nivel de formación nas diferentes áreas de aprendizaxe e agora, cando son adultos, desexan elevar o nivel de formación, unhas veces por pura satisfacción e outras para que os axude a desenvolverse mellor na sociedade actual.

 

OBXECTIVOS:

O seu obxectivo xeral é utilizar técnicas de aprendizaxe e mellora tanto de lectura como de escritura para aquelas persoas maiores que non puideron aprender a ler e a escribir de forma correcta, ou ben potenciar a competencia electro escrita, ou simplemente queiran evitar erros.

Pero tamén contamos con uns obxectivos específicos para cada apartado:

a) En canto á lectura:

-Adquirir o nivel de lectura que lles permita o seu uso funcional, práctico, nas actividades diarias ( por exemplo, ler o xornal )

-Fomentar a adquisición de hábitos de lectura nos seus momentos de ocio, como entretemento

b) En canto á escritura:

-Capacitar ao alumno/a en tarefas de lecto-escritura sinxelas e útiles na vida diaria

-Capacitar o alumno/a na capacidade de escribir pequenos mensaxes que recibe oralmente de outras persoas ou que el mesmo quere transmitir

DESTINATARIOS:

Os destinatarios do Programa son os Maiores do concello de Silleda.

As actividades levaranse no Centro Social dos Maiores de Silleda, en horario de 11:00 a 12:00 horas, os seguintes mércores:

  • 17 e 31 de outubro

  • 14 e 28 de novembro

  • 12 e 26 de decembro

 

METODOLOXÍA:

A impartición do curso será teórico-práctica:

En primeiro lugar farase unha breve explicación teórica da materia que vamos a tratar na sesión.

A continuación faranse unha serie de exercicios (facilitaráselle unha folla na que aparecerá escrito o exercicio a ordenador), explicados previamente pola coordinadora para avaliar a capacidade de comprensión da teoría e por en práctica os coñecementos adquiridos.

Para finalizar entregaránselle uns exercicios para realizar na casa e entregar na próxima sesión (do contido visto na clase).

 

ACTIVIDADES:

O uso do teléfono móbil:

Dentro deste proxecto de alfabetización, xurdiu a idea dun apartado dirixido o uso desta nova tecnoloxía, porque o teléfono móbil é unha das máis empregadas hoxe en día. Moita xente a pesar de contar con un exemplar non o sabe empregar máis alá de chamar ou descolgar. Por iso esta iniciativa pretende que aquelas persoas maiores do concello de Silleda, asistan a este taller para aprender a usar o teléfono como o resto da sociedade e para consultar calquera dúbida existente. 

 

OBXECTIVOS:

-Lograr que usen as diferentes funcións do teléfono móbil: gardar un número na axenda, enviar/ler mensaxes, etc

-Familiarizarse coa nova tecnoloxía

-Sentirse integrados no mundo das novas tecnoloxías

 

DESTINATARIOS:

Os destinatarios do Programa son os Maiores do concello de Silleda.

As actividades levaranse no Centro Social dos Maiores de Silleda, en horario de 11:00 a 12:00 horas, os seguintes mércores:

  • 17 e 31 de outubro

  • 14 e 28 de novembro

  • 12 e 26 de decembro

 

 

METODOLOXÍA:

Comezamos cunha breve presentación e introdución do que pretendemos conseguir con este taller. Debemos deixar claro que o máis importante non é ensinarlles a maior cantidade de cousas senón que aquilo que aprendan o saiban ben.

O taller do uso do teléfono móbil será dividido en tres partes:

Os coñecementos a alcanzar na primeira parte:

-Apagar e prender o teléfono

-Coñecer o teclado do teléfono

-Gardar un número de teléfono na axenda

-Chamar dende a axenda telefónica

 

Os coñecementos a alcanzar na segunda parte:

-Escribir, ler e enviar unha mensaxe de texto

-Ver unha chamada perdida

 

Os coñecementos a alcanzar na terceira parte:

-Usar as cámaras fotográficas

-Ver fotografías realizadas

-Aclarar dúbidas existentes

 

Para este taller, é preciso que os asistentes acudan co seu teléfono móbil particular.

XIMNASIA DE MANTEMENTO

 

Este programa está baseado nun conxunto de actividades encamiñadas: á conservación e á mellora da condición física, mediante o exercicio periódico e continuo.

Os exercicios de mantemento que se realizarán neste programa, comprenden unha serie de movementos sinxelos nos que se utilizan as principais articulacións do corpo como son: a cabeza, a columna vertebral, os brazos e as pernas.

OBXECTIVOS:

  • Recuperar a forza perdida ao longo dos anos

  • Diminuír tanto as dores articulares, como musculares

  • Mellorar a flexibilidade e mobilidade articular

  • Alcanzar un maior control e coñecemento do seu propio corpo

  • Prever lesións de tipo xeral incidindo en posturas corporais saudables

DESTINATARIOS:

Os destinatarios do Programa son os Maiores do concello de Silleda.

As actividades levaranse no Centro Social dos Maiores de Silleda, en horario de 10:00 a 11:15 horas os martes e xoves dende o mes de outubro ata o mes de xuño, ambos incluídos.

METODOLOXíA:

As clases de ximnasia de mantemento van encamiñadas  a  unha adquisición e mantemento da forza, da resistencia,  da  elasticidade muscular  e a  flexibilidade  articular a través de exercicios de forza resistencia.

Trátase, ante todo, duna metodoloxía de traballo que presenta todo tipo de propostas motrices propias de distintas técnicas corporais, mediante as que pretenden o adestramento de habilidades psico-sociomotrices que faciliten as persoas maiores a optimización das demandas que o entorno lles require.

Así, as leccións de psicomotricidade configúranse mediante:

- Situacións e experiencias motrices propias da expresión corporal

- Actividades simbólicas

- Situacións lúdicas, xogos populares e cooperativos

- Exercicios propios das ximnasias suaves e a ximnasia de mantemento