Silleda no móbil

No ano 2013 o departamento municipal de Comunicación Social puxo en marcha o programa Silleda no móbil, para informar á cidadanía de axudas, cursos, actividades culturais....Un programa que naceu primeiro co envío de SMS e que actualmente se realiza a través de Whatsapp. Para suscribirse hai que cubrir o formulario que se adxunta e entregalo no Concello ou ben remitilo ao enderezo electrónico info@silleda.gal

 

Boletín Municipal Silleda Info

Dende o Gabinete de Prensa do Concello de Silleda, ademais da elaboración e difusión de notas que se remiten a diario aos medios de comunicación, tamén se elabora o boletín Silleda Info, no que se recollen informacións de interese para os veciños e veciñas do municipio. Este boletín distribúese en centros municipais e nos centros sociais das parroquias. Ademais de procurar ampliar a periodicidade desta publicación, dende este departamento municipal tamén se pretende contar coa información aportada por asociacións e colectivos. Así, se algunha entidade está interesada en difundir algunha das súas accións ou actividades, pode poñerse en contacto co Concello para enviar, coa antelación suficiente, os contidos que queiran que se publiquen no boletín.

Do mesmo xeito, o gabinete de prensa do Concello tamén está a disposición dos colectivos e asociacións para a difusión de eventos ou actividades que organicen.  

Redes Sociais e Web Municipal

O Concello de Silleda tamén está presente nas redes sociais (Facebook e Twitter) coa intención de difundir tamén novas e informacións de interese xeral. A xestión e actualización da web municipal é outra das funcións do departamento de Comunicación Social.  

 

Twitter Facebook