Plan de Aforro Enerxético

Dende agosto de 2012, a Concellería de Obras e Servizos puxo en marcha un plan de aforro no alumeado público para reducir o custe da factura eléctrica, unha medida contemplada no Plan de Axuste ordeado dende o Goberno Central.

Este plan contempla, ademais do apagado dun 35% das farolas no rural, a discriminación horaria nos cascos urbanos (a partir das 23.30 horas), así como cambios na tarificación, ou a reducción na potencia lumínica.

Púxose en marcha de xeito gradual en agosto de 2012, dando xa como resultado unha rebaixa de 4.000 euros na factura no primeiro mes de aplicación. Os bos resultados do programa de aforro apuntan a unha posible reposición dos puntos de luz de cara ao vindeiro mes de xaneiro .

Os veciños que queiran formular reclamacións relacionadas con este plan de aforro poden presentar un escrito no Rexistro Municipal ou enviala premendo aquí