Recollida de neumáticos para gandeir@s

O Concello, a través da Concellería de Medio Ambiente e Medio Rural, puxo en marcha outro novo servizo para os veciños e veciñas do rural: o de recollida de neumáticos. Neste caso, os propios particulares terían que asumir o custe, pero só o  da reciclaxe (xa que o transporte é gratis). As taxas son as seguintes:

Rodas de turismos: 1,30 euros/ por unidade

Rodas de furgoneta: 2,10 euros/unidade

Rodas de camión ou tractor:  7,25 euros/ unidade

Recollida de Papel Cartón

Dende a Concellería de Medio Ambiente coordinase un  servizo de recollida de papel e cartón, de xeito gratuito, para os establecementos comerciais e empresas de Silleda, A Bandeira e as localidades próximas a estes dous núcleos. O servizo realízase todos os venres. Aqueles establecementos que estén interesados en contar con este servizo, deben de poñerse en contacto co Concello, chamando ao 986 580000. 

Para explotacións agrarias

Do mesmo xeito tamén se conta cun servizo de recollida de papel-cartón procedente das explotacións gandeiras. Neste caso a recollida realízase ao mesmo tempo que a recollida de neumáticos.

 

Recollida de aceites domésticos usados

No municipio de Silleda hai a día de hoxe un total de 4 colectores para depositar os aceites domésticos usados, a fin da súa reciclaxe para convertilos en biodiesel.

En Silleda están situados na Rúa República Arxentina, na Praza da Feira Vella e na Avenida do Parque

Na Bandeira, o colector está na praza do Entroido.

Dende a Concellería de Medio Ambiente tamén se reparten de xeito gratuito embudos para facilitar o depósito dos aceites. Poden recollerse na Casa da Cultura de Silleda e no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira. 

Así mesmo, os restaurantes e locais hostaleiros también poden solicitar á Concellería bidóns de 50 litros, tamén gratuitamente, para gardar os aceites usados. Os interesados deben de chamar ao 986 580000.

Recollida de Plásticos Agrícolas

A Concellería de Medio Rural e Medio Ambiente dispón dun servizo gratutito para a recollida de plásticos agrícolas (de silos e invernadoiros) durante todo o ano. Os interesados deben de chamar ao 986 580000.