1º TRIMESTRE (OUTUBRO-DECEMBRO)

 

XIMNASIA DE MANTEMENTO

Este programa está baseado nun conxunto de actividades encamiñadas á conservación e á mellora da condición física, mediante o exercicio periódico e continuo.

Os exercicios de mantemento que se realizarán neste programa, comprenden unha serie de movementos sinxelos nos que se utilizan as principais articulacións do corpo como son: a cabeza, a columna vertebral, os brazos e as pernas.

OBXECTIVOS:

  • Recuperar a forza perdida ao longo dos anos

  • Diminuír tanto as dores articulares, como musculares

  • Mellorar a flexibilidade e mobilidade articular

  • Alcanzar un maior control e coñecemento do seu propio corpo

  • Prever lesións de tipo xeral incidindo en posturas corporais saudables

DESTINATARIOS:

Os destinatarios do Programa son os Maiores do concello de Silleda.

As actividades levaranse no Centro Social dos Maiores de Silleda, en horario de 10:00 a 11:15 horas os martes e xoves dende o mes de outubro ata o mes de xuño, ambos incluídos.

METODOLOXíA:

As clases de ximnasia de mantemento van encamiñadas  a  unha adquisición e mantemento da forza, da resistencia,  da  elasticidade muscular  e a  flexibilidade  articular a través de exercicios de forza resistencia.

Trátase, ante todo, duna metodoloxía de traballo que presenta todo tipo de propostas motrices propias de distintas técnicas corporais, mediante as que pretenden o adestramento de habilidades psico-sociomotrices que faciliten as persoas maiores a optimización das demandas que o entorno lles require.

Así, as leccións de psicomotricidade configúranse mediante:

 

- Situacións e experiencias motrices propias da expresión corporal

- Actividades simbólicas

- Situacións lúdicas, xogos populares e cooperativos

- Exercicios propios das ximnasias suaves e a ximnasia de mantemento

 

 

TALLER DE ALFABETIZACIÓN

Dende a Centro Social de Maiores, xurde a idea de elaborar un proxecto de alfabetización, destinado as persoas maiores de 65 anos, que merecen unha atención preferente por diferentes circunstancias das súas vidas, non levaron un proceso educativo normalizado ou non puideron alcanzar un bo nivel de formación nas diferentes áreas de aprendizaxe e agora, cando son adultos, desexan elevar o nivel de formación, unhas veces por pura satisfacción e outras para que os axude a desenvolverse mellor na sociedade actual.

 

OBXECTIVOS:

O seu obxectivo xeral é utilizar técnicas de aprendizaxe e mellora tanto de lectura como de escritura para aquelas persoas maiores que non puideron aprender a ler e a escribir de forma correcta, ou ben potenciar a competencia electro escrita, ou simplemente queiran evitar erros.

Pero tamén contamos con uns obxectivos específicos para cada apartado:

 

a) En canto á lectura:

-Adquirir o nivel de lectura que lles permita o seu uso funcional, práctico, nas actividades diarias ( por exemplo, ler o xornal )

-Fomentar a adquisición de hábitos de lectura nos seus momentos de ocio, como entretemento

b) En canto á escritura:

-Capacitar ao alumno/a en tarefas de lecto-escritura sinxelas e útiles na vida diaria

-Capacitar o alumno/a na capacidade de escribir pequenos mensaxes que recibe oralmente de outras persoas ou que el mesmo quere transmitir

DESTINATARIOS:

Os destinatarios do Programa son os Maiores do concello de Silleda.

As actividades levaranse no Centro Social dos Maiores de Silleda, en horario de 11:00 a 12:00 horas, os seguintes mércores:

 

  • 17 e 31 de outubro

  • 14 e 28 de novembro

  • 12 e 26 de decembro

 

METODOLOXÍA:

A impartición do curso será teórico-práctica:

En primeiro lugar farase unha breve explicación teórica da materia que vamos a tratar na sesión.

A continuación faranse unha serie de exercicios (facilitaráselle unha folla na que aparecerá escrito o exercicio a ordenador), explicados previamente pola coordinadora para avaliar a capacidade de comprensión da teoría e por en práctica os coñecementos adquiridos.

Para finalizar entregaránselle uns exercicios para realizar na casa e entregar na próxima sesión (do contido visto na clase).

 

ACTIVIDADES:

O uso do teléfono móbil:

Dentro deste proxecto de alfabetización, xurdiu a idea dun apartado dirixido o uso desta nova tecnoloxía, porque o teléfono móbil é unha das máis empregadas hoxe en día. Moita xente a pesar de contar con un exemplar non o sabe empregar máis alá de chamar ou descolgar. Por iso esta iniciativa pretende que aquelas persoas maiores do concello de Silleda, asistan a este taller para aprender a usar o teléfono como o resto da sociedade e para consultar calquera dúbida existente. 

 

OBXECTIVOS:

-Lograr que usen as diferentes funcións do teléfono móbil: gardar un número na axenda, enviar/ler mensaxes, etc

-Familiarizarse coa nova tecnoloxía

-Sentirse integrados no mundo das novas tecnoloxías

 

DESTINATARIOS:

Os destinatarios do Programa son os Maiores do concello de Silleda.

 

As actividades levaranse no Centro Social dos Maiores de Silleda, en horario de 11:00 a 12:00 horas, os seguintes mércores:

  • 17 e 31 de outubro

  • 14 e 28 de novembro

  • 12 e 26 de decembro

 

 

METODOLOXÍA:

Comezamos cunha breve presentación e introdución do que pretendemos conseguir con este taller. Debemos deixar claro que o máis importante non é ensinarlles a maior cantidade de cousas senón que aquilo que aprendan o saiban ben.

 

O taller do uso do teléfono móbil será dividido en tres partes:

Os coñecementos a alcanzar na primeira parte:

-Apagar e prender o teléfono

-Coñecer o teclado do teléfono

-Gardar un número de teléfono na axenda

-Chamar dende a axenda telefónica

 

Os coñecementos a alcanzar na segunda parte:

-Escribir, ler e enviar unha mensaxe de texto

-Ver unha chamada perdida

 

Os coñecementos a alcanzar na terceira parte:

-Usar as cámaras fotográficas

-Ver fotografías realizadas

-Aclarar dúbidas existentes

 

Para este taller, é preciso que os asistentes acudan co seu teléfono móbil particular.

 

 

TALLER DE MEMORIA

Resulta evidente que a idade é un factor importante a ter en conta nos fallos de memoria, sen embargo está comprobado cómo outra serie de variables persoais e ambientais, teñen un peso específico tan importante ou incluso maior.

Factores ambientais como a xubilación, a disminución de estimulación cognitiva por menores exixencias do medio ou por falta de costume, o uso de ferramentas como a calculadora, a memoria nos teléfonos, axendas e reloxos con alarma, o estres, a ansiedade e a depresión son tamén, factores moi presentes nas persoas maiores que dificultan un funcionamento satisfactorio.

 

Pese a que existen demencias potencialmente reversibles, a maioría non ten cura aínda que si tratamento. Un tratamento que axude a desacelerar a evolución do deterioro.

 

OBXECTIVOS:

O seu obxectivo xeral é manter e/ou mellorar as diversas capacidades cognitivas das persoas maiores con deterioro cognitivo así como retardar o seu

proceso neurodexenerativo.

 

Obxectivos Específicos:

-Estimular vías neurolóxicas pouco activas e procesos cognitivos que compensen o deterioro

-Incorporar ós suxeitos a un hábito de exercicio e atención

-Mellorar as interaccións sociais das persoas maiores

-Descubrir e potenciar as habilidades de cada persoa co fin de fortalecer a súa estima

 

DESTINATARIOS:

Os destinatarios do Programa son os Maiores do concello de Silleda.

As actividades levaranse no Centro Social dos Maiores de Silleda, en horario de 11:00 a 12:00 horas, os seguintes mércores:

  • 24 de outubro

  • 7 e 21 de novembro

  • 5 e 19 de decembro

 

METODOLOXÍA:

A impartición do curso será teórico-práctica:

En primeiro lugar farase unha breve explicación teórica da materia que vamos a tratar na sesión.

A continuación faranse unha serie de exercicios, explicados previamente pola coordinadora para avaliar a capacidade de comprensión da teoría e por en práctica os coñecementos adquiridos.

Para finalizar entregaránselle uns exercicios para realizar na casa e entregar na próxima sesión (do contido visto na clase).

 

BAILE DE SALÓN

 

Certo é que o baile non ten idade, pero as idades aportan unha serie de circunstancias e connotacións que establecen certas diferenzas á hora de impartir clases de baile e sobre todo cando falamos de grupos da terceira idade.

Esta modalidade, serve como terapia para saír do seu illamento persoal, para liberar tensións e bloqueos, para desconectar da rutina, para levantar o ánimo, ou tamén polo excelente traballo cardiovascular que beneficia o corazón e a queima de calorías.

 

OBXECTIVOS:

  • Desenrolar as súas calidades psicomotrices, mellorar a resistencia física e tonificar os seus músculos

  • Fomentar a relación con outras persoas dunha maneira fácil e sinxela que lles axuda a mellorar a súa estima e a superar a timidez

  • Desenrolar a disciplina e o autocontrol

  • Estimular a creatividade

 

DESTINATARIOS:

Os destinatarios do Programa son os Maiores do concello de Silleda.

As actividades levaranse no Centro Social dos Maiores de Silleda e de Bandeira, no seguinte horario:

 

  • 16:30 a 18:00 horas no centro social de maiores de Silleda, todos os sábados dende o mes de Novembro ata o mes de Xuño

  • 17:00 a 18:30 horas no centro social de maiores de Bandeira, todos os venres dende o mes de Novembro ata o mes de Xuño

METODOLOXIA:

Para desenrolar este contido utilizaremos unha metodoloxía global, intentando, de todas as formas, que sexa o alumnado o propio protagonista do seu aprendizaxe, evitando que se sinta como un mero repetidor de estruturas rítmicas máis ou menos definidas.

Utilizaremos os diferentes tipos de baile (vals, rumba, tango, pasodobre) e as formas xogadas como recurso para a ensinanza dos bailes de salón:

 

  • Exercicios de expresión que desbloquean o alumno

  • Exercicios para a búsqueda do ritmo, con diferentes músicas mediante desprazamentos por todo o espazo

  • Empezar por bailes sinxelos onde os pasos a empregar formen parte dunha estrutura repetitiva

  • Utilización de materiais auxiliares que faciliten o desenrolo do linguaxe corporal e apoien aspectos do linguaxe dramático.

 

OBRADOIROS “ARTE TERAPÉUTICA”

Estes obradoiros nacen coa finalidade de ofrecer actividades diferentes e divertidas para os nosos maiores coa finalidade de promover o seu benestar físico, psicolóxico e social. Traballando cos mesmos aspectos manipulativos á vez que creativos e imaxinativos e que reforcen o seu movemento tanto físico como mental.

 

OBXECTIVOS:

  • Conseguir que todos os participantes alcancen o máximo desenvolvemento posible de todas as súas capacidades individuais, sociais, intelectuais e emocionais

  • Fomentar a creatividade e a imaxinación nos maiores espertando inquietudes e promovendo as relacións con outras persoas e co entorno

  • Reforzar os traballos manipulativos de cara a mellor a psicomotricidade tanto fina como grosa dos nosos maiores

 

DESTINATARIOS:

Os destinatarios do Programa son os Maiores do concello de Silleda.

As actividades levaranse no Centro Social dos Maiores de Silleda, en horario de 17:00 a 19:00, horas os seguintes martes:

  • 16, 23 e 20 de outubro

  • .4, 11 e 18 de decembro

 

METODOLOXÍA:

 

No desenvolvemento deste programa traballarase sempre dunha maneira activa, participativa, comunicativa, explicativa, interrogativa, colaborativa, variada, flexible…

 

A metodoloxía empregada estará animada por valores solidarios, de participación, críticos, dirixidos pola idea de que é posible construír unha convivencia baseada na dignidade, a liberdade, a igualdade e a solidariedade cos semellantes.

 

Dita metodoloxía non será a tradicional, formalista, baseada na xerarquía educador - alumno, nin na clase maxistral, senón que se empregará unha metodoloxía totalmente dinámica, baseada nas propias experiencia dos nosos maiores, no descubrimento, na construción de coñecementos novos e na asimilación doutros xa existentes.

 

ACTIVIDADES:

As actividades desenvolveranse en dous bloques de contidos correspondentes a cada un dos meses do Programa:

 

Mes de outubro:

Levaranse a cabo manualidades relacionadas co Samaín, durante os tres martes que durará a actividade. Neste mes faranse traballos manuais relacionados con esta temática, os cales logo servirán para decorar o Centro Social dos Maiores para a festa de Samaín que se celebrará posteriormente.

 

Os traballos manuais que se farán nestes talleres serán:

 

  • Bruxas, morcegos e lámpadas con materiais reciclados

  • A cociña terrorífica do Samaín

  • Decoración e exposición de Cabazas

  • Disfraces de Samaín para a Festa

  • Relaxación creativa

 

Mes de Decembro:

Levaranse a cabo manualidades relacionadas co Nadal, durante os tres martes que dura a actividade. Traballos manuais que logo servirán para decorar as diferentes oficinas municipais con motivos navideños.

 

Os traballos manuais que se farán nestes talleres serán:

 

  • Figuras para o belén e montaxe do mesmo

  • Obradoiro de postais navideñas e regalos para todos

  • Adornos para as Arbores Navideñas do Concello

  • Relaxación creativa

 

CONECTAD@S”

Vivimos nunha sociedade onde o volume de datos, coñecementos e información crece dun xeito vertixinoso en todos os sectores da vida social. A este feito contribúe o desenvolvemento alcanzado polas denominadas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), que xogan un papel moi importante tanto na creación coma na difusión da información. Neste contexto, faise cada vez máis necesario o achegamento de todos os colectivos humans, incluído o das persoas maiores, a estas tecnoloxías de maneira que poidan contribuír a unha maior integración social deste colectivo e sexa posible conseguir "unha sociedade para todas as idades". Por iso, debemos ofrecer ás persoas maiores a posibilidade de comunicarse con outros ámbitos, informacións, contextos ou persoas máis ou menos afastados.

Cada vez existen máis servizos de informática específicos para maiores, tanto de ámbito público coma privado: en centros cívicos, asociacións, lugares dentro da rede específicos para a poboación máis adulta, como a web redmayores.net onde se imparten cursos, ou os diversos foros, chats e listas de discusión específicos para persoas maiores.

OBXECTIVOS:

  • Achegar as novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) á Terceira Idade

  • Introducir a informática na vida cotiá

  • Coñecer as ferramentas necesarias para comunicación do S.XXI

  • Favorecer o acceso a Internet, Redes Sociais... pouco accesibles por outros medios

  • Impulsar a comunicación a través das novas tecnoloxías; correo electrónico, buscadores...

  • Conseguir un integramento social acorde co ámbito cambiante

  • Desenvolver a relación interxeracional

  • Desenvolver a creatividade

  • Aprender habilidades, actitudes, aptitudes

  • Participar en ámbitos políticos e sociais

 

DESTINATARIOS:

O curso vai destinado a persoas maiores, entendendo por tal todas aquelas persoas maiores de 65 anos e xubiladas antes da devandita idade por calquera causa e cuxa idade se superior aos 55-60 anos.

 

As actividades levaranse na Aula de Formación de PARQUE 7, S.L, situada en Barrio do Campo, 7, baixo, en Silleda (Pontevedra), en horario de 17:00 a 19:00 horas, os seguintes días de outubro e novembro:

 

  • 22, 23, 24, 25, 29, 30 e 31 de Outubro

  • 2, 5 e 6 de Novembro

 

METODOLOXIA:

 

Aprendizaxes xerais, sen necesidade de coñecementos previos, sen ser excesivamente complexos aínda que útiles para a vida cotiá. Nas persoas maiores, é imposible adquirir coñecementos se non existe vontade de facelo, para iso é importante traballar o sentimento de que son capaces de aprender o manexo de algo, que ás veces se presenta como afastado á súa experiencia cotiá, como son as novas tecnoloxías, e iso cun nivel semellante ao de calquera outra persoa que realmente queira adquirilos polo tanto trataremos de lograr que:


I.- A motivación sobre a aprendizaxe que se faga sexa clave á hora do éxito da actividade. As persoas motívanse para aprender cando descobren necesidades que se poden chegar a satisfacer mediante esa aprendizaxe.

II.-- O acompasamento da aprendizaxe á evolución física do cerebro e ao desenvolvemento evolutivo en xeral de cada persoa en cada momento da súa vida. É dicir, ter en conta as diferenzas individuais.

III.- A aprendizaxe debe estar en relación co que o alumno xa coñece e
poida evolucionar no seu coñecemento para abranguer novos contidos.

A aprendizaxe do manexo do ordenador en moitas persoas maiores, leva consigo temores, medos e autocensuras, debido a:


a) a inseguridade e mesmo a vergoña que para algunhas destas persoas supón recoñecer que non saben nada;
b) non ter experimentado antes (como lles sucede a moitos nenos) a facilidade de uso en xogos e programas de ordenador;
c) o medo a perder o control sobre o ordenador e non saber que facer con el para conseguir un determinado obxectivo;
d) non ter experimentado as vantaxes da aprendizaxe a través do método ensaio-erro;
e) ter tido unha mala experiencia de aprendizaxe ou
f) sentirse desbordado ante tanta información que debería coñecer e que non domina.

Tendo en conta todo iso buscaremos que "gocen" asistindo ao curso coa seguinte proposta:

 

3.1- INTRODUCCIÓN Á INFORMÁTICA: O obxectivo sería iniciar aos alumnos no mundo da informática e no manexo básico dun ordenador de cara a que perdan o medo á máquina e se familiaricen co seu uso, posibilidades de traballo e saiban utilizar as ferramentas básicas dun sistema operativo e as rutinas comúns a calquera programa informático.
3.2.- MANEXO BÁSICO DE INTERNET: O obxectivo deste módulo é que os alumnos cheguen a manexar as ferramentas máis utilizadas de internet: enviar e recibir información de calquera outro usuario a través do correo electrónico, participar en listas de discusión, acceso a chats, navegación por páxinas web, uso de buscadores, webcam, etc. Trátase de facilitar o acceso das persoas maiores a unha realidade de comunicacións síncronas e asíncronas das que actualmente ninguén debe excluírse por ignorancia ou falta de oportunidades para a súa aprendizaxe.

 

 

CURSO INTERXERACIONAL DE PINTURA E DEBUXO

 

Coñecedores dos grandes talentos que no noso concello contamos. Queremos que estes grandes talentos senior, esperten a curiosidade dos mais novos polo arte, a pintura e o debuxo.

OBXECTIVOS:

 

  • Compartir coñecemento dos nosos maiores nesta área coas xeracións máis novas e máis descoñecedoras deste mundo

  • Favorecer as aprendizaxes en ambos os dous colectivos obtendo uns resultados moi beneficiosos para ambos

  • Desenrolar a capacidade de creación e expresión artística

 

DESTINATARIOS:

 

Os destinatarios do Programa son os Maiores do concello de Silleda.

As actividades levaranse no Centro Social dos Maiores de Silleda, en horario de 17:00 a 19:00 horas os venres, dende o mes de outubro ata o mes de xuño, ambos incluídos.

 

METODOLOXÍA:

No desenvolvemento deste programa traballarase sempre dunha maneira activa, participativa, comunicativa, explicativa, interrogativa, colaborativa, variada, flexible…

 

As clases serán impartidas por unha persoa titulada en Belas Artes, que coordinará e supervisará continuamente o curso.