Entroido na Bandeira

Hoxe sábado 25 será o día grande do Entroido na Bandeira onde a xornada comezará co desfile de cabezudos a partir das 12:30 horas. Rematará cunha representación teatral na praza de Juan Salgueiro . Nesta edición a cita estará acompañada as marionetas de madeira  do espectáculo “Xeneralas da Ulla”, de títeres Cachirulo.

Pola tarde, ás 16:00 horas comezará o desfile do antroido e sobre as 18:00 horas celebrarase o Alto dos Xenerais na praza Juan Salgueiro . Pola noite, no pavillón terá lugar o baile de disfraces coa entrega de premios ás mellores comparsas, charangas e disfraces individuais.