Entra en vigor a aprobación inicial do PXOM, que estará exposto ata o 17 de marzo

 

Silleda, 16 de xaneiro de 2013. O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle hoxe o anuncio da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Silleda, que tivo lugar o pasado 18 de decembro nun pleno extraordinario.  Con esta publicación, a última que restaba, comeza a contar a partir de mañá día 17 de xaneiro o prazo oficial de exposición pública do Plan Xeral. Terá unha duración de dous meses, a máxima permitida, co que o periodo de exposición se prolongará ata o vindeiro 17 de marzo.

Tamén con esta entrada en vigor da aprobación inicial do planeamento, a partir de mañá farase efectiva a preceptiva suspensión de licenzas de obra maior que é preceptiva naquelas zonas onde varíe a catalogación do solo. Cómpre reseñar que queda excluído da suspensión o parque empresarial Área 33, que se rixe polo seu propio plan parcial, así coma os permisos para ampliar explotacións agrarias no rural, de acordo coa disposición transitoria décimo primeira da Lei de Ordenación Urbanística e de Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

Así mesmo, logo desta última publicación, o documento tamén será remitido aos organismos sectoriais para os preceptivos informes. Segundo figura no acordo plenario do 18 de decembro o PXOM remitirase a departamentos da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras, á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural;  á Consellería de Medio Rural, Consellería de Economía e Industria, á Deputación de Pontevedra; aos Concellos limítrofes (Lalín, Vila de Cruces, A Estrada, Forcarei e Boqueixón).

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra tamén recolle hoxe outra publicación sobre o PXOM de Silleda. Trátase simplemente dunha corrección de erros sobre un parágrafo do anuncio, que fora publicado o pasado 7 de xaneiro.

Nas vindeiras horas o documento tamén se colgará na páxina web municipal  (www.silleda.es) nun banner destacado no inicio do portal. Neste espazo, ademais de consultar o planeamento, os usuarios/as disporán dun tutorial con información para cumplimentar os formularios de alegacións que tamén estarán na web municipal.

“Queremos que a exposición ao público sexa exemplar e que ninguén poida dicir que non viu o documento”, sinala a alcaldesa e responsable municipal de Urbanismo, Paula Fernández Pena. O documento pode consultarse xa nas oficinas de Urbanismo (rúa Alfonso Trabazo) dende o pasado 26 de decembro, logo da súa aprobación no pleno. Así mesmo, o día 4 de xaneiro comezou a axenda de visitas polo rural, con reunións que están a ter unha elevada afluencia de público.  Esta reunión son informadas a través de bandos municipais en cada unha das parroquias, ademais de avisos telefónicos ás residencias de cada localidade.

Reunións no rural e alegacións

A axenta de visitas iniciouse o pasado 4 de xaneiro en Parada

O calendario de visitas ao rural, que se prolongará ata finais de febrero,  continúa hoxe en Siador. O venres terá lugar a da parroquia de Chapa. Para a vindeira semana están previstos os encontros en Cira (luns 21), Lamela (martes 22); Piñeiro (23); Cervaña (24) e Graba (25).

En todas as reunión, a alcaldesa e responsable municipal de Urbanismo, Paula Fernández Pena, realiza unha explicación xenérica do que é e do que significa o documento, dando paso despois ás explicacións dos técnicos que detallan o contido relativo a cada parroquia e asesorán aos vecinos e veciñas ante as dúbidas ou se queren presentar alegacións.

En todas as reunión ademais tamén se entregan senllos dípticos para axudar aos veciños/as a interpretar os planos, un con información relativa a solo rústico e outra sobre o solo de núcleo rural. Ademais nas reunión os técnicos van acompañados de medios informáticos para poder recoller as alegacións ao término dos encontros.

Ata o momento rexitráronse 10 alegacións, 7 de particulares e outras tres que formulará o concello por erros na ubicación dun centro público e sobre a titularidade ou existencia de camiños. Nas reunións do rural non está a ser  habitual que se presenten reclamacións. “É moito volumen de información polo que é normal que o mediten e fagan as alegacións despois da xuntanza”, sinala Paula Fernández. A alcaldesa  incide en que coas reclamacións veciñais se espera mellorar o documento. 

 

 

 

Calendario Exposición Pública do PXOM no rural

 

CALENDARIO DE EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PLAN XERAL

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

xaneiro:

 

 

1

2

3

4

Parada

5

6

7

Laro

 

8

Refoxos

9

Cortegada

10

Oleiros

11

Taboada

12

13

14

Vilar

 

15

16

Siador

17

18

Chapa

19

20

21

Cira

 

22

Lamela

23

Piñeiro

24

Cervaña

25

Graba

26

27

28

Martixe-

Ansemil

29

Pazos

30

31

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

febreiro:

1

 

 

2

3

4

Dornelas

 

5

Carboeiro

6

Fiestras

7

 

8

Moalde

9

10

11

Margaride

 

12

13

Negreiros

14

15

Rellas

16

17

18

Saídres

 

19

Abades

20

Breixa

21

OCastro

22

Ponte

23

24

25

Escuadro

 

26

Xestoso

27

Manduas

 

 

 

 

Parroquias por orde alfabética

Abades 19 de febreiro

Breixa 20 de febreiro

Carboeiro 5 de febreiro

Cervaña 24 de xaneiro

Chapa 18 de xaneiro

Cira 21 de xaneiro

Cortegada 9 de xaneiro

Dornelas día 4 de febreiro

Escuadro 25 de febreiro

Fiestras 6 de febreiro

Graba 25 de xaneiro

Lamela 22 de xaneiro

Laro día 7 de xaneiro

Manduas 27 de febreiro

Margaride 11 de febreiro

Martixe-Ansemil 28 de xaneiro

Moalde 8 de febreiro

Negreiros 13 de febreiro

O Castro 21 de febreiro

Oleiros 10 de xaneiro

Parada 4 de xaneiro

Pazos 29 de xaneiro

Piñeiro 23 de xaneiro

Ponte 22 de febreiro

Refoxos 8 de xaneiro

Rellas 15 de febreiro

Saídres 18 de febreiro

Siador 16 de xaneiro

Taboada 11 de xaneiro

Vilar 14 de xaneiro

Xestoso 26 de febreiro

Información sobre Vivendas

 

VENDA DE VIVENDAS USADAS DE PROTECCIÓN OFICIAL
PUBLICIDADE PERMANENTE DE VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA EN SEGUNDAS TRANSMISIÓNS
 
EXPEDIENTE                                        ENDEREZO                DORMITORIOS        SUPERFICIE         ROCHO         GARAXE             PREZO MÁXIMO
 
PO-88/010;21                                    Rua E nº 4, 3ºG                    4                        79,95m2                si                si                               52.496,57 euros
 
PO-94/010;1                                Carretera Moalde nº 10,1ºA         3                        79,50 m2                si                sí                              59.658,39 euros
                                                    (A Bandeira)                           
 
PO-94/010; 15                            Carretera Moalde nº10, 3ªC            2                       64,30 m2                si                sí                               48.252,01 euros
                                                    (A Bandeira)

Icono asociado ó adxunto (pdf) Descargar: Información vivendas usadas.pdf - 180,37 Kb.

Comeza na parroquia de Parada a exposición públlica do PXOM no rural

 

Silleda, 2 de xaneiro de 2013. A parroquia de Parada abrirá o calendario de visitas coa exposición do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Silleda como protagonista. A cita será pasado mañá venres día 4 de xaneiro, ás 17.00 horas. Neste caso, a reunión no centro social de Parada servirá tamén para informar aos veciños e veciñas do inminente inicio das obras de reparación da ponte de Portodabalde, que está previsto comezar o vindeiro luns día 7 por parte da empresa adxudicataria.

Logo dunha primeira explicación xeral sobre o planeamento, na xuntanza, á que asistirán entre outros a alcaldesa e responsable municipal de Urbanismo, Paula Fernández Pena, os veciños e veciñas poderán consultar os planos e recibir explicación pormenorizada do documento. “Este será o esquema que seguiremos en todas as reunións nas parroquias”, explica Fernández Pena, que reitera que a intención do goberno municipal é realizar unha exposición pública “exemplar” na que “ningún veciño ou propietario quede sen ver o documento”, engade.

En todas as parroquias, nas datas fixadas, as reunións contarán ademais coa asitencia de persoal técnico do Concello, que axudará aos usuarios a aclarar dúbidas e a formular as alegacións. Ademais, as xuntanzas nos distintos centros sociais do rural contarán co desprazamento de material técnico (pantallas, proxector, impresoras…) que axudarán tanto á visualización do documento como á redacción e preparación das alegacións.

En todas as localidades as reunións comezarán ás 17.00 horas. Para informar aos veciños elaboraranse bandos municipais, e tal e como explicara a alcaldesa no pleno do pasado mes de decembro no que se aprobou inicialmente o documento tamén se avisará telefónicamente a todas as vivendas, “ a fin de dar a maior difusión posible ás xuntanzas, xa que a revisión do documento é de vital importancia, e non queremos que ninguén quede sen consultalo”, engade a rexedora sobre o PXOM, que dende o pasado día 26 está xa disponible nas dependencias de Urbanismo.

Por outra banda, xa foi remitido o anuncio da aprobación inicial, para a súa publicación no BOP e no DOG. O prazo oficial de exposición pública, de dous meses de duración, comezará a contar dende a data de publicación nos diarios oficiais.

Os traballos de dilixencia do documento continúan e esperase que rematen ao longo de esta semana.

Ata finais de febreiro

Neste mes de xaneiro as reunións continuarán en Laro (día 7); Refoxos (día 8); Cortegada (9); Oleiros (día 10); Taboada (11); Vilar (14); Siador (16); Chapa (18); Cira (21); Lamela (22); Piñeiro (23); Cervaña (24); Graba (25); Martixe-Ansemil (28) e Pazos o día 29.

Xa en febreiro, o calendario estabrecido fixa as reunións en Dornelas (día 4); Carboeiro (5); Fiestras (6); Xestoso (7); Moalde (8); Margaride (11); Negreiros (13); Rellas (15); Saídres (18); Abades (19); Breixa (20) O Castro (21); Ponte (22); Escuadro (25) e Manduas o día 27.

 

O PXOM poderá consultarse dende o vindeiro mércores día 26 nas oficinas de Urbanismo

 

Silleda, 21 de decembro de 2012. Os veciños e veciñas de Silleda poderán consultar os planos do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) a partir do vindeiro mércores día 26 de decembro, nas depedencias municipais de Urbanismo, sitas no nº 3 da rúa Alfonso Trabazo (primeiro andar).

Tal e como anunciara a alcaldesa e concelleira de Urbanismo, Paula Fernández Pena, no pleno do pasado luns no que se aprobou inicialmente o documento, o planeamento poderase consultar antes de que se abra oficialmente o prazo de exposición pública. Este comezará en canto o acordo de aprobación se publique no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra.

Deste xeito, as alegacións que poidan formularse nestes días previos á publicación do anuncio recolleranse igualmente, aínda que se rexistrarán a partir do inicio do prazo oficial. “Queremos que sexa unha exposición modélica e exemplar, e que ninguén quede sen ver o PXOM”, sinala Paula Fernández.

Nos vindeiros días establecerase ademais un calendario para levar o documento ao rural. Como xa anunciara na sesión plenaria, Paula Fernández explica que durante a exposición nas parroquias os veciños e veciñas contarán en todo momento co asesoramento e apoio dos técnicos municipais tanto para atender as súas dúbidas como para redactar as alegacións.

Nas visitas desprazaranse tamén equipos informáticos para formular as alegacións in situ. Así mesmo, o documento tamén se subirá á web, unha vez que esté dilixenciado,  xunto cun formulario a través do que se poderán realizar alegacións.

Do mesmo xeito, e como xa se anunciara tamén, a empresa redactora do plan (Eptisa) está preparando uns folletos explicativos para axudar aos veciños e veciñas a comprender mellor o contido do planeamento.

A exposición ao público farase durante o periodo máximo estabrecido pola normativa, é dicir dous meses, contados a partir da publicación no BOP. “Daremos todas as facilidades posibles á cidanía para que revise e presente as alegacións que estimen oportunas e coas que, como xa dixemos en varias ocasións, esperamos poder mellorar un documento que inclúe os recortes e parámetros fixados pola Xunta de Galicia”, engade Paula Fernández.

 

A aprobación inicial do PXOM sae adiante co respaldo dos dous grupos de goberno

 

Silleda, 18 de decembro de 2012. Os dous grupos de goberno de Silleda, PSOE e BNG, aprobaron hoxe inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), un documento a doce anos vista que marcará o futuro do municipio. A sesión extrardinaria, na que o grupo municipal do PP votou en contra, foi calificada polos membros do executivo como unha cita “histórica”, que marcará un antes e un despois na política urbanística de Silleda.

A alcaldesa e responsable municipal de Urbanismo, Paula Fernández Pena, resumiu as liñas xerais do PXOM, que ten como obxectivos básicos  frear a dispersión edificatoria e fomentar a consolidación e mellora das áreas edificadas, así como completar e mellorar a estrutura territorial, preservar os valores naturais e culturais que aínda subsisten, conservar os núcleos rurais de poboación, conservar e recuperar o patrimonio construído e completar as estruturas urbanas. Paula Fernández reiterou que é un “documento vivo” que se irá “mellorando coas aportacións que nos fagan os veciños e veciñas durante a exposición pública”, dixo engadindo que o documento se fixo con “cautela e prudencia”.

O documento abrirase a cidadanía de xeito “inmediato”, sen agardar á publicación do acordo tomado hoxe no BOP. Ademais, a alcaldesa insistiu en que se dará a “maior difusión posible ao documento, para que ningúen quede sin velo nin poder alegar”.

Calendario de visitas

Nos vindeiros días establecerase tamén un calendario de visitas para amosar o documento no rural, con xuntanzas ás que asistirá tamén personal técnico que axudará á cidadanía a realizar as súas reclamacións.

Unha vez publicado o acordo no BOP entrará en vigor a suspensión de licenzas, que non afectará ao polígono Área 33 nin ás peticións para ampliar explotacións agrarias, dacordo coa Disposición Décimo Primeira da LOUGA.

O PXOM aprobado hoxe incorpora as correccións feitas pola Xunta no seu informe previo. No hourizonte de 2026 prevese que Silleda teña unha poboación de 10.018 habitantes. En canto ao número de vivendas, nos cascos urbáns, en Silleda pasaríase das  1.148 actuais a 2.084 (cun aumento de 936) e no caso da Bandeira das 440 actuais a 503, cun incremento de 63 vivendas.

En canto ás zonas verdes o planeamento supera o mínimo estabrecido, cun total de 302.555 metros cadrados de solo, unha ratio de 20,28 metros cadrados de espazos verdes por cada 100 metros cadrados construídos. 

Respecto ás zonas industriais, resérvanse máis de 900.000 metros cadrados para ampliar Área 33, nunha zona situada entre a N-525 e a AP-53, o que conectaría o parque industrial con dúas vías de alta capacidade. Tendo en conta as apreciacións da Xunta só se mantén o micropolígono de Chapa, regularizando só as naves existentes.

Reducción de alturas

As alturas máximas dos edificios nos cascos urbanos tamén se rebaixan de 5 a 4 alturas (baixo e 3 vivendas) redundando esta rebaixa nunha mellora estética das rúas.

Os principais cambios respecto ás incorporacións feitas segundo o informe autonómico pasan pola eliminación de todas as bolsas de solo edificable en Silleda, deixando á iniciativa de propietarios e empresarios a posibilidade de desenvolvelas nun futuro. No caso da Bandeira, a zona comprendida entre a salida da vila e a parroquia de Chapa pasa de ser zona de edificación aberta a contemplar vivendas unifamiliares.

En canto aos núcleos rurais, aparecen delimitados os núcleos tradicionais e tamén se deixa ás suxerencias veciñais a posibilidade de amplialos.

En Silleda tamén se contempla unha zona de equipamento deportivo entre a parte traseira do Ceip de Silleda e o recinto Semana Verde.

“Este documento marcará un antes e un despois en Silleda”, remarcou a alcaldesa incidindo en que agora o PXOM se abre aos cidadáns “para melloralo”.

Dende o PP, o seu voceiro, José Luis Espiño, anunciou o  “non” do seu grupo ao PXOM sinalando que se fixo “dende un despacho” e acusando ao goberno de facer “un plan para favorecer a xente afin”. O voceiro popular detívose en casos concretos, mentres dende o goberno se lle reprochou non ter “unha visión global e clara” do documento.

Tanto Paula Fernández coma o voceiro do BNG, Matías Rodríguez Da Torre reprocharon ao PP non ter feita “ningunha aportación” dende que se presentou o documento, así coma ter amosado o documento aos veciños sen incorporar as correccións feitas pola Xunta.

“É un día histórico pero algún non o recoñece así. Fai moitos anos que estamos destruíndo as nosas vilas. O PXOM non vai desertizar o rural, como di o PP, senon o contrario, permitirá asentar poboación”, dixo Da Torre, que anunciou que o BNG presentará alegacións para mellorar algúns aspectos.

Logo da exposición pública, deberán de resolverse todas as alegacións e incorporar as que sexan aceptadas. O documento volverá a pleno para a aprobación provisional, antes de pasar o visto bo definitivo, último trámite e que corresponde á Administración Autonómica.

 

 

 

 

 

 

 

 

O Programa de Nadal suma unhas 70 actividades ata o vindeiro 7 de xaneiro

Silleda, 11 de decembro de 2012. O programa de Nadal de Silleda contará ata o vindeiro día 7 de xaneiro con preto de 70 actividades do máis variado, que foron presentadas hoxe polos concelleiros de Cultura e Participación Cidadá, Matías Rodríguez, e de Deportes e Comercio, Klaus Brey.

Trátase dunha oferta multidisciplinar e heterogénea, na que ademais de propostas que son xa clásicas destas datas, incorpora diversas novidades.

O programa ábrese coa XIII Campaña da Árbore, organizada dende o departamento de Comercio e de Medio Ambiente, na que colaboran sete establecementos de Silleda, e baixo o lema “Antes de Cortar pensa en repoblar” e con outras actividades coma o XII Concurso de Escaparates. Klaus Brey explicou que o xurado valorará a orxinalidade, iluminación e a exposición dos produtos.

No ámbito dos Deportes volta o torneo de tenis de mesa (xoves 20 de decemebro) e as exhibicións de kun fu e patinaxe (venres 21), logo da exitosa estrea do ano pasado. Como novidade destaca a celebración dunha tarde de xogos tradicionais (día 22) para pais/nais e nenos/as no pavillón César Fares, ou o triangular de fútbol sala feminino (día 29), na que ademais do equipo local estará o Val do Ulla e o equipo de Cruces.

En canto ás actividades de Xuventude, departamento que dirixe Margarita Campos, hai ata 11 citas no programa, destacando obradoiros nos que se estrearán os de Nadal en 3D (mércores 12) , pais do Nadal móbiles, ou o de bonecos de neve con vasos de plástico (día 18). Non faltarán outras citas xa clásicas coma a pintura con dedos, confección de adornos, ou a visita do Pai Nadal , que chegará o domingo día 23, e a Festa Infantil de Fin de Ano (o venres día 28).

No caso de Benestar, ademais da tradicional xuntanza de maiores (día 22 no restaurante Coteliño) o ensaio de Fin de Ano (o día 30) ou a festa de Aninovo no Centro Social da Bandeira (3 de xaneiro), destaca a confección de postais e múltiples adornos que se realizan nos obradoiros de arte terapéutica.

Campamento, música, cine e teatro

Así mesmo, o campamento de Nadal para os/as cativos/as trasládase este ano á Casa da Cultura. Matías Rodríguez destacou na presentación a colaboración cos colectivos de Silleda, A Bandeira, de Manduas, Parada….na confección do programa.

Entre as novidades destaca a vista do Apalpador, figura tradicional da zona de montaña de Galicia, que estará nas rúas de Silleda o día 24 e na Bandeira o 31, ou actividades coma Mentras agardo leo, proposta que dende a Biblioteca Daniel Castelao levará a lectura aos centros médicos do municipio. Tamén se inclue no programa o Maratón de Cine de Adellís (sábado 15), ou o xantar benéfico para mercar xoguetes que terá lugar o vindeiro día 16.

O cine tampouco falta coa estrea do filme galego O Apóstolo ( o 28 en Silleda e o 3 de xaneiro na Bandeira), nin o teatro, coa xornada do día 21 na Bandeira ou a comedia Os Tres Ladróns (30 en Silleda).

A música, con citas coma o Festival de Nadal da Escola de Música de Silleda, o concerto de Aninovo na Bandeira ou a III Xuntanza de Baile e Música Tradicional, súmanse a propostas coma o festival do 25 aniversario de Xirandola.

 

Premio á mellor decoración e colaboración cos colectivos

Durante a presentación Datorre lembrou que este ano, á vista dos recortes no alumeado se tomou a decisión coherente de non poñer luces de Nadal. Ademais apelouse á colaboración de todos os veciños e veciñas  para adornar as súas casas, edificios, eiras, ventás…. A raíz desta proposta xurdeu a creación dun premio (do colectivo ECOS) á mellor decoración do Nadal, que se fallará o 7 de xaneiro.

Matías Rodríguez agradeceu expresamente o traballo a colectivos coma a Anpa Brincadeira, que fará unha árbore na praza da Feira da Bandeira; a Asociación de Amigos da Empanada, que contribuirá á colocación de arcos simbólicos na Bandeira, a Asociación Vistalegre, e a Olaia en Silleda.

Dende o Concello asumiráse a colocación de adornos só en lugares puntuais e nas dependencias municipais onde haxa actividades.

Tamén se repite a Feira de Reis ( o 6 de xaneiro pola tarde) , con postos de artesáns que terá lugar nunha carpa na Praza da Feira Vella. Alí rematará tamén a Cabalgata de Reis do día 5.

Matías Rodríguez destacou que o programa, pola cantidade e calidade das actividades está ao mesmo nivel que outras vilas e cidades.

 

Silleda convértese por terceira vez na capital estatal do futbolín

 

 

 

 

Silleda, 5 de decembro de 2012. Silleda acolle por terceira vez o campionato nacional de futbolín. Esta décimo sexta edición comezará mañá no Hotel Oca Katiuska, polo que desfilarán uns 500 xogadores e xogadoras de toda España ata o vindeiro sábado. A cita está organizada pola firma Games Competicion, en colaboración co Concello de Silleda,  e repartirá un total de 9.000 euros en premios, ademais de trofeos ata o que se clasifique no posto 16º de cada categoría.

O campionato foi presentado hoxe no Hotel Oca Katiuska, onde xa están colocadas as 16 mesas nas que disputarán partidas de xeito simultáneo.

José Presas, membro da organización explicou que este torneo, que habitualmente se celebra en Galicia, contará con tres modalidades (parado, movemento e combinado), ademais de disputarse a categoría feminina.

O torneo arranca mañá xoves ás 15.00 horas, coa modalidade combinada, que se estrenou hai tres anos e que permita cambiar a bola pero sempre en movemento. A xornada do venres comezará tamén ás 15.00 horas, na modalidade de parado e ás 18.00 horas terá lugar a competición da categoría feminina. O sábado, xa dende as 11.00 horas, disputarase a categoría reina, a de movemento. En todas elas hai tres categorías.

O torneo é aberto, pero entre os participantes deste open figura “o máis selecto do futbolín a nivel nacional”, sinala José Presas, que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Klaus Brey e a directora do Hotel Oca Katiuska, Beatriz Rodríguez, así como por Diego Presas.

Ademais de xogadores e xogadoras galegas, acoden participantes de case todas as Comunidade Autónomas. Esta será a terceira vez, logo das probas de 2006 e 2009, que Silleda se convirta na capital nacional do futbolín. O público tamén pode ver cómo se disputan estas probas.

Dende a Consellería de Deportes de Silleda, Klaus Brey, amosa o seu apoio a esta iniciativa que atraerá nos vindeiros días a centos de persoas, entre participantes e visitantes.

        

 

 

 

 

 

 

 

Silleda acolle a segunda edición do xantar benéfico para o reparto solidario de xoguetes

O vindeiro domingo día 16 terá lugar en Silleda a segunda edición da comida solidaria para o reparto de xoguetes entre os nenos e nenas das familias con menos recursos. A cita foi presentada hoxe no Concello por dúas das súas promotoras, as empresarias locais Yolanda Villar e Conchi Cochón, que xunto con Isabel Ferreiro puxeron en marcha esta iniciativa solidaria o pasado ano.

A comida benéfica será no restaurante González a partir das 13.00 horas e comezará cunha charla sobre alimentación infantil a cargo do doutor Juan Carlos de Santis. Segundo explicaron as organizadoras haberá actuacións musicais, e unha poxa, ao igual que o ano pasado, coa que se recadarán fondos para a causa. “Será unha cita moi divertida”, apuntaron Yolanda Villar e Conchi Cochón.

As entradas para acudir á comida custan 15 euros, dos que a metade serán para pagar a comida (coa colaboración do Restaurante González) e a outra para o fondo co que se mercarán os xoguetes. Para os nenos/as custarán 7 euros. Estarán á venda na Casa da Xuventude, no Herbolario Isca e no propio Restaurante González, ata o día 14. Tamén se poñerán á venda entradas de fila cero. A día de hoxe xa se recadaron 347 euros de distintas aportacións. Entre os colaboradores figura a Obra Social de La Caixa.

A iniciativa conta co apoio do Concello e coa colaboración desinteresada das alumnas do programa Aurora, xestionada polo Concello, que participarán no petitorio polos comercios e empresas.

A alcaldesa, Paula Fernández, destacou durante a presentación o compromiso das organizadoras así coma a colaboración das alumnas do Aurora e os establecementos que tamén participan de xeito desinteresado. Así mesmo fixo un chamamento a outros municipios do Deza para participar, como aconteceu na primeira edición.

            Paula Fernández lembrou que o programa municipal Silleda Solidaria tamén acaba de poñer en marcha outra campaña para recoller xoguetes pero que neste caso se trataba de mercar xogos e xoguetes novos, que serán repartidos entre os nenos e nenas de xeito personalizado.

“Esta actividade xurde do nosa e preocupación pola infancia e pola ilusión que supón un xoguete para un neno”, explicou Yolanda Villar. As familias que queiran acollerse a este programa poden poñerse en contacto coas promotoras de xeito totalmente confidencial a través dos seguintes números de teléfono: 685 105382; 685 105388; 672 458790.

Silleda renova o seu portal web

 

Silleda, 30 de novembro de 2012. A páxina web do Concello de Silleda (www.silleda.es) estrea nova imaxe. O novo portal está xa a disposición dos usuarios, cun deseño e contidos moito máis claros. A web foi presentada hoxe pola alcaldesa, Paula Fernández, e membros da empresa Conta Local S.L.,  (Pablo Durán e Juan Pablo Calvo) encargada da renovación. “A estrutura está moito máis clara, xa que o que se busca é primar a información á cidadanía cun portal web no que poidan atopar información sobre distintos servizos”, engade Paula Fernández, tamén responsable municipal en materia de Comunicación e Novas Tecnoloxías.

Un dos principais cambios respecto ao portal anterior é o cambio nos apartados principais. Co novo diseño, os distintos departamentos están recollidos dentro das respectivas concellerías. A web silleda.es tamén conta con enlaces á web de turismo, e a outros organismos.

Así mesmo, o apartado adicado ao Concello, con información relativa ao funcionamento da entidade local, incorpora seccións nas que se poderán consultar dende actas das xuntas de goberno e das sesións plenarias, ata datos relativos ao persoal con adicación exclusiva (pódense ver as nóminas) ou a declaración de bens patrimoniais dos concelleiros.

“Esta información dase a coñecer enmarcada nas pautas de transparencia que deberían de seguir todos os cargos públicos. “No noso acordo de goberno figuraba facer público os bens dos concelleiros”, engade a alcaldesa, que asistíu á presentación xunto aos edís Manuel Cuíña e Matías R. Da Torre.

Novos programas municipais

Ademais da información estructurada por Concellerías, a nova páxina permite acceder directamente a través de banners a sección de interese coma as que recollen os contidos de novos programas municipais. Así, ademais do plan Silleda Activa, a primeira das actuacións do Clube do Centro Social dos Maiores, tamén se pode acceder á iniciativa Silleda Solidaria. Esta última conta cun espazo web de deseño diferenciado, onde ademais das liñas de actuación e o resumo do que significa esta rede de axuda, os Servizos Socias irán colgando as mensaxes sobre recursos necesarios. Ao mesmo tempo, a través deste espazo web as asociacións tamén poden contactar directamente cos Servizos Sociais do Concello.

Tamén figuran entre os destacados enlaces directos co bloque do CIM ou o de Participación Cidadá, e o apartado “Silleda contra os desafiuzamentos”, no que se ofrecen consellos ás persoas que se enfronten a estas situacións. Así mesmo, no apartado Silleda Emprega están actualizadas as ofertas de traballo do Servizo Galego de Colocación e como novidade incorporase un espazo para conectar cos emigrantes (Silledenses no exterior).  A historia, datos xeográficos, as parroquias ou os rueiros de Silleda e da Bandeira figuran no apartado “Terra de Trasdeza”. Así mesmo, a nova web municipal inclue un directorio de empresas ao que se poden ir sumando as firmas locais interesadas, ordenanzas municipais, listado de todas as dependencias municipais, o Pefil do Contratante, ou información relativa a servizos (teléfonos de servizos públicos, horario de autobuses, farmacias de garda).

Sin custes para o Concello

Paula Fernández destacou o traballo feito por Conta Local e explicou que a renovación da web non tivo custes para o Concello, xa que se enmarca dentro do contrato de soporte técnico e de contabilidade con esta empresa. Tamén explicou que por mor do plan de axuste este foi un dos contratos revisados e que a cantidade paso de 910 a 756 euros ao mes.

Entre as novidades destaca tamén o acceso directo ás redes sociais, información meteorolóxica ou unha axenda na que se irán colgando os distintos eventos que se celebren nos municipios.

Pablo Durán sinalou que a páxina é un portal “vivo”, que se irá actualizando

En resumo, trátase dun portal con información “moito máis clara, esquemática e áxil para os usuarios”, sinalou Paula Fernández, quen agradeceu á empresa Conta Local S.L. o traballo realizado. 

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina