A Escola de Baloncesto de Silleda bota a andar este sábado con máis de 20 alumnos e alumnas

Silleda, 4 de abril de 2018.  A Escola de Baloncesto de Silleda bota a andar este fin de semana da man da Fundación Heracles, vinculada ao Obradoiro CAB. As clases comezan o sábado ás 11:00 horas no pavillón municipal de Deportes César Fares de Silleda. A escola nace inicialmente con 22 alumnos e alumnas que se anotaron nas últimas semanas logo da apertura do prazo por parte da Concellería de Deportes.

O coordinador da escola será o silledense Pablo Cerdeira, vinculado a este deporte e con ampla experiencia no mundo do baloncesto.

As clases de iniciación terán lugar no pavillón silledense onde tamén se disputan os encontros do Obradoiro Silleda, filial do equipo da liga ACB.

“Tal e como se avanzou nos últimos meses a escola bota a andar en abril. Mañá serán avisados personalmente todos os inscritos para informar do inicio da escola este sábado”, indica a concelleira de Deportes, Ana Luisa González. Así mesmo todos aqueles que desexen incorporarse aínda están a tempo de inscribirse . “A escola segue aberta a novas incorporacións”, indica Ana Luisa González, que destaca a gran acollida que está a ter a iniciativa.

Este domingo, partido co equipo líder, o Marín

Por outra banda o Obradoiro Silleda disputa este domingo ás 18:00 horas no pavillón silledense un novo encontro da liga EBA, desta volta co Marín Peixegalego, líder na clasifación 

As bases do Plan Municipal de Creación de Emprego abordaránse no pleno do vindeiro venres

Silleda, 3 de abril de 2018.  A orde do día do vindeiro pleno ordinario de Silleda, que se celebrará este venres día 6 ás 10:00 horas inclue a aprobación das bases do Plan Municipal de Creación de Emprego para o exercicio 2018. As bases, similares ás do ano 2017, publicaránse unha vez aprobadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra e estarán tamén colgadas na web municipal. As axudas, que foron postas en marcha polo goberno municipal ao principio desta lexislatura poden chegar ata os 3.000 euros para as persoas que –estando no paro- decidan emprender un negocio .

Puntúase que o promotor/a do proxecto sexa parado/a de longa duración;  a apertura de local; a alta no Réxime de Autónomos; a contratación de persoal; e prímanse aqueles proxectos relacionados co sector primario, medio ambiente o que aposten polo I+D+I. 

Tamén se outorgan puntos extra, para aqueles casos nos que os proxectos sexan promovidos por mulleres con cargas familiares de unidades monoparentais.

“O grande obxectivo que nos propuxemos con este programa é en definitiva a creación de emprego”, indica o alcalde, Manuel Cuiña. Os orzamentos municipais recollen para este programa unha partida similar a de 2017, con 15.000 euros, que se incrementarían se fora necesario.  As bases introducen  ao igual que o pasado ano a esixencia dun prazo mínimo de apertura de un ano. De feito, unha vez concedidas as axudas faránse efectivas co pagamento do 75% no momento de ser outorgada a subvención,  e o 25% restante aos seis meses.

O alcalde lembra que dende a súa posta en marcha xa se outorgaron máis dunha ducia de axudas. Tamén no pleno do venres (sesión correspondente ao pleno ordinario de marzo que se pospuxo polos festivos da Semana Santa) se acordará a adhesión de Silleda ao programa Doing Bussiness, “unha iniciativa que tamén ten por obxectivo favorecer o fomento do emprego con condicións vantaxosas para as empresas que se instalen no noso municipio”, engade.

Certame da campaña de empadroamento

Tamén no pleno do venres se someterán a aprobación as bases do certame Nas Festas somos máis, enmarcado na campaña de fomento do empadronamento. O concurso volverá a repartir un total de 3.000 euros entre as organizacións de festas do municipio (un premio de 1.500 euros, outro de 1.000 e un terceiro de 500 euros). As bases incluen como novidade que a contratación de grupos locais puntuará ata un máximo de 20 puntos, en lugar dos 30 propostos o ano pasado, para evitar desfases na puntuación final.

 

 

 

Regulamento para o Servizo Lúdico Educativo

Por outra banda tamén figura na orde do día, entre outros temas, a aprobación do regulamento de organización e funcionamento do Servizo Lúdico Educativo de partir dos centros de ensino fóra do horario lectivo, e a aprobación da taxa reguladora deste servizo.

A adxudicación das obras da segunda fase do campo de fútbol da Gandareira, na Bandeira, á empresa Taboada y Ramos, a única oferta que se presentou, é outro dos puntos da orde do día do pleno.

 

Rexistradas un total de 137 solicitudes para a bonificación do 95% no IBI das explotacións agrogandeiras

Silleda, 3 de abril de 2018.  O Concello de Silleda rexistrou dende o pasado día 1 de xaneiro un total de 137 solicitudes para acollerse á bonificación do 95% do Imposto de Bens Inmobles para as construcción agrogandeiras.

Esta medida foi acordada polo goberno municipal xa o pasado ano, logo de saber que a revisión catastral integral realizada dende a Dirección Xeral do Catastro incluiría a referenciación de construccións relacionadas co sector primario. Os propietarios de estabulacións, naves, galpóns, ou invernadoiros –sempre que estén en activo-  foron atendidos nos últimos tres meses no  Punto de Información Catastral (PIC) do Concello, situado nas oficinas municipais da rúa Alfonso Trabazo, onde se tramitaron as solicitudes das correspondente bonificación dende o pasado 1 de xaneiro.

Coa modificación da normativa municipal, proposta pola Alcaldía e que entrou en vigor en xaneiro de 2017, recóllese a bonificación do 95% da parte da cuota íntegra do Imposto de Bens Inmobles (IBI) na construcción de instalacións rústicas indispensables para o desenvolvemento de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais, coa declaración previa de especial interese e utilidade pública municipal, social e de fomento do emprego.

Esta medida xurdiu como resposta á aplicación da resolución da Dirección Xeral do Catastro para levar a cabo a actualización pola cal se teñen que catastrar todas as fincas do rural, así como dar de alta bens como instalacións rústicas, que son catalogadas como almacéns ou vivendas.

A consecuencia disto, as instalacións agrarias inclúense dende o ano no imposto  Imposto de Bens e Inmobles, co cal pasaron a pagar a cota correspondente.

Dende o Concello, e acolléndose á normativa que permite as bonificacións potestativas, instouse ó pleno a establecer o máximo permitido de bonificación da cota íntegra do IBI, (95%), declarando ao sector gandeiro como sector estratéxico. “Ningúen dubida do peso do sector primario no noso Concello”, sinala o alcalde e responsable municipal de Facenda, Manuel Cuíña, que advirte que con esta bonificación “tamén axudamos a un sector que agora se ve afectado por esta revisión catastral do Estado logo das moitas vicisitudes polas que vén pasando”, engade.

Novo prazo en 2019

Tal e como estipula a normativa municipal, para o vindeiro ano 2019 abrirase de novo un prazo dende o 1 de xaneiro e ata o 31 de marzo para que todos aqueles veciños e veciños que cumplan os requisitos poidan facer a solicitude. Dende o Concello lémbrase que é unha bonificación rogada, co que debe de solicitarse todos os anos.

Nova distribución de colectores amarelos para envases lixeiros no rural silledense

Silleda, 2 de abril de 2018.  O departamento municipal de Obras e Servizos de Silleda iniciou hoxe a colocación de máis colectores amarelos de envases lixeiros. Nesta nova remsesa repartíronse 26 novas unidades por todo o rural, colocando en distintos núcleos de poboación.

Esta iniciativa súmase aos 126 colectores colocados o pasado ano (cunha ratio dun colector por cada 80 habitantes) coa implantación da recollida selectiva no rural, unha das grandes novidades do servizo municipal.

 Dende o Concello solicitaránse máis colectores amarelos a Ecoembes para continuar ampliando e mellorando o servizo.

Lémbrase aos veciños e veciñas que nestes colectores deben depositarse envases lixeiros: latas, bricks, envases de plástico, bandexas de forespán…. Este servizo é unha das claves no proceso de reciclaxe tendo en contra ademáis que se estima que o tempo de degradación do aluminio é de 400 anos, o do latón entre 20 e 40 anos e que o plástico tarda uns 500 anos.

A implantación da recollida selectiva no rural de Silleda rematouse o pasado verán.

“Se separamos ben para facer unha reciclaxe axeitada non só estaremos contribuíndo a manter o noso medio ambiente senon que tamén poderemos baixar o custe do servizo entre todos”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

 

O Concello asina coa Fundación Semana Verde a compra da parcela para a instalación da central da Rede de Calor

Silleda, 2 de abril de 2018.  Hoxe tivo lugar a sinatura do contrato de compravenda, entre o Concello e a Fundación Semana Verde da parcela na que se instalará o Centro de Producción e Abastecemento Enerxértico da futura Rede de Calor con biomasa.

O alcalde, Manuel Cuiña, e o director xerente da fundación xunto con técnicos das dúas entidades, asinaron o acordo polo que a parcela, de 6.973 metros cadrados de superficie pasa a ser de titularidade municipal. Deste acordo darase conta no pleno do vindeiro venres día 6 (10:00 horas), nunha sesión na que o goberno municipal tamén someterá a aprobación da Corporación o prego de cláusulas administrativas e a convocatoria de licitación da instalación da futura planta.

“A rede de calor é unha das inversións clave para o futuro de Silleda, un proxecto que estamos seguros que será moi beneficioso”, indica o alcalde, Manuel CUiña, lembrando ademais que a de Silleda será a primeira iniciativa destas características de promoción público-privada de Galicia.

Esta dotación suporá unha inversión de 816.587,67 euros, financiados con cargo á subvención do INEGA (nun 80%) e con fondos municipais.  

 

Obras este verán

As obras da Rede de Calor “District Heating” con biomasa iniciaránse este verán, previsiblemente no mes de xuño.

A Central de Producción ubicarase na nova parcela municipal, que está situada xusto detrás da Escola Municipal de Música, no  entorno da zona deportiva-educativa da vila de Silleda e dende alí subministrarase  calefacción e auga quente sanitaria a varios edificios conectados mediante tuberías preaisladas.  

A Central usará  biomasa como combustible, concretamente astilla. Na primeira fase incluiranse  o pavillón polideportivo César Fares, o campo de fútbol de Outeiriño, a piscina municipal, a Escola Infantil A Galiña Azul, a Residencia e Centro de Día de Maiores  e tamén o Hotel Vía Argentum.

“Coa licitación do proxecto que se abordará no pleno do vindeiro venres comeza unha nova etapa sobre este proxecto, a inversión máis grande en materia de novas enerxías que se ten levado a cabo no municipio e na súa comarca”, engade Cuiña.

 

Silleda súmase á rede de Concellos

Silleda, 31 de marzo de 2018.  O Concello de Silleda pasará a formar parte dos municipios “Doing bussiness”, no marco do protocolo asinado o pasado mes de decembro entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para fomentar a implantación e fixación de empresas.

A adhesión a este protocolo, co se busca ademais de asentar empresas no territorio fomentar a creación de emprego, implica a adopción dunha serie de medidas a nivel municipal, entre elas a modificación de ordenanzas fiscais. Esta iniciativa levarase ao próximo pleno ordinario de Silleda que se celebrará o vindeiro venres día 6 de abril.

Na proposta de Alcaldía, que conta cos informes favorables de Secretaría e Intervención, figura o establecemento de bonificacións potestativas de ata o 95% no Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e Imposto de Actividades Económicas (IAE) para as actividades económicas declaradas de especial interesse ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego. Tamén se propón unha bonificación en circunstancias similares para o Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO).

Estas vantaxes fiscais estableceránse –segundo marca o acordo suscrito entre Xunta e Fegamp- en función do número de postos de traballo que se xeneren.

Así establécense varios tramos: cando menos o 50% de rebaixa pola creación de ata 10 postos de traballo; o 75% por crear entre 11 e 20 postos de traballo e ata o 95% de reducción dos impostos para aquelas empresas que se asenten no municipio e creen máis de 20 postos.

Estas medidas de carácter fiscal deberán de manterse alomenos durante tres exercicios orzamentarios. Así mesmo, corresponderá ao pleno a decisión sobre as empresas a bonificar que así o soliciten.

“Consideramos que se trata dunha medida que pode favorecer o asentamento de novas empresas no noso municipio”, indica o alcalde e responsable municipal de Facenda, Manuel Cuiña. “Con esta iniciativa as Administracións trataremos de traballar en favor da creación de emprego, que é o obxectivo último destas medidas”, engade.

Os Concellos Doing Bussiness terán así mesmo preferencia en convocatorias en réxime de concorrencia competitiva para axudas autonómicas destinadas a impulsar a industria, o emprego e o emprendemento.

“Dende o goberno silledense seguimos contribuíndo, na medida das nosas posibilidades á creación de emprego, con iniciativas coma esta que se suman a outras de carácter municipal coma as axudas a fondo perdido para os veciños e veciñas que estando no paro decidan emprender o seu propio negocio”, explica Cuiña.

As bases que rexirán esta última iniciativa, o Plan Municipal de Axuda á Creación de Empresas, figurarán tamén na orde do día do pleno do vindeiro día 6, logo de que xa se habilitar no orzamento deste ano unha partida de 15.000 euros, similar a do pasado exercicio.

 

A Festa dos Callos de Ansemil-Martixe celebra a súa edición o vindeiro sábado 14 de abril

Silleda, 29 de marzo de 2018.  O sabor dos callos e a música tradicional volverán  encher o vindeiro sábado día 14 de abril a parroquia silledense de Ansemil Martixe. A Festa dos Callos e a Foliada da Pereiriña celebran o seu sexto aniversario consolidadas xa no calendario festivo do municipio de Silleda. Os membros da  Asociación Veciñal e Cultural de Ansemil-Martixe e da Asociación  Cultural e Musical Gaiteiros da Pereiriña presentaron hoxe no Centro Social da localidade a sexta edición desta cita nun acto ao que asistiu tamén o tenente de alcalde, Klaus Brey, e os concelleiros Pili Peón e Benito Saavedra.

Para a celebración da cita haberá carpa pechada e aparcadoiro gratuito. O menú estará composto por empanada, callos, pan, viño, postre e café. O prezo é de 12 euros (para nenos/as de entre 6 e 12 anos custa 5 euros, e os menores de 5 non pagan). As entradas para asistir poden mercarse en Martixe (Taberna de Isabel de Ubaldo); Breixa (A Nosa Taberna); O Castro (Bar Sanse); Saídres (Taberna de Concha); en Silleda (no Bodegón de Esther e na Casa da Cultura) e tamén na Bandeira (Bar Arume , A Taberna do Músico e Mercamella). Tamén haberá pulpeiro con carpa independente. As persoas interesadas en facer reservas ou recibir máis información poden chamar aos números de teléfono 626 913655- 615 958969.O prazo para reservar entradas remata o xoves 12 de abril. Este ano ademais os asistentes poderán facer xa a reserva como peñas.

A cita comezará con música arredor das 13:30 horas e continuará ata a noitiña. Na Foliada actuarán un total de nove grupos de música tradicional. Así, nesta edición estarán as Pandereteiras A Xariza, de Parada; Os Charabiscas de Vila de Cruces; o Grupo de Gaitas Xirandola da Bandeira; Pau de Buxo de Saídres; o grupo de baile Aires do Trasdeza do Colexio María Inmaculada; O Son da Fervenza, de Escuadro; o Grupo de Acordeóns da Escola Municipal de Música de Silleda; o Coro Voces da Terra de Vila de Cruces e o grupo anfitrión, os gaiteiros da Pereiriña de Ansemil-Martixe.

A xornada rematará coa actuación do Dúo Punto Cero.

 “Quixemos facer da xornada un punto de encontro para os veciños da zona e ao mesmo tempo ampliar a oferta gastronómica do municipio”, engaden dende a organización, que agradecen o apoio tanto do Concello de Silleda como de das distintas empresas e firmas colaboradoras.

Os membros da asociación teñen previsto preparar o seu afamado prato con 130 quilos de carne (100 kilos de pata, 10 kilos de ventre,  10 de panceta e outros 10 de chourizo) e preto de 80 quilos de garavanzos.

Dende o Concello de Silleda Klaus Brey felicitou aos colectivos organizadores “por acadar en pouco tempo con traballo e esforzo un grande éxito”, dixo, e destacou o esforzo e unión dos veciños para “consolidar definitivamente o sabor dos callos como un novo referente gastronómico do municipio de Silleda”, engadiu.     

Aprobado o proxecto para a segunda fase de mellora do acceso ao núcleo de Siador

Silleda, 28 de marzo de 2018.  O goberno municipal de Silleda vén de aprobar en Xunta de Goberno local o proxecto denominado Melloras de Camiños en Siador, que corresponde á segunda fase dos traballos prevista nesta localidade, na parroquia do mesmo nome.

Estas obras virán a completar a mellora do acceso ao lugar, acometida hai varios meses.

Os traballos acometeránse con cargo aos fondos que lle corresponden ao municipio a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, cunha inversión total de 48.373 euros.

Esta segunda fase suporá a mellora da rede viaria entre as vivendas do núcleo que se dotará de formigonado para salvar as deficiencias do firme actual.

Unha vez que o organismo provincial dé o visto bo á iniciativa, o Concello de Silleda procederá a contratar os traballos.

“Con esta nova fase de obras completamos a actuación no lugar de Siador, levando a cabo unha mellora integral nos accesos ante os graves desperfectos que presentaba a rede viaria desta localidade, unha das máis poboadas da parroquia”, sinala o concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey. Na primeira fase investíronse máis de 100.000 euros nas obras, que incluiron a realización dun muro de contención ante o grave risco de derrube da pista principal de acceso a este núcleo rural.

 

 

Renovación do peche de madeira do parque da praza Juan Salgueiro de Silleda

Silleda, 26 de marzo de 2018.  O Concello de Silleda vén de iniciar hoxe os traballos de mellora no parque da Praza Juan Salgueiro de Silleda (antiga praza da Feira Vella). A actuación que se está levando a cabo consiste na substitución de todo o valado exterior da zona de xogo infantil, que estaba moi deteriorado e mesmo sen madeira nalgún tramo.

Todo o recinto conta con máis de 50 metros de valla, que se repón co ánimo de mellorar este enclave. Con esta actuación o Concello inicia obras para mellorar as zonas de ocio e esparcimento, tendo en conta que esta praza é unha das máis concorridas da vila.

“Logo de renovar o parque da praza da Igrexa e do Bandeira con esta actuación seguimos apostando por mellorar os parques infantís do municipio”, explica o concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey.

Nas últimas semanas tamén se levaron a cabo outras melloras no ámbito do mobiliario urbano en Silleda e na Bandeira, coa reposición de bancos e papeleiras, entre outros.

Tamén no parque municipal das Pedrosas, onde o pasado venres se estrenou a rede de iluminación e novos sendeiros se procedeu á limpeza da cancha da baloncesto por parte do servizo municipal de xardinería.

“De cara á primavera estamos a preparar os espazos de ocio e lecer para disfrute dos veciños e veciñas”, indica o concelleiro.

 

 

O mosteiro de Carboeiro, estudado nunha tese sobre iluminación natural en templos da Idade Media

Silleda, 29 de marzo de 2018. O templo do mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro figura entre as igrexas da idade Media que forman parte dunha tesis doutoral sobre iluminación natural.

Baixo o  título “La iluminación natural del espacio eclesial en los reinos hispánicos de la Alta a la plena Edad Media” Jose Puente Martínez, leva dous anos e medio traballando neste estudo que se atopa xa en fase de redacción.

Este doctorando da Universidade Complutense de Madrid recalou hai uns días no mosteiro de Carboeiro para facer medicións e tomar fotografías que se incorporaran ao minucioso traballo sobre a iluinación en templos construidos básicamente entre o Século VI e VII ata o ano 1.200.

Xunto a Carboeiro figuran outros templos da comunidade galega como Santa Mariña de Augas Santas, Santa Maria de Xunqueira de Ambía, Armenteira, San Martiño de Gargantáns e a Catedral De Santiago. Son en total 85 templos de toda España, a maioría situadas na zona norte, aínda que tamén figuran na tese templos como Santa Lucía del Trampal (Cáceres) e outra igrexa en Toledo.

Di que o que mais lle sorprende de Carboeiro é a súa ubicación.  “Lo que me llamo la atención primeiro fue el enclave, en medio de la naturaleza. Como también  el paso de ruina a un edificio que ahora mismo está consolidado y con buen criterio, manteniendo la estructura y conservando prácticamente todas las ventanas originales”, señala destacando tamén que “se mantiene sobre todo el diseño de la iluminación original y unido a este paraje parece un templo construido directamente a la creación, inmerso en la naturaleza donde oyes el río, los pájaros...”

Con esta tese, Puente Martínez fai unha lectura que non se realizara ata o de agora “desde la Edad Media, porque non hay datos de cómo se iluminaban entonces las iglesias”, engade.

Advirte de denominadores comúns coma unha luz moi ben trabalhada “con localizaciones de las ventanas muy cuidadas, que son la causa última que permite el acceso de La Luz”. Os vanos abertos na fábrica, a súa altura, dimensións, e mesmo a orientación dos templos son algunas das análises que forman parte da súa tese. Das igrexas galegas destaca tamén as celosías como elemento característico.

De Carboeiro sinala que ao entrar á igrexa de San Lourenzo “nunca pierdes la referencia de la capilla radial axial, la perspectiva del vano, de La Luz, que es Dios, y está presente siempre deslumbrando sobre el Altar, como ya lo anuncian las ventanas de presbiterio”, indica Jose Puente.

A paixón deste doctorando graduado en Xeografía e Historia e cun Máster en Estudios Avanzados en Historia del Arte Español –na especialidade de Medieval- , quizás lle veña tamén da súa etapa como iluminador de teatro. “Ahora mismo estoy verificando datos, tomando fotos de la iluminación natural... un trabajo que a veces cuesta entender porque la gente no está concienciada. En la Edad Media tenían ya técnicas que permitían hacer ventanas mucho mayores pero no las abrían porque se buscaba una atmósfera de recogimiento en las iglesias”.

 

Das poucas sen iluminación eléctrica

De todas as igrexas que forman parte do estudio, Carboeiro é xunto con San Miguel de Escalada (en León) das poucas que quedan sen iluminación eléctrica. “Hay otras donde la iluminación es absolutamente descarada. La Luz contamina y sobre todo en estos edificios que no estaban pensados para soportar este tipo de iluminación. Cuando uno visita un edificio de estos tiene que entrar en su atmósfera” sinala indicando a singularidade do templo silledense.

 

 

.

 

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina