CONTRATACIÓN SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF)

O pleno do 24 de setembro de 2015 aprobou o prego de clausulas administrativas para a contratación, por procedemento aberto, do Servizo de Axuda no Fogar. No seguintes adxuntos figuran os pregos de condicións administrativas, de prescricións técnicas, o cadro de persoal actual do servizo, e o anuncio de licitación. 

PROGRAMA LÚDICO-EDUCATIVO DE APERTURA DE CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS FORA DO HORARIO LECTIVO NO CEIP DE SILLEDA - 2015

LICITACIÓN DO SERVIZO DO PROGRAMA LÚDICO EDUCATIVO DE APERTURA DE CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS FÓRA DO HORARIO LECTIVO

O Concello de Silleda licita o servizo do Programa Lúdico Educativo de apertura de centros escolares fóra do horario lectivo, por procedemento aberto, trámite de urxencia con multiplicidade de criterios de adxudicación

Contratación do servizo de Axuda no Fogar

ANUNCIO DE LICITACIÓN DO SERVIZO DE CAFETERÍA-BAR NO CENTRO SOCIAL DOS MAIORES

 

ANUNCIO   DE    LICITACIÓN

 

Licitación do contrato de xestión e explotación da Cafetería-Bar do Centro Municipal de Maiores de SILLEDA.

 

OBXECTO DO CONTRATO: o contrato ten por obxecto adxudicar a xestión e explotación da Cafetería-bar do Centro Municipal de Maiores de SILLEDA, ocupando a planta baixa do Centro Social dos Maiores de Silleda, sito en r/ Chousa Nova, nº67.

 

TIPO DE LICITACIÓN: prezo base de licitación establécese en 365,00 € anuais (30,41 euros mensuais) máis IVE, mellorables a alza.

 

PRAZO DE CONCESIÓN: 2  anos, prorrogables anualmente ata un máximo de CATRO.

 

ADXUDICACIÓN: procedemento negociado.

 

PROPOSICIÓNS: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral do Concello  dentro do prazo de 15 días naturais, a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Perfil do Contratante ou no Faro de Vigo (contando desde a súa publicación). (A publicación deste anuncio realizouse o 16 de xuño de 2014, polo que o prazo remata o 1 de xullo)

 

DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN: perfil municipal do contratante Concello de SILLEDA, onde se publican os Pregos e as restantes actuacións desta contratación. Igualmente na Secretaría Municipal.

 

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN: os sinalados no  prego de cláusulas administrativas.

 

GARANTÍA PROVISIONAL: non se esixe.

.

GASTOS DE ANUNCIOS: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.

 

Outras informacións: véxase o prego de claúsulas administrativas.

 

SILLEDA, 11 de Xuño de 2014.

 

 

O ALCALDE

 

Asdo.: Manuel Cuiña Fernandez

PREGO DE CLAUSULAS ADMINISTRATIVAS E DE CONDICIÓNS TÉCNICAS PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DO PROGRAMA LÚDICO EDUCATIVO DE APERTURA DE CENTROS ESCOLARES FORA DO HORARIO LECTIVO

Prego de claúsulas administrativas particulares para a contratación do servizo de consultoría e asistencia técnica propias dun arquitecto

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior