slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide

Benvidos á Web do Concello de Silleda

Síguenos nas redes sociais

  • Proxectos


    Inversións Plan PID

    Cos fondos que lle corresponden a Silleda, dentro do Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación de Pontevedra, dende o departamento municipal de Obras realizaranse as seguintes actuacións, por un importe total de 312.000 euros:

    • Reparación da ponte sobre o río Refoxos (Portodabalde, Parada)
    • Mellora e humanización do parque infantil e da praza do Entroido da Bandeira
    • Mellora do parque da praza da Igrexa da Bandeira
    • Dotación de zona de estacionamento no entorno da Igrexa de Fiestras
    • Dotación de elevador na Casa da Cultura de Silleda
    • Mellora e acondicionamento de pistas no rural
    • Aforro enerxético: adquisición de luminarias de baixo consumo e contadores de discriminación horaria.  

     

    Outras actuacións:

    Sendas de Manduas. Dende o Concello estase á espera que a Xunta de Galicia adxudique a construcción das sendas de Manduas, promovidas pola Concellería de Obras, e moi necesarias para mellorar a seguridade viaria no vial Bandeira –Vila de Cruces.

    Mellora e dotación de herba natural  no campo de fútbol de Agro Novo (Laro).

    Pasarela do muíño de Covián, en Rellas. Logo da restauración e mellora realizada a través do Obradoiro de Emprega que comezou no ano 2007, dende a Concellería de Obras e Servizos acometerase, con fondos municipais, a construcción da pasarela peonil de madeira para unir o muíño coa área recreativa que está nas súas inmediacións.O muiño, con 82 metros cadrados de superficie foi construido no ano 1810.

O tempo en Silleda O tempo en Silleda