Axudas a emigrantes retornados emprendedores/as

O prazo de axudas para emigrantes retornados emprendedores seguirá aberto ata o 31 de agosto

A convocatoria da Secretaría Xeral de Emigración favorece a aqueles que queiran crear a súa empresa ou abrir delegación en Galicia

O Concello de Silleda informa das subvencións da Secretaría Xeral da Emigración para emigrantes retornados que queiran emprender un negocio. 

Estas axudas son compatibles coas que ofrece a Consellería de Traballo e Benestar e o IGAPE, tamén para axudar a emigrantes retornados/as. Toda a información está dispoñible na seguinte ligazón:

http://emigracion.xunta.gal/es/actividad/linea-de-ayuda/subvenciones-promover-autoempleo-y-la-actividad-emprendedora-las-personas-2