¿Qué é Silleda Emprega?

É unha bolsa municipal de Emprego na que o Concello actúa como mediador entre a oferta e demanda de emprego. Este programa púxose en marcha en xullo de 2011, á vista da situación socieconómica, agravada co aumento do desemprego. No seu primeiro ano de funcionamento movilizaronse 290 currículums, e rexistráronse 508 persoas. Preto de 30 empresas recurriron ao Silleda Emprega en busca de persoal. A formación é outro dos ámbitos de traballo do programa.

Nesta bolsa de contratación os/as demandantes de emprego poden deixar os seus currículums e ao mesmo tempo as empresas locais buscar persoal con perfís adaptados ás suas necesidades.