Axudas a emigrantes retornados emprendedores/as

O prazo de axudas para emigrantes retornados emprendedores seguirá aberto ata o 30 de setembro

 

-A convocatoria da Secretaría Xeral de Emigración favorece a aqueles que queiran crear a súa empresa ou abrir delegación en Galicia

 O Concello de Silleda informa das subvencións da Secretaría Xeral da Emigración para emigrantes retornados que queiran emprender un negocio. 

Estas axudas son compatibles coas que ofrece a Consellería de Traballo e Benestar e o IGAPE, tamén para axudar a emigrantes retornados/as. Toda a información está dispoñible na seguinte ligazón:

http://emigracion.xunta.es/axudas-os-as-emprendedores-as-retornados-as