Vilar

A parroquia de Vilar é coñecida, entre outras cousas, dentro e fóra da comarca por contar cunha pequena comunidade da Igrexa Evanxélica, creada no ano 1902. Os intercambios con outros colectivos relixiosos de Ourense, Vigo, Marín... déronlle nome propio a esta comunidade dentro da xeografía española da Igrexa Evanxélica. A antigüidade da igrexa parroquial vén dada pola súa advocación a San Martiño e na súa arquitectura local destacan restos de algunhas casonas.

Celebrada é unha festa de carácter familiar que se coñece como a Festa da Morcilla e que ten lugar no mes de Xaneiro. Turismo Rural en Casa Campos.