Margaride

Costela, Gamil, San Fiz, Vilanova.

Aínda que pequena en extensión e poboación, Margaride dispón dunha serie de atractivos que convidan a facerlle unha visita. Por Margaride pasa a Vía da Prata, que aquí fai punto quilométrico 38. No fermoso lugar de Costela, nun conxunto de edificacións nobres atópanse a casa de turismo rural, Casa Méndez, a casa-torre do s. XV, único exemplar gótico de transición na arquitectura civil de Trasdeza e a casa e taller do pintor máis internacional con alma galega, Manuel Colmeiro (1901-1999) , onde pasou grandes temporadas, considerado hoxe por algúns, como un pequeno "santuario da arte galega".