Manduas

Andamollo, BANDEIRA A, Bravil, Calzada A, Castro O, Crestelle, Devesa A, Ferrozos, Letros, Lourás, Medelo, Moa A, Outeiro, Quintela, San Tirso, Vilaverde. Non aparecen no nomenclátor: Viña A.

Manduas, foi identificada polo medievalista Piel como a " Mándolas" do nomenclátor suevo de mediados do S. VI, tras sinalar que o seu nome procede do latín " amandola", que significa améndoa. Ten a curiosidade de que na súa demarcación está o núcleo de Bandeira que con 665 habitantes, (censo de 2003), unha estructura urbana ben trazada e unha oferta comercial e de servicios de relevancia segue en importancia a Silleda. O longo do seu término cabe destacar, a igrexa parroquial, levantada nos anos trinta, coa porta románica da orixinal e co detalle de ser a única da Comarca coa fachada ó nacente. Así mesmo hai tres cruceiros de especial interese situados no cemiterio, no campo da feira e no lugar de Quintelas. Na arquitectura civil, sobresae a Casa da Viña con escudo con armas dos Gil, Taboada, Luaces e león coroado dos Valenzuela e capela dedicada a San Antonio. Nesta casa, naceu o escritor e político Ramón Valenzuela (1914-1980).