Cortegada

Barral O, Brea A, Camporrapado, Cardigonde, Cortegadela, Covas, Fondevila, Framiñán, Regalade, Segade Xubin. Non aparecen no nomenclator: Burgo O, Chaos Os, Pena A, Revolta A.

Parroquia das de maior superficie do concello e unha das máis poboadas é acreedora de atención por datos históricos de certo interese. Tiña feira propia en Camporrapado o día 24 de cada mes. E foi paso obrigado cara ó Ribeiro polo camiño de ferradura que o cruzaba. No S. XVIII tiña censados dez taberneiros e quince arrieiros. Destacar, os vestixios da vida primitiva co Castro do Cura e na arquitectura relixiosa a igrexa do s. XVI e as capelas de S. Brais da Casa de Os Chaos, famosa pousada de arrieiros; de Framiñan dedicada a Sta Lucía e a dos Aflixidos, en Camporrapado do ano 1812. En Camporrapado atópase a casa natal do político galeguista Antón Alonso Ríos (1887-1980)