José Vales Maia

Nacido en Manduas, en 1896, alcanzou notable éxito como tenor en Arxentina, a onde chegou como emigrante, sendo moi xoven. Realizou estudos en Milán e sendo discípulo de Pisapia, forma parte de diversas compañías, interpretando como tenor importantes papeis por todo o mundo. En España, debutou en 1927 no Teatro Real de Madrid, coa ópera de Wagner, Lohengrin. Anos antes da súa morte, acaecida en Avellaneda (Bos Aires) en 1976, dirixíu o coro da Casa de Galicia na capital arxentina.