¿Cómo funciona?

Os Servizos Sociais do Concello supervisan, tutelan e coordinan a rede, que funciona cunha comunicación bilateral entre o Concello e as asociacións. Se unha asociación detecta que na súa localidade un veciño/a ou unha familia precisa de axuda, contactará cos Servizos Sociais, que poñerán en marcha a busca dos recursos necesarios lanzando a mensaxe a través doutros colaboradores da rede, entidades ou empresas que queiran axudar.

A través deste espazo web municipal as asociacións poden conectarse cos Servizos Sociais para formular avisos ou ben ofertar recursos.

Se pertences a unha asociación colaboradora e queres contactar cos Servizos Sociais , ou ben sumarte a esta rede, preme aquí

O Concello de Silleda estrea o programa Silleda Solidaria

O Concello de Silleda aposta pola creación dunha rede de axuda, contando coas asociacións do municipio e coas empresas que queiran colaborar, para axudas ás familias sen recursos, que están aumentando por mor da crise. Está baseado nos principios de cooperación, intercambio e solidariedade.