Programa Avelaíña: Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica

A compañía BocAberta trae a través do programa Avelaíña o contacontos teatralizado "Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica". A cita, para nenas e nenos ata 10 anos será na Casa da Xuventude ás 18:00 horas, con entrada de balde.