Entroido na Bandeira: Vellada e Tractor Filloeiro

O programa organizado pola Asociación de Xenerais do Entroido da Bandeira arranca hxe  venres coa xa tradicional Vellada e o Tractor Filloeiro que iniciarán o percorrido ás 20.30 dende a praza da Feira pasando pola rúa Ramón de Valenzuela, rúa Xeral e Camilo José Cela. Haberá filloas gratis e chourizo para os que vaian disfrazados de vellos/as e o tractor venderá estes pratos no seu percorrido.