Curso de coñecemento do viño en Ansemil-Martixe

O local social de Ansemil-Martixe acollerá os vindeiros días 11, 12, e 13 deste mes de decembro un curso de coñecemento do viño. A cita será a partir das 19.30 horas nas tres xornadas, impartida por Alfonso Losada, xefe de Enoloxía da Estación de Vitucultura e Enoloxía de Galicia.

A inscrición custa 10 euros e o ciclo ten un número máximo de 24 prazas. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través da Asociación Cultural e Veciñal de Ansemil-Martixe ou na Casa da Cultura de Silleda (986 581021).

O curso abordará contidos básicos coma as castes de vide autóctona galega, nocións sobre elaboración do viño e outros temas relacionados coa cata coma identificacións do aroma, cor, componentes gustativos, o equilibrio do viño, a detección de defectos, ou a importancia e formación na cata.

A cita está coorganizada pola Concellería de Cultura e Participación Cidadá, que dirixe Matías R. da Torre e a Asociación Cultural e Veciñal de Ansemil-Martixe. A idea é realizar  un primeiro achegamento teórico-práctico á cultura do viño, con catas das diferentes denominacións de orixe galega e tamén uns consellos sobre como experimentar coa uva local para a elaboracion do viño.

Día 18 de novembro

Espectáculo infantil Os Axóuxeres. Ás 18.00 horas, na Casa da Xuventude.

Día 11 de novembro

Concerto da Banda de Música de Teo no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira, ás 18.30 horas

Día 10 de novembro

Exposición de fotos antigas en Fiestras. Charla sobre a paisaxe do Val do Toxa, magosto e música de Pau de Buxo. A partir das 16.00 horas

Magosto popular en Ponte. No local social a partir das 21.30 horas.  

Día 9 de novembro

Magosto no Centro Cultural Vistalegre. Ás 20.30 coa actuación do dúo Máster

Axenda

Día 9 de novembro. Magosto no Centro Cultural Vistalegre. Ás 20.30 coa actuación do dúo Máster

Día 10 de novembro: Exposición de fotos antigas en Fiestras. Charla sobre a paisaxe do Val do Toxa, magosto e música de Pau de Buxo. A partir das 16.00 horas

Día 10 de novembro. Magosto popular en Ponte. No local social a partir das 21.30 horas.

Día 11 de novembro: Concerto da Banda de Música de Teo no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira, ás 18.30 horas

Día 18 de novembro. Espectáculo infantil Os Axóuxeres. Ás 18.00 horas, na Casa da Xuventude.

Días 11, 12 e 13 de decembro. Curso de coñecemento do viño en Ansemil-Martixe

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior