O goberno municipal comeza a buscar financiación para a nova casa consistorial de Silleda

Silleda, 26 de xuño de 2018.  O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e o arquitecto autor do proxecto da nova casa consistorial de Silleda, Abraham Castro, presentaron hoxe o deseño do que será o futuro edificio de Silleda, nun acto público que tivo lugar na actual Casa da Cultura, onde se ubicarán as novas dependencias.

O rexedor lembrou o proceso e antecedentes desta iniciativa, unha proposta que se plantexou na campaña das municipais de 2015 “e que sempre dixemos que levariamos adiante co respaldo dos veciños”, engadiu o rexedor, ademáis de lembrar a celebración da consulta popular o 4 de xuño de 2017 , cunha ampla participatición (na que a veciñanza respaldou o cambio de sede e unificación dos servizos municipais) e o proceso para convocar un concurso de ideas entre os estudos de arquitectura silledenses (ao que se presentaron 4 propostas), Cuiña explicou a situación actual dos servizos municipais.

“Somos 16 personas traballando no consistorio actual, que data de 1870, outras 17 nas oficinas da rúa Alfonso Trabazo e 8 mais no Centro Social, en oficinas cunha serie de deficiencias”, explicou. Cuiña advirteu que o cambio se propón con obxectivos claros: accesibilidade, centralización, modernización da Administración Local, racionalización e aforro, “ e en consecuencia a mellora da calidade dos servizos para os nosos veciños e veciñas”, engadiu.

Así mesmo o rexedor explicou que o proxecto “suporá unha reforma completa de todo o entorno, tanto da praza Siñor Afranio como da rúa Morón”. Así avanzou que xa está listo o anteproxecto para concorrer a unha liña de axudas coa que se mellorará a zona de Morón e Alonso Ríos (rúa adxacente á citada praza).

Compromiso claro

Cuiña explicou que a vindeira semana solicitará reunión en distintas Administracións para cofinanciar o proxecto cun orzamento total (incluido IVE, gastos xerais…) de 1.236.761,69 euros.

“O noso compromiso sempre foi claro. Nunca nos endebedaremos máis aló desta lexislatura, non imos hipotecar a futuras corporacións, e polo tanto non se acudirá a créditos para facer esta obra”, explicou.

Cuiña considera que ademais do Concello de Silleda, “que a día de hoxe está en disposición de aportar o 33% do orzamento” deben de participar na reforma a Consellería de Vicepresidencia e Administracións Públicas e a Deputación de Pontevedra, aos que se proporá participar coa citada porcentaxe do custe.

Aínda que falar de prazos semella prematuro, Cuiña explica que posiblemente as obras –que se executarán nunha sola fase- se inicien o vindeiro ano.

Unha transformación total

Pola súa banda o arquitecto Abraham Castro encargouse de explicar aos asistentes os detalles do deseño, que quedará exposto nunha maqueta na Casa da Cultura.

Castro amosouse convencido de que o novo consistorio “suporá unha transformación total” a nivel urbanístico da vila.

Ademais da remodelación integral do edificio actual –ao que se lle dará un carácter máis institucional-, na parte traseira construirase un novo edificio (na marxe oposta á biblioteca, que desaparece desta ubicación) de dúas plantas, onde estarán distintos servizos e crearase un gran patio exterior, con zona axardinada, esculturas, fonte…

O edificio será totalmente accesible polas dúas rúas, con aseos adaptados en todas as plantas e renovará todo o sistema enerxético coa vista posta la Rede de Calor con Biomasa, unha aposta que comezará a executarse esta mesma semana coas obras da primeira fase.

No edificio actual estarán na primera planta o punto de atención ao cidadá, rexistro municipal, Policía Local e Xulgado de Paz. Na segunda estará Alcaldía, concellerías e os departamentos de Intervención, Secretaría e Oficinas Xerais. Na última pranta situarase o Salón de Plenos e Auditorio, separados por tabiques móviles e butacas reversible para adaptarse se fora necesario ambos espazos.

O novo edificio albergará na pranta baixa os despachos de servizos (fontanería, electricidade) e nunha zona máis recollida o departamento de Servizos Sociais. Tamén se ubicará aquí –na primeira planta-  Urbanismo, o Servizo de Augas, Arquivo e outros departamentos técnicos (AEDL, Consumo, Emprego e Turismo.

As fachadas dos dous edificios contarán con materiais unificados e estarán unidos por unha pasarela tamén con dotación simbólica: cun sistema de vigas de 33 pezas que representan a cada unha das parroquias silledenses. En total a intervención contará cunha superficie construída de 1.510,89 metros cadrados, e unha superficie total útil de máis de 1.020 metros cadrados.

Castro, que bautizou o proxecto como Naturalmente Noso, explicou que o deseño parte de dous conceptos : a natureza, tan presente no municipio, e o sentimento de pertenza.

 

 

 

A Romaría do Rapaz encherá de cor o recinto da Saleta o vindeiro domingo 24 de xuño

Silleda,  5 de xuño de 2018. A Romaría do Rapaz celebra a súa trinta   edición o vindeiro domingo día 24. A cita, no recinto da Saleta, en Siador, contará con actividades xa clásicas e  terá como lema A Festa das Cores. Serán un total de 36 propostas, entre espectáculos, obradoiros, actividades….

Esta festa singular e única en Galicia, onde os cativos son os protagonistas arrancará ás 11.00 horas coa apertura de obradoiros, inchables, actividades deportivas e multiaventura, que continuarán durante toda a xornada.

Entre os obradoiros figuran chapas, maquillaxe, plástico máxico, gafas molonas, obradoiro vexetal xenial , somos auga!, pasta gansa, e un de mini horta, e outro titulado “Que animal agocha a túa man” (organizado pola Anpa do CEIP de Silleda).

Os nenos poderán disfrutar este ano con outras actividades pedagóxicas como son o espazo “multixogo” –para os máis pequenos_, Animal Karts, e como novidade unha zona multiaventura infantil. Pola tarde  haberá tamén actividades relacionadas coa reciclaxe e o medio ambiente. Así, ademais da campaña informativa “Separar con xeito”, da Consellería de  Medio Ambiente, a Romaría contará este ano co obradoiro “Texido educativo”, no que os participantes convertirán calcetíns e camisetas en monicreques e bolsos, a través da Fundación Humana.

Gran tirolina de 100 metros

En canto ás actividades multiaventura a Romaría do Rapaz contará este ano cunha tirolina de grandes dimensións, con 100 metros de percorrido. Entre as novidades figuran un campo de Nerf e un circuito de carbikes. Ademais, haberá pontemono, rocódromo, bola zorbing.  

Respecto ás actividades deportivas destaca o campo de petanca, as simultáneas de xadrez, tiro con arco,  e o futbolín humano.

Animación do recinto

Durante toda a xornada celebraranse actividades musicais e de animación do recinto. Cabezudos con personaxes de Disney, a música da Requinta da Laxeira e o espectáculo itinerante de A Corva (con Cris Collazo)  desfilarán polo entorno ao longo da xornada.

No apartado de inchables a romaría contará este ano con 4 espazos: o toro mecánico; o pirata; rei león e o tobogán saltarín.  

Ademais, haberá unha caseta de información aberta durante toda a xornada na que se poderán mercar pulseras localizadoras, e camisetas conmemorativas deste certame. Todo o recadado destinarase ao programa municipal Silleda Solidaria.

Títeres, clown e fin de festa con Saabor!!

Pola tarde, terá tamén lugar o espectáculo “Romance de cans”, de O Cego dos Monifates, incluido no programa do Ano da Língua,  e baseado no conto “Can branco, can negro” de María Victoria Moreno. A cita está prevista para as 16:30 horas .

Unha hora despois, ás 17:30, chega “Bambolina”, a historia dos paiasos Lela e Lolo da man de Barafunda Teatro, que farán rir a toda a familia.

Non faltará nesta edición un dos clásicos da Romaría como é o desfile de moda con traxes realizados a partir de material de refugallo. Esta actividade está organizada polo Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda. O prazo para participar remata mañá mércores. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Nos vindeiros días comezarán os obradoiros de preparación nos que os nenos e nenas realizan as súas creación para o desfile, que terá lugar a partir das 19:30 horas no anfiteatro da Saleta. Xunto antes haberá unha exhibición da escola deportiva de Zumba Kids.

A Romaría do Rapaz rematará co espectáculo Saabor!,  cos actores Fran Rei e Félix Rodríguez, un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público co mundo da gastronomía de fondo

Dende a Concellería  de Cultura, Ana Luisa González,  agradece a participación a todos os que colaboran con “esta festa única, que  de seguro volverá a encher de ilusión a moitos nenos e nenas e que neste ano soplará nada menos que 30 velas”, engade Ana Luisa González.

Dende o Concello tamén se fai un chamamento á colaboración dos asistentes á hora de aparcar (lémbrase que hai aparcamentos de balde no entorno do recinto) e respetar a sinalización en canto a circulación do tráfico na zona.

O recinto volverá a contar con servizo de pulpeiro e bar. Haberá mesas e sillas a disposición das persoas e grupos que queiran xantar na carballeira do recinto durante a xornada.

 

 

 

 

 

 

 

 

O Concello de Silleda recolle as aportacións da veciñanza para a remodelación da praza Juan Salgueiro de Silleda

Silleda,.14 de maio de 2018. Silleda,  14 de maio de 2018.  O Concello de Silleda vén de abrir unha consulta popular entre a veciñanza para a remodelación da praza Juan Salgueiro, antiga praza da Feira Vella.

Con esta iniciativa os veciños e veciñas de Silleda poderán formular as súas propostas para reformar este emprazamento público da vila e dar a súa opinión. Os formularios on line poderan descargarse a través da paxina web, redes sociais ou códigos QR que se difundirán dende hoxe. Tamén se poderan obter os formularios en papel na Casa da Cultura, Casa da Xuventude e Casa do Concello.

Neste cuestionario, aberto ata o vindeiro 31 deste mes, formúlanse preguntas sobre os espazos que os veciños queren na praza, elementos coma os pavimentos, cuestións relativas ás sombras, e tamén ao tráfico no entorno. Así mesmo tamén hai un apartado aberto no que os usuarios poder realizar outras suxerencias.

“Consideramos que será unha boa medida para que os silledenses poidan participar no deseño deste emplazamento. Cremos que será máis operativo recoller as opinións así e unha vez que teñamos claro o que se vai a facer nesta remodelación integral presentar aos veciños e veciñas un anteproxecto”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

Hai varias semanas o rexedor anunciou a remodelación deste emprazamento así como a renovación dos elementos de xogo do parque, moi deteriorados a día de hoxe. “Vanse a renovar os columpios pero tamén queremos ter en conta a opinión dos veciños sobre outras cuestións para remodelar este espazo”.

Logo da renovación do parque da Igrexa e o da Bandeira, o da praza Juan Salgueiro será o seguinte en contar cun novo recinto, á vista do deterioro da zona de xogos no que xa se viñeron acometendo arranxos puntuais nos últimos anos.

“Somos conscientes de que este emplazamento, no centro do pobo,  é moi utilizado por veciños e familias e consideramos que se debe de acometer unha remodelación da zona, ao igual que se fixo nos últimos anos con outros espazos públicos”, sinala o alcalde.

Así, Cuiña cita a remodelación do entorno da praza da Igrexa de Silleda, o parque municipal das Pedrosas ou a praza da Feira da Bandeira.

No ano 2011 esta praza pechouse ao tráfico e creáronse ademais pequeñas áreas axardinadas a fin de humanizar o entorno.

“Agora acometeremos un proxecto máis ambicioso para reformar este enclave renovando o parque e apostando por novos diseños, para o que agardamos contar cas aportacións dos usuarios desta praza”, explica o alcalde.

Para achegar as propostas débese  de cubrir un formulario de Google que se atopa neste enlace  https://goo.gl/9Twyk7.

 

 

Medidas de autoprotección fronte ao risco de incendios forestais da Xunta de Galicia,

O Concello de Silleda informa sobre as medidas de autoprotección fronte ao risco de incendios forestais da Xunta de Galicia. Nesta imaxe recollese un resumo da normativa.

 

O Servizo Lúdico do Concello de Silleda oferta prazas do campamento de verán na Bandeira

Silleda, 19 de marzo de 2018. A Concellería de Educación, que dirixe Pilar Peón,  informa de que aínda quedan prazas libres para o campamento de verán do Servizo Lúdico na localidade da Bandeira.

Dado que non se cubriron aínda as 25 matrículas necesarias para a realización deste servizo na localidade da Bandeira volven ofertarse prazas. As familias interesadas deberán presentar no Rexistro Municipal a solicitude (o formulario tamén se pode descargar da web municipa, pinchando no titular desta noval). O prazo estará aberto ata o vindeiro 2 de maio.

O prazo de reserva abriuse xa en agosto do pasado ano para as actividades de todo o curso, “pero xa que na  Bandeira non contamos aínda cas matrículas suficientes para poder celebralo, informamos de novo ás familias interesadas para que poidan inscribir aos nenos e nenas”, explica a concelleira.

Coa inscrición hai que axuntar unha serie de documentación, (fotocopia do Libro de Familia, fotocopia da tarxeta sanitaria do/a menor,  declaración da Renda 2016…), entre elas a autorización de domiciliación de recibos, cun formulario que tamén está dispoñible para os usuarios.

O servizo –para nenos e nenas de 3 a 12 anos- prestarase, en horario de mañá e tarde, dende o mes de xuño (ao día seguinte de rematar as clases) ata setembro (na víspera de inicio do novo curso escolar).

 

Comeza o proceso de investigación da concentración parcelaria de Oleiros

Silleda,  20 de marzo de 2018.   O proceso de reestructuración parcelaria da parroquia de  Oleiros continuou hoxe coa celebración dunha nova xuntanza na que se explicaron os trámites que os propietarios deben de realizar para iniciar o proceso de investigación sobre a titularidade das fincas. O alcalde, Manuel Cuiña, xunto cos concelleiros de Medio Rural, Jesús Taboada e de Obras e Servizos, Klaus Brey, asistiron ao encontro no que personal técnico da Consellería de Medio Rural e do Concello explicaron aos veciños as instruccións e documentación a adxuntar para identificar os seus predios.

No encontro xa se repartiron formularios para levar a cabo o proceso, que tamén estarán dispoñibles nas dependencias de Urbanismo do Concello. Así mesmo, presentáronse os planos da zona afectada polo proceso.

Todos aqueles que queiran consultalos poden facelo dende mañá no Concello (nas oficinas de Urbanismo, sitas na rúa Alfonso Trabazo), e tamén poden verse na páxina web da Consellería do Medio Rural, no seguinte enlace:http://mediorural.xunta.gal/nc/es/areas/infraestructuras/concentraciones_parcelarias/publicacions/

Do mesmo xeito tamén quedarán expostos nas vindeiras semanas no centro social de Oleiros.

Asamblea o 5 de abril

Por outra banda, o Concello xa convocou mediante edicto a asamblea veciñal na que se elexirán aos representantes dos propietarios na xunta local  (4 titulares e 4 suplentes) e no grupo de traballo. Estas entidades estarán formadas ademais por representates da Consellería e do Concello.

A asamblea terá lugar o vindeiro xoves 5 de abril ás 12:00 horas no local social de Oleiros. 

A partir de ahí coordinarase un calendario de reunións entre as dúas Administracións para que os propietarios presenten a documentación.

 

O prazo para solicitar as subvencións culturais e deportivas de 2018 remata o vindeiro 13 de marzo

Silleda, 13 de febreiro de 2018.  O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra ven de publicar as bases reguladoras das subvencións municipais de Silleda a entidades culturais, deportivas  e veciñais, ara o presente exercicio.

As bases foron aprobadas no pleno do pasado 25 de xaneiro, introducindo como modificación xeral respecto ás do ano anterior as datas de xustificación. Así, estas axudas municipais deberán de xustificarse como data límite o 10 de novembro. “Esta vez levamos as bases ao primeiro pleno do ano a fin de axilizar a aprobación das axudas municipais e facilitar que as asociación e entidades poidan cobrar as subvencións dentro do exercicio en curso”, indica a concelleira de Cultura e Deportes, Ana Luisa González.

En total repartirase entre as tres liñas de subvención 98.000 euros, unha cantidade similar ao do pasado ano e que supuxo un incremento de máis dun 30% respecto á anualidade de 2016.

No tocante ás axudas a actividades culturais, a cantidade que se repartirá é de 58.000 euros.

En canto ás deportivas as bases inclúen como novidade a categoría de Escolas Deportivas. Así, e segundo recollen as bases a partida total será de 35.000 euros, dos que 10.000€  se distribuirán entre as Escolas Deportivas. Terán consideración de escola deportiva aquelas cun mínimo de 25 nenos/as.

O prazo para presentar as solicitudes será de  30 días naturais contados a partir de mañá martes, co que as asociacións, entidades e clubes terán como data límite para facer as solicitudes o vindeiro martes 13 de marzo. No caso das axudas de participación social e/ou veciñal, liña que se incorporou en 2017, o prazo rematará o 14 de marzo.

Dende o Concello de Silleda, ao igual que se vén facendo nos últimos anos, difundiranse as tres convocatorias entre o amplo tecido asociativo co que conta o municipio silledense.

Para consultar as bases e descargar os formularios preme no titular desta nova.

ANUNCIO PARA A CONTRATACIÓN DE UN/UNHA CONSERXE -SUBALTERNO PARA O AUDITORIO MANUEL DOPAZO, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA PARA SUSTITUIR Á SÚA TITULAR QUE SE ENCONTRA DE BAIXA POR ILT

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.- O obxecto da convocatoria é a provisión dunha praza de CONSERXE -SUBALTERNO, para substituír ao seu titular que se encontra en baixa por incapacidade laboral temporal A contratación é como persoal laboral temporal a xornada completa na modalidade de contrato de interinidade e se resascindirá coa finalización da situación de baixa.

 

2. PUBLICACION. A presente convocatoria publicase íntegra na páxina web do Concello de Silleda ( www.silleda.es) e no Taboleiro de Anuncios, xunto coas Bases Reguladoras que rexerán este proceso de selección.

 

3.- SOLICITUDES E ADMISIÓN DE ASPIRANTES. Os/as interesados/as no proceso selectivo deberán presentar instancia (segundo modelo que figura como ANEXO I das bases) na que se declare que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nas mesmas. Deberá acompañarse copia compulsada do DNI ou, no seu caso, de documento equivalente.

 

4. PRAZO. O prazo de presentación de solicitudes será de 6 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto do anuncio da convocatoria nos xornais comarcais (Voz de Galicia e Faro de Vigo). A presentación das solicitudes farase no Rexistro do Concello de Silleda, en horario de 9 a 14 horas en días laborables. Si o último día coincide en sábado, domingo ou festivo prorrogarase ao día seguinte hábil.

Para ver as bases da convocatoria e o anexo, prema no titular desta nova

 

 

A unidade móbil da ITV agrícola visita o municipio nas vindeiras semanas

Silleda, 12 de xaneiro de 2018. A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visitará o municipio de Silleda durante as vindeiras semanas. Estará ubicada durante varias xornadas en diferentes puntos.

A primeira ubicación será na parroquia de Laro, no campo da festa os días 30 e 31 deste mes.

Despois visitará A Bandeira, onde se ubicará na rúa Esmorga dende o 1 ao 5 de febreiro; Escuadro (xunto ao cemiterio) do 6 ao 8 de febreiro; e Silleda (detrás do ambulatorio) do 9 ao 12 de febreiro.

O horario habitual de atención será de 9:00 a 13:30 horas  e de 15:15 a 18:00 horas de luns a venres, agás os días 2 e 8 de febreiro, en horario só de mañá.

Para solicitar cita previa os interesados poden facelo vía telefónica, chamando ao 902 309000, ou a través da páxina web www.sycitv.com. Dende o Concello de Silleda colocaránse bandos informativos nos próximos días detallando os lugares e horarios. 

O Centro de Desenvolvemento Agrario e Fademur poñen en marcha un programa de inserción laboral e emprendemento para mulleres

Silleda, 6 de xaneiro de 2018.  O Centro de Desenvolvemento  Agrario, a través da  Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, FADEMUR Galicia, pon en marcha o programa “REDMUR: REDE DE EMPRENDEMENTO E INSERCION SOCIOLABORAL PARA A DIVERSIFICACIÓN DE ACTIVIDADES SOSTIBLES NO MEDIO RURAL” , unha iniciativa  que tamén se está a levar a cabo noutras comunidades como Estremadura, Castela e León, Castela A Mancha e Madrid.

O desenvolvemento do programa parte da colaboración entre o a Concello de Silleda, a través do Centro de Desenvolvemento Agrario e a  Concellaría de Benestar Social, Igualdade, Educación e Sanidade e Fademur Galicia. O concello comprometeuse a colaborar activamente na selección das usuarias, informando a través das usuarias da bolsa de emprego municipal e sumando esta actividade ao proxecto de Centro Agrario que están a desenvolver, e proporcionando as instalacións municipais precisas para o realizar a formación das interesadas no programa.

Para levar a cabo o programa farase unha selección de un mínimo de 12 mulleres desempregadas ou inactivas do concello coas que se traballará  no deseño de itinerarios de inserción profesional, tamén na motivación na procura de emprego e na detección de ocos de emprego na zona, de cara a mellorar as posibilidades de emprego das participantes.

Para participar en dito programa as interesadas poderán apuntarse por teléfono en FADEMUR Galicia 881817256 ou a través do Concello de Silleda no 986580000 antes do 15 de xaneiro. Tamén o poderán solicitar por correo electrónico ao enderezo galicia@fademur.e ou a través de info@silleda.gal.

Outro dos obxectivos do programa é a participación de mulleres emprendedoras e empresarias en redes de comercialización de produtos a través de mostras, encontros ou feiras de emprendemento, a celebrar conxuntamente con outros actores do territorio e as participantes do proxectos de cara a promover alianzas e sinerxías, a revalorizar os produtos agroalimentarios, artesáns e os servizos locais de calidade mediante a orientación para a sustentabilidade.

A través de todos estes apartados, FADEMUR Galicia traballa coas mulleres e as administracións públicas en aspectos tan diversos como a loita contra a violencia de xénero, mediante a independencia económica das mulleres, ou a fixación da poboación no ámbito rural a través do apoio á economía local.

O programa pon en marcha accións formativas presenciais e en liña, as usuarias recibirán en todo caso formación adicional sobre novas tecnoloxías así como detección de ocos de emprego.

 

A plataforma de formación en liña estará aberta para que outras mulleres do ámbito rural, e que residan fora de Silleda tamén poidan acceder aos cursos.

 

O programa REDMUR conta co financiamento do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina