ANUNCIO CONTRATACIÓN DUN/A PEÓN DE LIMPEZA

ANUNCIO PARA A CONTRATACIÓN DE UN/UNHA PEÓN DE LIMPEZA, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA PARA SUBSTITUIR Á SÚA TITULAR EN BAIXA POR ILT.

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.- O obxecto da convocatoria é a provisión dunha praza de PEÓN DE LIMPEZA DE EDIFICIOS, para substituír ao seu titular que se encontra en baixa por incapacidade laboral temporal  A contratación é como persoal laboral temporal a xornada completa na modalidade de contrato de interinidade e se rescindirá  coa finalización da situación de baixa.

2. PUBLICACION. A presente convocatoria publicase íntegra na páxina web do Concello de Silleda ( www.silleda.es) e no Taboleiro de Anuncios, xunto coas Bases Reguladoras que rexerán este proceso de selección.

3.- SOLICITUDES E ADMISIÓN DE ASPIRANTES. Os/as interesados/as no proceso selectivo deberán presentar instancia  (segundo modelo que figura como ANEXO I das  bases) na que se declare que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nas mesmas. Deberá acompañarse copia compulsada do DNI ou, no seu caso, de documento equivalente.

4. PRAZO. O prazo de presentación de solicitudes será de 6 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto do anuncio da convocatoria nos xornais comarcais (Voz de Galicia e Faro de Vigo). A presentación das solicitudes farase no Rexistro do Concello de Silleda, en horario de 9 a 14 horas en días laborables. Si o último día coincide en sábado, domingo ou festivo prorrogarase ao día seguinte hábil.

SILLEDA a 10 de Xaneiro de 2018.A Concelleira Delegada. María del Pilar Peón Iglesias

Servizo de Recollida de Lixo: Acta da Mesa de Contratación e Informe da Deputación de Pontevedra

Servizo de Recollida de Lixo: Anuncio de apertura do sobre C e calificación final

BASES PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE 2 CONDUCTORES DE VEHÍCULO MOTOBOMBA PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

BASES PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE 3 SOCORRISTAS PARA AS PISCINAS MUNICIPAIS

SERVIZO RECOLLIDA DE LIXO: ANUNCIO CALIFICACIÓN DE PLICAS E CONSTITUCIÓN DA MESA DE CONTRATACIÓN

ANUNCIO: LICITACIÓN SERVIZO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS

 

ANUNCIO   DE    LICITACIÓN

 

Licitación do contrato de xestión do servizo público de recollida e

transporte de residuos sólidos urbanos, coa exclusión

de papel, cartón, vidro, enseres e voluminosos,  do concello de SILLEDA.

 

 

OBXECTO e procedemento de adxudicación: Concesión administrativa do

servizo público de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, coa exclusión

de papel, cartón, vidro, enseres e voluminosos,  do concello de SILLEDA, mediante

procedemento aberto con multiplicidade de factores.

 

TIPO DE LICITACIÓN: tipo máximo de licitación, 210.000 € anuais, 17.500 € mensuais, IVE incluído.

 

PRAZO DE CONCESIÓN: prazo de CATRO ANOS, prorrogables.

 

ADXUDICACIÓN: procedemento aberto con multiplicidade de factores e trámite

normal.

 

PROPOSICIÓNS: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral do Concello  dentro do prazo de 26 días naturais, a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no B.O.P. As Bases e demais trámites se publicarán no Perfil do Contratante do Concello de Silleda.

 

DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN: Perfil do Contratante, onde se publican os Pregos e as restantes actuacións desta contratación e na Secretaría Municipal.

 

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN: os sinalados no  prego de cláusulas administrativas.

 

GARANTÍA PROVISIONAL: non se esixe. Garantía definitiva: o 5% de prezo

anual de adxudicación, IVE excluído.

 

Revisión de prezos: Segundo se establece no prego de cláusulas administrativas.

 

GASTOS DE ANUNCIOS: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.

 

Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

 

SILLEDA, 2 de Decembro de 2014.

 

 

O ALCALDE

Asdo.: Manuel Cuiña Fernandez

 

ACTA TERCEIRA MESA DE CONTRATACIÓN DO SAF: APERTURA SOBRE A

A Mesa de Contratación do SAF reuniuse o luns día 9 de novembro para a apertura do sobre A (oferta económica). A Mesa elabora a súa proposta ao órgano de contratación coa clasificación das ofertas.

ACTA SEGUNDA MESA CONTRATACIÓN SAF E CONVOCATORIA TERCEIRA SESIÓN

CONTRATACIÓN SAF: APERTURA SOBRES B E C

A Mesa de Contratación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Silleda reuniuse hoxe mércores 28 de outubro para a apertura dos sobres B e C das ofertas presentadas. 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina