GUÍA: COMO CONSTITUIR UNHA ASOCIACIÓN

O Concello de Silleda, co obxectivo de fomentar o asociacionismo e colaborar coas distintas asociacións e entidades do municipio, vén de elaborar un guión explicativo sobre a creación de asociacións.

Esta guía, no documento adxunto que se acompaña, recolle todos os pasos e trámites necesarios para constituir unha asociación foi realizada dende o departamento de Participación Cidadá. Na guía figuran os requisitos para poder consituir unha asociación, referencias para elaborar os estatutos, cómo rexistrarse … e tamén modelos de documentos como a acta fundacional  ou os propios estatutos.

Tamén se pode decargar información no seguinte enlace:

http://cpapx.xunta.es/introduccion-asociacions