Concello de Silleda

Web oficial de turismo do Concello de Silleda

Tramitacion en Linea

Acceso a la Tramitacion en Linea
Xestión tributaria e catastral

Usuario Login

Rexistrarse

Olvidei a miña contrasinal

Buscador Buscador

Imaxes IMAXES

Asociación empresarios e comerciantes de Silleda
Asociación empresarios e comerciantes de Silleda
Bandeira
Bandeira
Horario autobuses
Horario autobuses
Teléfonos
Teléfonos
Casa do concello
Casa do concello
PXOM
PXOM
Silleda en imaxes
Silleda en imaxes
Carboeiro
Carboeiro
Silleda na prensa
Silleda na prensa
Subvencions
Subvencions
empleo
empleo
deportes
deportes
Predicción metereolóxica
Predicción metereolóxica
Descarga de formularios
Descarga de formularios
Información xuvenil
Información xuvenil
Punto Información Catastral
Punto Información Catastral
De interés
De interés

Mostra todos os contidos desta sección nunha nova páxina facilmente imprimible

Inicio

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina

Silleda presenta dúas alegacións á proposta da Xunta de Galicia para a ampliación da Rede Natura

No proxecto presenta inclusión dos boques de Cascaxide e a contorna da fervenza de Férveda


Silleda, 4 de febreiro de 2012. En vista á Resolución da Consellaría do Medio Rural pola que se acorda someter á participaión do público a proposta de ampliación da Rede Natura 2000, o Concello de Silleda, tras revisar os documentos da mesma decidiu presentar dúas primeiras alegacións e visto que a Xunta de Galicia ampliou o prazo de presentación das mesmas, o goberno local seguirá traballando na análise deste documentación. Asemade, tamén se terá en conta a opinión e consenso dos veciños do municipio para a posible inclusión doutras zonas e interese para este proxecto que na actualidade estén fora desta rede.

Ler mais ...

Ir arriba

Silleda pediu unha axuda para Normazacíon Lingüística cun presuposto de 13.000 euros

Silleda, 4 de febreiro de 2012. O Concello de Silleda ven de solicitar á Xunta de Galicia unha axuda para a Nomalización Lingüística, cuias actividades previstas terían un orzamento total de 13.000 euros. A relación de programas presentados consta de catro vertentes diferentes.

A primeira, leva por nome “O galego ten premio” e está presupostada en 2.000 euros; os eidos de actuación contemplan as tecnoloxías da información e da comunicación é á mocidade. Consite nunha convocatoria de microrrelatos en galego e outra de curtametraxes con teléfono móbil que está dirixida a toda a poboación.

Ler mais ...

Ir arriba

O Concello de Silleda pide 39.894,24 euros para o acondicionamento do parque infantil de A Bandeira

A subvención vai en liña co acordado polo Tenente Alcalde Manuel Cuiña, nuha reunión con Avema

Silleda, 3 de febreiro de 2012. O departamento de Urbanismo do Concello de Silleda ven de solicitar unha subvención de 39.894, 24 euros para a realización das obras para a mellora das deficiencias observadas no parque infantil de A Bandeira, que teñen un orzamento total de de 49.867,80 euros. Esta axuda, está presentada á Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza polo procedemento “Subvencións para infraestructuras de uso público en ámbitos urbanos e rurais polos concellos de Galicia”.

Ler mais ...

Ir arriba

Silleda firma o protocolo de colaboración para a promoción conxunta do “Entroido da Ulla”

Silleda, 3 de febreiro de 2012. O Concello de Silleda firmou hoxe, o protocolo de colaboración para a promoción conxunta do “Entroido da Ulla – Xenerais da Ulla” no que participan outros sete concellos nos que esta celebración tradicional ten tamén moito calado: Boqueixón, A Estrada, Teo, Touro, Santiago, Vedra e Vila de Cruces. Este acto tivo lugar hoxe a mediodía no Pazo de Raxoi.

Tras a sinatura, un grupo de Xenerais da Ulla fixo na Praza do Obradoiro unha representación dun típico “alto” ou “atranque”, elemento central desta festividade, convidando a participar nos múltiples eventos que terán lugar durante o mes de febreiro nun total de vinte e sete lugares e parroquias dos oito concellos.

Ler mais ...

Ir arriba

O programa de entroido de A Bandeira presenta este ano varias novidades

Silleda, 2 de febreiro de 2012. A Asociación Cultural Xenerais do Entroido de A Bandeira veñen de presentar no centro Cultural Vista Alegre o programa para os carnavais deste ano.

As principais novidades que recolle o cartel comezan cun día máis de celebración en relación aos anos anteriores, xa que o vindeiro 16 no centro cultural, Xosé Ramón Mariño Ferro, profesor de Antropoloxía Cultural da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, impartirá unha conferencia que leva por nome “O Entroido ou os praceres da carne”. Neste acto, que comezará ás 20.30 horas, analizará esta festividade a nivel cintífico e a sua función dentro da sociedade en xeral, e dentro da galega en particular.

Ler mais ...

Ir arriba

Silleda tramitou máis de 40 expedientes de legalizacións de edificacións

O Polígono de Chapa figurará no próximo PXOM coa delimitación fixada polos propietarios

Silleda, 2 de febreiro de 2012. O Concello de Silleda, a través do departamento de Urbanismo, tramitou nos últimos meses 40 expedientes de legalización de outras tantas edificacións ao abeiro da disposición transitoria tercerira da Ley do Solo.

Esta disposición permitía aos propietarios de edificacións construídas con anterioridade ao 2003, e que non tiveran licenza municipal ou non se axustaran á mesma, declarala súa popiedade como fóra de ordenación e regularizar así a súa situación urbanística.

Ler mais ...

Ir arriba

A Alcaldesa de Silleda reuniuse con Ecos para a posible instauración de zonas de carga e descarga

Silleda, 1 de febreiro de 2012. A Alcaldesa do Concello de Silleda, Paula Fernández Pena, e o Concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuiña, mantiveron na tarde de onte unha reunión coa asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (Ecos) para presentarlles a proposta para o establecemento de zonas de carga e descarga no casco urbano da vila.

Ante esta posibilidade, os membros de Ecos amosáronse a favor da instauración destas zonas con réxime de estacionamento, polo que só resta unha valoración económica por parte do goberno local para o inicio dos traballos.

Ler mais ...

Ir arriba

A Alcaldesa tivo unha reunión con Cogami polo proxecto de acondicionamento exterior de Medelo

A redacción dun plan de movilidade para persoas con discapacidade foi outro punto tratado

Silleda, 1 de febreiro de 2012. A piques de rematarse as obras do centro de recursos para persoas con discapacidade de Medelo, no que a Confederación Galega de Minusválidos e o Concello de Silleda traballan conxuntamente, a Alcaldesa trasdezá, Paula Fernández Pena, mantivo unha reunión co colectivo en relación ao proxecto de acondicionamento exterior do entorno da devandita edificación.
Con este proxecto búscase completar a intervención sobre o entorno inmediato do centro a fin de habilitar unha zona de aparcamento, unha serie de percorridos adaptados que conectan os diferentes accesos ao centro e xerar toda unha serie de zonas con plantas tapizantes e enredadeiras que resolvan áreas inmediatas a algunhas edificacións xa que, por exemplo, a propia construción deu lugar a espazos con pilares metálicos e tirantes, que é preciso axardiñar de forma que non sexan accesibles, por razóns de seguridade.

Ler mais ...

Ir arriba

A cea-baile de entroido da terceira idade en Silleda, celébrase o día 15 e custa 12 euro

Silleda, 1 de febreiro de 2012. Dende a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Silleda, rexentantada por Dolores García, estase a preparar a xa tradicional cea baile de entroido para a terceira idade.

Terá lugar o día 15 de febreiro ás 20.00 horas no Restaurante “Coteliño” e o menú, que custará 12 euros, incluirá pescada con ensalada de primeiro plato, xarrete e cordeiro con gornición de segundo, postres de entroido, e tamén viño, café e licores. Unha vez que remate a comida, entregaranse os premios aos mellores disfraces e haberá unha actuación musical que alongará a velada ata a 1.00 horas.

Ler mais ...

Ir arriba

Aberta ao público unha exposición sobre o cambio climático na Casa da Xuventude

Silleda, 31 de xaneiro de 2012. Dende hoxe está aberta ao público a exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” na Casa da Xuventude de Silleda, que versa sobre o cambio climático. Esta mostra está promovida pola Consellería de Infraestructuras, Territorio e Medio Ambiente e organizada pola concellería de Medio Ambiente e polo departamento de Xuventude do Concello de Silleda.
Trátase dunha exposición itinerante, integrada no programa Sostendo, que tras parar en algúns outros concellos galegos, chega a Trasdeza pretendendo dar a coñecer o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia, tentando estimular a reflexión e participación activa dos visitantes con propostas e accións positivas tanto no ámbito social como medioambiental.

Ler mais ...

Ir arriba

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina