Inicio
A Concellería de Medio Ambiente organiza un obradoiro sobre cambio climático
-Será o 11 de febreiro na Casa da Xuventude con sesións para nenos e adultos
Silleda, 23 de xaneiro de 2012. A Concellería de Medio Ambiente de Silleda, que dirixe Antonio Couso, organiza en colaboración co departamento municipal de Xuventude, con Margarita Campos ao fronte, un obradoiro para concienciar aos veciños e veciñas sobre cómo minimizar os efectos do cambio climático. Esta actividade, promovida dende a Xunta, terá lugar o vindeiro sábado día 11 de febreiro, de 16.00 a 20.00 horas, na Casa da Xuventude, con dúas sesións diferenciadas: unha infantil e outra para adultos.
Silleda contará cun centro multideportivo e de ocio en O Castro
Silleda, 21 de xaneiro de 2012. O goberno silledense ten previsto iniciar en breve o proceso municipalizador da Casa do Caminero, situada na parroquia de O Castro, e das pistas deportivas que se atopan nas súas inmediacións (dúas de pádel e 1 de tenis). O Concello de Silleda é o titular do edificio, que a día de hoxe está infrautilizado. As pistas deportivas, situadas xunto ao inmoble, que se atopa moi preto do casco urbán de Silleda, foron construidas con cargo ao Plan Anti Crise da Diputación de Pontevedra.
Co ánimo de diversificar a oferta deportiva e de ocio e tamén de poñer en valor as citadas instalacións, a Concellería de Deportes, que dirixe Klaus Brey, formula esta proposta para convertilas nun centro multideportivo e de ocio.
O Coro Vales Mahía da Bandeira debutará o vindeiro sábado día 28 de xaneiro
A cita será no auditorio Dopazo ás 21.00 horas
O proxecto botou a andar en setembro de 2010 por iniciativa da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira, que con esta sección vocal amplía a súas posibilidades, contando xa coa Banda Xuvenil, de Veteranos e a Escola de Música.
Na presentación do que será o debú do coro, a presidenta da agrupación, Blanca Maceira, destacou a “gran acollida e interese que despertou dende o principio esta iniciativa”, que xunta a xente de moi diversas idades. “Logo dun ano de ensaio durante dúas horas todos os venres, comezamos a pensar que deberíamos de presentarnos aos nosos veciños, e así xurdiu a idea do concerto-estrea do vindeiro sábado”, sinala a presidenta.
O Xulgado ordena levar de novo ao pleno o dictame sobre un camiño en Fiestras
Ademais dos temas previstos e xa informados, os servizos técnicos municipais están a traballar para incluir nesta sesión os expedientes relativos a dous camiños.
O primeiro deles refírese a desafección dun camiño público en Siador, xa aprobado polo Pleno no ano 2009, pero que tiña pendente a exposición pública do acordo. O prazo desa exposición rematou o pasado mércores 18 sen que se presentara ningunha alegación ao respecto. O camiño está situado entre dúas fincas do mesmo propietario.
A Mesa contra a Violencia de Xénero sensibilizará á comunidade educativa e á poboación do rural
Ademais de analizar os casos de violencia de xénero registrados no municipio o pasado ano, no encontro da entidade tamén se abordou a proposta do Centro de Información á Muller (CIM) de Silleda en canto as actividades de cara ao presente exercicio.
Así, en materia de prevención e sensibilización, acordouse o desenvolvemento de programas destinados a alumnos/as silledenses a distintos niveis educativos, así como a promoción nos Consellos Escolares e nas Anpas da sensbilización sobre esta grave problemática social.
Outra das novidades pasa pola realización dunha campaña de prevención da violencia machista no ámbito rural, en colaboración co tecido asociativo feminino nas parroquias.
O Concello pedirá a cesión das pezas sobre Carboeiro que se amosan en Expo Deza
-Será aproveitando o desmantelamento da función comarcal
Silleda, 17 de xaneiro de 2012. O responsable municipal de Turismo de Silleda, Matías Rodríguez da Torre, vén de remitir á xerencia da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia unha petición para trasladar ao mosteiro de Carboeiro material que se atopa exposto na sede da Fundación Comarcal (Expo Deza). Esta solicitude xurde pola mudanza que se está a producir co desmantelamento definitivo do Centro de Exposicións e Recursos do Deza, sito xunto ao polígono de Lalín e para procurar que o material quede nun lugar da comarca “onde realmente teña aproveitamento”, dí o concelleiro.
Silleda percibirá 106.643 euros do PEIM correspondentes á aportación do Ministerio
-A inversión será para melloras infraestruturas no rural
Silleda, 14 de xaneiro de 2012. O Concello de Silleda vén de recibir unha comunicación dende a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural informando que ao municipio lle corresponde a cantidade de 106.643,70 euros dentro do Plan Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM). Trátase da achega que faltaba por realizar por realizar por parte do Ministerio do Medio Rural e Marino, cun total de 19 de millóns de euros para toda a Comunidade.
A biblioteca itinerante de Avanza Trasdeza chega á Casa da Xuventude
A iniciativa está baseada en experiencias de book crossing ou intercambio de libros
Silleda, 12 de xaneiro de 2012. A bibilioteca itinerante posta en marcha pola asociación Avanza Trasdeza está presente dende hoxe nas dependencias da Casa da Xuventude de Silleda. A presidenta do colectivo silledense, Pili Peón, entregou hoxe un dos maletíns cos exemplares á concelleira de Mocidade, Margarita Campos. Este proxecto, baixo o nome de Pelegríns de papel, botou a andar a finais do ano 2010 para a promoción e animación á lectura no municipio de Silleda.
O campo do Lamela F.C. reabrirá en días logo da dotación de céspede
Silleda, 7 de xaneiro de 2011. O campo de fútbol de Mularedos, do Lamela F.C., reabrirá as súas nas vindeiras semanas logo dos traballos no terreo de xogo para dotalo de herba natural. As obras comezaron a finais do pasado verán e, por mor dunha serie de contratempos, entre eles as condicións meteorolóxicas, cun outono pouco chuvioso, o acondicionamento do campo retrasouse máis do previsto.
Manuel Cuíña logra aforrar 15.000 € ao mes coa súa xestión na Concellería de Obras e Serviz
Silleda, 7 de xaneiro de 2012. O departamento municipal de Obras e Servizos de Silleda, que dirixe o primeiro tenente de alcaldesa, Manuel Cuíña Fernández, vén de mellorar notablemente a súa xestión respecto da pasada lexislatura cunha notable redución nos gastos.
Así, en termos xerais o aforro logrado con varias actuacións ronda os 15.000 euros ao mes, “unha cantidade máis que significativa, tendo en conta tamén os momentos de dificultade económica que estamos a vivir”, engade o concelleiro delegado. Este aforro vén dado pola aplicación de medidas tales como a eliminación de servizos externos, amortización de postos de traballo ou cancelación de alugueres, entre outras.

![Contido - Tecla de acceso directo [ C ] Contido - Tecla de acceso directo [ C ]](./img/layout.gif)
![Subseccións - Tecla de acceso directo [ S ] Subseccións - Tecla de acceso directo [ S ]](./img/chart_organisation.gif)
![buscar - Tecla de acceso directo [ B ] buscar - Tecla de acceso directo [ B ]](./img/zoom.gif)
![Identificarse no portal - Tecla de acceso directo [ L ] Identificarse no portal - Tecla de acceso directo [ L ]](./img/user.gif)
Resumo

SUBSECCIÓNS
Sen subseccións - Ir á sección superior O Concello
Mapa Web




Login
Buscador
IMAXES